• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O CR Cabo da Cruz bota contas para levar o título ao peto na Coruña

As remeiras de Boiro venceron en Aguiño e válelles un quinto posto na vindeira regata que terá lugar na cidade herculina |  CR Chapela – Wofco tamén ten opcións cara ao campionato nesta LGT

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/08/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A traiñeira do CR Cabo da Cruz vence na III Bandeira Feminina Concello de Ribeira / LGT

A traiñeira do CR Cabo da Cruz vence na III Bandeira Feminina Concello de Ribeira / LGT

172
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O porto de Aguiño acolleu este domingo a penúltima xornada da Liga Galega de Traiñeiras Feminina do Trofeo Xunta de Galicia. Alí as remeiras da traiñéira do CR Cabo da Cruz venceron. Este triunfo supón que cun quinto posto na próxima regata a disputarse na Coruña, xa se proclamarían campioas. Así, a embarcación feminina do  CR Cabo da Cruz achegouse aínda máis ao título gañando en Ribeira.

⏱🏳🚣🏼TEMPOS e CLASIFICACIÓN da III BANDEIRA FEMININA CONCELLO DE RIBEIRA
Parabéns @crcabodacruz #LigaF#LGT22#trofeoxuntadegalicia22#NON@Xunta @camino_xacobeo @deporte_galego @sputniksports @TGM_toldosgomez @FrescoCongelado #BeEnergy
💻📸 @difusion_sport pic.twitter.com/omlS7MO2eE

— LigaLGT (@Ligalgt) August 21, 2022

Nun formato tradicional, a tres quendas, sen ser lanzadas, e con tres traiñeiras por manga, as primeiras en saír a competir pola III Bandeira Feminina Concello de Ribeira foron Puebla, Ribeira e  Salgado – Perillo. O equipo anfitrión, empurrado polo seu público, mostrou unha imaxe totalmente diferente á do día anterior, liderando con claridade a súa quenda, superando a Puebla e  Salgado – Perillo. Dúas traiñeiras que nesta regata tiveron unha batalla moi igualada. Comezaron segundas as de Oleiros a 4 segundos de Puebla. Unha diferenza que as da Carmela foron recortando segundo a segundo ata poñerse por diante na última virada e consumando a remontada no último longo.

E se a vitoria de Ribeira foi clara, a de  Tirán – Pereira na seguinte quenda o foi aínda máis. Sen dar opcións a Castropol e Rianxo, a traiñeira de Moaña superou por máis dun minuto as súas rivais. Segunda foi Castropol, que a diferenza do acontecido habitualmente, as asturianas superaron a Rianxo. Ademais, fixeron cun tempo mellor que o de Ribeira, resultado clave na loita que teñen ambas traiñeiras pola sexta posición posición da LGT , agora a favor das da Ría del Eo por dous puntos.

CR Cabo da Cruz ten o título moi preto

Na quenda de honra, a líder deu un paso máis para facerse co título. Liderando dende o principio ata o final,  CR Cabo da Cruz xa fai contas: 4 puntos para gañar a liga. Unha liga que aínda ten posibilidades de gañar  CR Chapela – Wofco. O reto é complicado, pero as de Arealonga non perden a fe.

Na regata de Ribeira volveron quedar segundas, freando calquera intento de remonta e de repetir a xesta do día interior de Mugardos – A Cabana Ferrol, que quedou terceira da serie e finalmente tamén da bandeira logo dunha batalla moi interesante cos tempos de Tirán – Pereira. Xa que en cada virada alternaban a terceira posición cada unha das dúas traiñeiras, de feito a maior diferenza foi a favor das de Moaña na última virada, 6 segundos por diante, pero no último longo Mugardos – A Cabana Ferrol conseguiu superar ese tempo e afianzarse na terceira posición por menos de 1”.

Samertolameu-Oversea dálle unha volta á liga masculina desbancando a Bueu-Teccarsa

A Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de Galicia completou este domingo a súa penúltima fin de semana de competición con dúas regatas e nunha delas saltou a sorpresa de xeito maiúsculo. Bueu-Teccarsa chegaba a Cesantes á fronte da xeral da Liga A con 5 puntos de vantaxe, pero perdeu o liderado, agora nas mans de Samertolameu-Oversea.

O acontecido na XXXVI Bandeira Concello de Redondela entraba en moi poucos prognósticos. Bueu-Teccarsa, que nas doce regatas anteriores non baixara do terceiro posto, finalizou sétima. Entre as traiñeiras que superaron ao conxunto que viña de gañar a véspera en Mugardos estivo Cesantes-Rodavigo, o conxunto máis rápido da primeira quenda.

Os locais xogábanse con Puebla, á que avantaxaban en 3 puntos, eludir o play-off de permanencia e dende o primeiro dos seis longos dominaron con total autoridade a súa serie. Cesantes-Rodavigo superou por 39” á Carmela, terceira na quenda por detrás de Narón. Cuarta concluíu Mugardos, a outra traiñeiras que pugnará por manter a categoría a vindeira fin de semana na Coruña.

A quenda intermedia ofreceu unha dobre pugna. Rianxo e Mecos botaron un pulso pola primeira posición, coa Mequiña sempre perseguindo, pero sen deixar que se escapara a Virxe da Guadalupe. Os do Barbanza gañaron o cara a cara por 5” de diferenza e ambas melloraron o tempo de Cesantes. Simultaneamente, a filial de CR Cabo da Cruz e Mera comezaron o último longo igualadas e o equipo de Boiro terminou decantando a balanza ao seu favor por menos de 1”.

O vento non deixaba de ir a máis e ese factor fixo saltar a banca na quenda de honra. Malia levar a iniciativa en todo momento, Samertolameu-Oversea continuaba a metade da regata sen poder cos parciais de Rianxo e sendo só 1” mellor que Mecos. A 9” da Terca realizou a terceira virada Bueu-Teccarsa, por detrás das referencias de Cesantes, de Mera e empatada na sexta posición coa embarcación do CR Cabo da Cruz. Tirán-Pereira ocupaba a oitava praza e Chapela-Wofco, que cometeu un erro nesa ciaboga, víase relegada ao último posto.

Con un panorama nunca visto esta campaña, o maremoto na xeral da Liga A confirmouse na segunda parte da regata. Mellor que Rianxo na cuarta virada, pero peor na quinta, Samertolameu-Oversea non desaproveitou a oportunidade no último longo. Asinou o mellor tempo, batendo por 5” o da Virxe da Guadalupe, e o seu soño de vestirse de líder foise facendo realidade co paso dos segundos.

Bueu-Teccarsa non conseguiu recuperar ningunha posición e fixo sétima, un resultado que provocou o inesperado sorpasso no máis alto da xeral. Tras vestir  a camisola amarela dende o arranque da liga, A Mariñeira chegará á última xornada un punto por debaixo da Terca, aínda que dependendo de si mesma. A que quede por diante o sábado na Coruña farase co título.

CR Cabo da Cruz gaña a IV Bandeira Feminina Reganosa en Mugardos tras remontar ante Chapela – Wofco

Etiquetas Bandeira Concello de RiveiraCR Cabo da CruzCR Chapela - WofcoremoSalgado-PerilloTirán-PereiraTRAIÑEIRAS
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.