O coruñés CRAT Residencia Rialta conta con dúas novas xogadoras entre as súas filas para a Liga Iberdrola de rugby. Trátase de Paz Marín, que chega da Asociación Llanerense de Rugby (All Rugby), e de Miriam Roig, procedente do CAU Rugby Valencia.
O equipo dirixido por Helen Roca segue formando un conxunto onde se prioriza a incorporación de xogadoras xoves e cunha gran proxección, para que poidan crecer e seguir desenrolando o seu xogo dentro do propio CRAT.
Así, incorpórase ao club Paz Marín, centro, que ven de ser un referente dentro e fóra do campo de xogo no seu anterior equipo, o All Rugby. Ademais de exercer como xogadora, Marín tamén adestrou durante un tempo ás categorías inferiores. O seu bo facer no verde levouna a ser convocada por Vanesa Rial a finais do 2019 para a concentración navideña das Leonas S18 da Federación Española de Rugby.
Tamén xogará para as herculinas Miriam Roig, que se desenvolve tanto na primeira liña como na posición de 8. Entre os seus éxitos se atopa o campionato de liga rexional obtido co seu anterior equipo, o CAU. Ademais, tamén ten no seu palmarés todos os títulos de nivel S18 da selección da súa comunidade autónoma e foi gañadora en tres ocasións do campionato de España de Rugby XV e unha vez da modalidade Seven.
Tanto Marín como Roig cursarán os seus estudos na cidade de A Coruña, polo que o CRAT conta con elas para moitas tempadas.
👏Ayer presentamos a 2 incorporaciónes a nuestra #FamiliaCRAT en #MacronStoreCoruña
👉🏻Paz Marín, procedente de @allrugbyllanera
👉🏻 Miriam Roig, procedente del @CaurugbyVLC
🏉 Ya están preparando la @DHIberdrola con el resto del equipo
🗞 https://t.co/aoR09lUGh4 pic.twitter.com/TGx88yLRpT
— C.R.A.T. A Coruña 😷 (@CRAT1976) November 17, 2020