• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Covi Regueiro: “Hai que ir partido a partido intentando sumar o maior número de puntos posibles”

O PM Friol comezou con mal pé a segunda fase competitiva, pero aínda ten a un paso de distancia a salvación

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
09/04/2021
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

198
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non está sendo un inicio de segunda fase sencillo para o PM Friol, que coordina Covi Regueiro. Despois dunha primeira parte da tempada algo accidentada, as galegas chegan á cuarta xornada da fase de permanencia con só un partido disputado e dous adiados.

Un gromo de COVID-19 no Friol impediu que as lucenses xogaran a segunda e terceira xornada. Agora retoman a segunda fase pola permanencia, na que compiten no grupo Norte D, e son sextas, en posición de descenso e a dous puntos da salvación.

Por iso, a ex futbolista e actual coordinadora do club, Covi Regueiro, asegura que a clave no que resta de curso estará en ir “partido a partido, intentando sumar o maior número de puntos posibles e ao final a tempada ponte onde tes que estar”.

Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA
Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

O Friol foi de menos a máis nesta tempada

Non foi a mellor tempada para o PM Friol. Nos primeiros catro meses só sumaron cinco puntos, ata que chegou o parón de Nadal. Neste tempo, o conxunto lucense perdeu partidos “adquiribles por rivais e plantel”, polo que Regueiro asegura que á larga, “botas de menos eses puntos”.

A segunda parte da liga regular sorriu máis ás galegas, que atoparon o seu xogo e comezaron a competir mellor. “O equipo asentouse moito mellor na categoría na segunda parte”, admite a ex xogadora, que apunta admais que, se ben “houbo resultados que se os miras desde fora si son abultados, se analizas o partido somos un equipo moi irregular”.

En poucas palabras, o Friol é capaz do mellor e do peor. Ao longo deste curso as súas futbolistas foron quen de dominar a conxuntos superiores que agora xogan na fase de ascenso, “pero tamén cometemos erros que non son propios da categoría”.

Ali Carranza, no seu debut co Peluquería Mixta Friol / ÁLEX VÁZQUEZ
O Peluquería Mixta Friol / ÁLEX VÁZQUEZ

Estes fallos explícanse, segundo Regueiro, pola “falta de concentración, experiencia, pódeselle chamar de moitas maneiras e é o que ao final lastra que non sumes os puntos”. Como ben recorda, “na clasificación o que importa é sumar e non o xogo bonito”.

Covi Regueiro: “Na clasificación o que importa é sumar e non o xogo bonito”

Agora, o Friol está plenamente metido na segunda fase, loitando pola permanencia, e nunha posición complicada. “Cada partido é un mundo, cada partido é unha final”, asegura a ex futbolista, ao mesmo tempo que advirte que non podes prevér o que farán os rivais: “logo o outro gaña contra alguén co que non pensabas que fora sumar e xa te descoloca todo”.

Os filiais e os clubs vascos e cataláns, os máximos rivais na Reto Iberdrola

Ademais, tal e como apunta Regueiro, nesta categoría hai conxuntos que poden despistar. A meirande parte deles son os filiais, xa que “ao final son unha incógnita xornada a xornada, porque son capaces do mellor e do peor”.

Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA
Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

Tal e como subliña, estes conxuntos sempre que queiran poden contar con xogadoras acostumadas á disciplina dos primeiros equipos, militantes na Liga Iberdrola. Pola outra banda, estes mesmos equipos poden coller xogadoras dos B para os seus planteis, quedando con menos xogadoras dispoñibles. Outro factor que sinala é o agrupamento de partidos, xa que “cando se acumulan partidos de Liga Iberdrola, Copa ou lesións, pois veñen co equipo mermado”.

En liñas xerais, Regueiro recorda que este tipo de equipos sempre permanece na categoría de prata, porque lle interesa aos seus clubs tanto para o filial como para o primeiro equipo.

Por outra banda, a coordinadora do Friol tamén recoñece a labor dos clubs vascos ou cataláns, cunha cultura de base moi potente. Pola contra, “os equipos da zona de aquí, de Castela e León, Asturias ou Galicia, cústanos moito máis porque non temos tanto de onde sacar e temos que fichar de fóra”. Nos clubs cunha base potente, é máis doado manter unha columna vertebral do equipo e logo construir sobre ela.

Covi Regueiro: “O fútbol feminino está mellorando moito, no sentido de que temos vídeos dos rivais, informes, etc, e ao final coñecémonos todos”

Ademais, outro pequeno hándicap é o feito de que o formato da competición enfronta a equipos que non se viran as caras na primeira fase. Porén, “o fútbol feminino está mellorando moito, no sentido de que temos vídeos dos rivais, informes, etc, e ao final coñecémonos todos”.

A salvación a dous puntos nunha liga “adulterada”

Con todo, a irregularidade desta Liga favorécelle polo de agora ao Friol, que malia só ter xogada unha xornada da segunda fase, está a dous puntos da salvación.

Pero isto non é motivo suficiente de tranquilidade no club lucense, xa que Regueiro apunta que “do que nos queixamos é de que é unha Liga adulterada”.

Covi Regueiro: “Do que nos queixamos é de que é unha Liga adulterada”

Tal e como subliña a coordinadora, o feito de manter os puntos da primeira fase, aínda que ao final da tempada todos xoguen o mesmo número de partidos, fai que os conxuntos cheguen en desigualdade.

“Hai equipos que están loitando na fase de ascenso e non teñen ningún obxectivo xa. E nos que están na fase de descenso, algúns veñen desde febreiro salvados”, denuncia. Esta é unha situación que pon a equipos que se xogan “a vida” como o Friol nunha situación complicada. “Cando non te xogas nada, repartes minutos, pensas na seguinte tempada, non arriscas tanto se tes algunha xogadora tocada. E cando te xogas todo ao final é complicado”, engade.

PM Friol contra o Atlético de Madrid B
PM Friol contra o Atlético de Madrid B | P.LION

Sen datas confirmadas para a recuperación de partidos adiados

Con todo por decidir, o que está case asegurado son as datas das recuperacións dos partidos adiados. O Friol ten pendente xogar co Zaragoza e co Seagull, pero as novas datas terán que ser aprobadas polo Comité de Competición.

Un destes duelos terá que ser entre semana, para o que pediron o día 21 de abril, mentres que o outro irá nunha xornada libre. Pero o que prima na Reto Iberdrola é a colaboración entre clubs: “temos que intentar axudarnos todos e niso hai que agradecer que todos os equipos, tanto nós como eles, demos facilidades cando hai casos de COVID, porque todas temos xogadoras que traballan ou compatibilizan cos estudos”.

Covi Regueiro recorda que non é doado compatibilizar as viaxes por toda España coas vidas profesionais das xogadoras, polo que “intentamos axudar ás rivais como nos axudan a nós e poñer un horario favorable para todos”.

Porén, non haberá que agardar ata a recuperación destes partidos para ver ao Friol sobre o campo, xa que as lucenses regresan este domingo 11 ás 19:30 horas, visitando ao UD Collerense.

Etiquetas Covi RegueiroFriolfútbolLiga Reto IberdrolaPM Friol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.