• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Rugby

O CRAT aspira a subir varios postos na táboa clasificatoria se vence ao Sanse

As coruñesas reciben as terceiras clasificadas o sábado ás 14:30 horas en Elviña e non poderán contar con Kate Matau nin con Alba Ruibal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
14/02/2020
en Máis Deporte, Rugby
Imaxe do CRAT - L`Hospitalet extraída da trasmisión de Galician Sports

Imaxe do CRAT - L`Hospitalet extraída da trasmisión de Galician Sports

0
COMPARTIDOS
34
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Quedan tres xornadas para o final de liga regular na Liga Iberdrola de Rugby feminino. O ser ou non ser de moitos equipos pódese decidir nos cruces finais. É o caso do CRAT Residencia Rialta que non só ten un partido importantísimo contra un rival directo, se non que o resto de cruces poderían beneficiarlle e dar como resultado que as galegas subisen varios postos na táboa clasificatoria esta xornada. A cita é o sábado 15 ás 14:30 horas en Elviña (A Coruña), o partido será arbitrado por Andrés Rodríguez.

O conxunto coruñés mídese ao terceiro, Sanse Scrum, que é o equipo revelación da tempada. Na primeira volta, o CRAT foi quen de imporse ás madrileñas no seu campo por un tanteo de 19-27. “Alí gañamos cando ían de líderes”, lembra Jos Portos, adestrador das herculinas. “Se lles considera equipo revelación debido a que o ano pasado xogaron o play off pero fan un rugby moi agresivo. Xogan moi ben. Aí están os resultados”.

Agora, o Sanse Scrum aterra coma visitante a Elviña logo de dúas xornadas perdendo. É un arma de dobre fío. Poderían vir a Galicia baixas de moral, ou ben rabeando por acadar un triunfo sanador. Na cabeza de Jos Portos a opción que ten máis posibilidades de darse é a segunda. “Coñecendo quen as leva, e o espíritu do equipo, opto pola segunda opción. Virán aquí co cóitelo entre dos dentes e a por todas”.

Jos Portos, adestrador do CRAT: “Coñecendo quen as leva, e o espíritu do equipo, o Sanse virán aquí co cóitelo entre dos dentes e a por todas”

Desde o corpo técnico do CRAT Residencia Rialta, Jos Portos apunta que este cruce será para o Sanse Scrum “un mach ball, xa que se meterían case seguro no play off. E teñen dúas derrotas seguidas debido a que tiñan falta de xente. As baixas pasáronlles factura. Teñen xente convocada coa selección nacional de Seven. Esto lles está a pasar factura en forma de baixas tanto en número como en calidade, son internacionais. Pero á Coruña veñen con todo”, advirte Portos.

No reforzos cos que contou o Sanse Scrum este inverno foi a incorporación de Ángela Pan, ex INEF de Barcelona que este ano está a vivir en Madrid e que decidiu incorporarse ao Sanse.

Sen Kate e sen Alba

Dúas son ausencias coas que terá que lidiar o CRAT para este encontro. Por unha banda se alonga máis do esperado a baixa da medio melé Alba Ruibal. O que parecía rotura de fibras que non iría máis aló das tres semanas segue a impedirlle á xogadora participar e no corpo técnico do club coruñés teñen claro que “non se pode forzar”.

Jos Portos, adestrador do CRAT: “”Non haberá suspensión cautelar da sanción a Kate”

A esta baixa por lesión súmaselle a importantítisma a baixa de Kate Matau por sanción. “Fixemos alegacións, pero para este partido non estará dado que non haberá suspensión cautelar como pedimos”. Pendentes da resolución das alegacións por parte do Comité de Competición, o CRAT podería perder a esta xogadora polo que resta de tempada dado que está sancionada por sete encontros.

Cun ollo posto no partido de Complutense e Cocos

O cruce entre CR Complutense Cisneros, cuartas clasificadas, e o Corteva Cocos Rugby, líderes, pode facer que se gañan as coruñesas, logren meterse no ansiado Top4. Con todo, o adestrador Jos Porto ten claro que hai que ir paso a paso. “Nós, ao noso. Pero botando as contas, se gañamos, e perde, Complutense podemos acabar a xornada de terceiras e dar un paso de xigantes. Pero iso son castelos no aire”, advirte.

Pensando en seguir subindo na clasificación pero sempre que se gañe ao Sanse

A partir desta xornada, sobre o papel, o calendario beneficiaría ás coruñesas. Terán que enfrontarse a CR Olímpico de Pozuelo na súa casa, e recibir ao Crealia El Salvador en Elviña. “En teoría temos os partidos máis asequibles e enfrontamentos directos dos de arriba. Na miña cabeza está alcanzar a segunda praza se o gañamos todo”, confesa Jos Porto.

Jos Portos, adestrador do CRAT: “En teoría temos os partidos máis asequibles e enfrontamentos dos de arriba. Na miña cabeza está alcanzar a segunda praza se o gañamos todo”

De cara aos seguintes partidos, o técnico galego admite que lle da certo “medo o Pozuelo por que é un campo de xogo que tradicionalmente non se nos dá ben. É moi árido, é de herba artificial… sempre nos custa un pouco máis entrar no partido. Pero iso é para a semana que ven, agora estamos centrados en este que é a cara ou cruz”.

PARA SEGUIR EN STREAMING O PARTIDO ENTRE CRAT E SANSE PODES IR A ESTA LIGAZÓN

Etiquetas A CoruñaCRATCRAT Residencia Rialtarugby
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Partido entre o GE i EG e o Pontevedra RC / PONTEVEDRA RUGBY CLUB IG

Parte do Pontevedra Rugby Club deberá permanecer illado

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  Unha vez máis, o COVID-19 castiga ao deporte galego. Desta vez, tocóulle a parte do plantel do Pontevedra Rugby...

As Brigantias Roller Derby / AS BRIGANTIAS TW

Coñeces os beneficios do Roller Derby?

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  A patinaxe artística e o hoquei son quizais os deportes máis coñecidos sobre patíns, pero desde logo non son...

Xogadoras do Autos Cancela Zalaeta / CV ZALAETA IG

O Zalaeta volve á competición da SF2

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  Algo máis dun mes ten que esperar a afección do Autos Cancela Zalaeta para volver a ver ás xogadoras na...

C21 / CONCELLO DA CORUÑA

Aprázase a celebración da XIII edición da media maratón Coruña21

por Redacción As Nosas
20/01/2021
0

  A Concellería de Deportes do Concello da Coruña apraza a media maratón Coruña21, que estaba programada para o 14...

Paula Medín "Alevín", xogadora do CRAT será unha das madriñas do proxecto "Yo seré Leona" / CRAT

‘Alevín’ e Elsa Porto, candidatas á 7 ideal da Ferugby

por Redacción As Nosas
20/01/2021
0

  Durante a segunda quincena deste mes de xaneiro, a Federación Española de Rugby (Ferugby) está a elixir o XV...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

21/01/2021
Cidade de As Burgas

O Cidade de As Burgas será o único galego que dispute a undécima xornada

21/01/2021
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Un positivo no Ourense Envialia obriga a confinar a todo o equipo

21/01/2021
Celta vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Cortegada e Celta cítanse en Vilagarcía

21/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.