• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Rugby

O CRAT, máis preto das semifinais da Liga Iberdrola de rugby, pese a perder 20-19 en Pozuelo

As galegas suman un punto de bonus defensivo sumado diante un rival directo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/01/2023
en Rugby
CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ

CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ

66
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Ao CRAT Residencia Rialta faltoulle tempo para consumar a remontada. Tras dominar o partido nos minutos iniciais, viu como o CR Olímpico Pozuelo dáballe a volta e chegaba á parte final con oito puntos de renda.

As galegas conseguiron anotar e poñerse a un, pero tarde, na última xogada. O escaso botín que traen para A Coruña é un punto de bonus defensivo sumado diante un rival directo. Aínda así, tras este partido, as semifinais están a catro puntos, máis preto que hai unha semana. Queda moito por decidir nas catro últimas xornadas da liga Iberdrola de rugby.

Ceci desprazouse desde Alemaña para xogar o partido

O CRAT Residencia Rialta presentou un XV inédito en Pozuelo. No seu segundo partido esta campaña, Mariana xogaba de á desde o inicio xunto con Jess. A parella de flankers formábana Judith e Valle, actuando Anna Caplice esta vez de número oito. Repetía Anita de medio apertura e en primeira liña formaban de saída Miriam, Ali e Maica. Ceci, recentemente chegada de Alemaña só para xogar este duelo, tamén estaba na aliñación de partida.

O comezo foi prometedor. Primeiro Ceci e despois Mariana déronlle unha vantaxe de 3-12 ao CRAT Residencia Rialta.

As madrileñas, nos primeiros compases do encontro, víronse superadas por un CRAT Residencia Rialta moi ambicioso. A xogada do ensaio de Mariana Romero premiou o seu decoro e a súa experiencia para lograr pousar tras loitar o balón co pé e impoñerse en carreira.

O CR Olímpico de Pozuelo foi, aos poucos, meténdose no partido. As locais fiaban as súas opcións principalmente á patada de Ana Sánchez, aínda que non sempre lles saíu ben. O CRAT Residencia Rialta vía como o empuxe do Olímpico ía igualando o xogo e no minuto 34 chegou finalmente o ensaio das pozueleras con premio extra. Só dous puntos de vantaxe para as galegas ao descanso.

A segunda parte empezou co CR Olímpico Pozuelo apertando máis. Só erros en adiantados e retencións freaban ás madrileñas. O CRAT Residencia Rialta recompoñíase e tamén daba a réplica. Era un partido aberto. As olímpicas, de novo a paus, poñían o 13-12 no marcador. Consumaran a remontada.

CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ
CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ

Cunha patada para seguir e moita fortuna en que o balón non saíse por liña de fondo, o Olímpico pousaba por medio de Crossley de novo e ampliaba a diferenza. Do 3-12 dos minutos inciales a un 20-12 a falta dun cuarto de hora para o final.

Había marxe para reverter a situación pero a ambos os conxuntos custáballes chegar á liña de 22. O CRAT Residencia Rialta  conseguiu anotar tarde, no último minuto, cun ensaio de Maria Morant e transformación de Anita. Non había tempo para máis. As galegas quedaron a un punto do CR Olímpico Pozuelo.

Trátase dun duro revés tal e como comezou o partido e despois da derrota de Sant Cugat diante do Eibar que poñía as semifinais ao alcance das coruñesas do CRAT.

O seguinte compromiso das  herculinas será como conxunto local no campo de Elviña contra do Complutense Cisneros, xa en marzo. Sant Cugat segue no cuarto posto, o desexado polo Eibar, Olímpico e tamén polo CRAT Residencia Rialta. Con todo, a lectura positiva é que só hai catro puntos de diferenza entre as coruñesas e as catalás grazas ao momento por bonus defensivo logrado nesta xornada.

FICHA TÉCNICA

20) OLÍMPICO POZUELO: María del Castillo (min. 17 entra Ana Gómez de Olea), Beatriz Sanjurjo (min. 52 entra Hannah Persson), Sidorella Bracic; Miriam Vega (min. 65 entra Amanda Prado), Marta Arriola; Lía Piñeiro, Isabel Ruiz (min. 62 entra Ana Cabo), Cristina García (min. 72 entra Paloma Cabezas); Andrea García (min. 57 entra Blanca Barriuso), Magali Harvey; Laura Arnaiz (min. 42 entra Chiara Pisu), Silvia Morales, Caroline Crossley, Ana Sánchez e Inés Spinola.

19) CRAT RESIDENCIA RIALTA: Miriam (min. 25 entra Nicky), Ali, Maica; Kyra, Pimi (min. 72 entra Rumi); Judith, Valle (min. 44 entra Maria Morant), Anna Caplice; Alba Lalín, Anita; Jess (min. 45 entra Maitane), Quen, Ceci, Mariana (min. 51 entra Leire Gorrotxategi) e mais Elsa.

ANOTACIÓNS:

  • 0-7 min. 4: ensaio de Ceci e transformación de Anita.
  • 3-7 min. 14: golpe de castigo transformado por Ana Sánchez.
  • 3-12 min. 17: ensaio de Mariana.
  • 10-12 min. 34: ensaio de Caroline Crossley e transformación de Ana Sánchez.
  • 13-12 min. 52: golpe de castigo transformado por Ana Sánchez.
  • 20-12 min. 64: ensaio de Caroline Crossley e transformación de Ana Sánchez.
  • 20-19 min. 80: ensaio de Maria Morant e transformación de Anita.

EQUIPO ARBITRAL: Félix Villegas.

INCIDENCIAS: Partido disputado no Estadio do Valle de las Cañas, en Pozuelo de Alarcón (Madrid), correspondente á décima xornada da liga Iberdrola de rugby.

Etiquetas C.R. Olímpico de PozueloCRAT Residencia Rialtarugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / CRAT CORUÑA

O CRAT pasa á final da Copa RFER logo de vencer con rotundidade (72-0) ao Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
15/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta disputará a final da Copa RFER tras derrotar con contundencia a Ghenova Cocos Rugby (72-0)...

CRAT Residencia Rialta vs Coterva Cocos / DIEGO DOLAN

O CRAT Residencia Rialta disputará as semifinais da Copa RFER contra o Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
13/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta da A Coruña recibe en no Estadio de Elviña o domingo 14 de abril a partir...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.