• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Covi Regueiro: “Foi o ano máis difícil para o Friol”

Despois dunha dura tempada e un descenso de categoría, o club afronta unha restruturación para voltar á división de prata, a Reto Iberdrola

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
21/07/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
Covi Regueiro, do PM FRIOL / CEDIDA

Covi Regueiro, do PM FRIOL / CEDIDA

934
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
  • “A valoración non é positiva porque os obxectivos non se cumpriron”

  • “Só ofrecimos a renovación a dúas xogadoras, as que considerabamos que si que podían aportar”

A nova estrutura na competición e unha tempada marcada pola COVID, foron algunhas das claves que explican o descenso do PM Friol. As lucenses, únicas representantes de Galicia na Reto Iberdrola no curso 2020/2021, non lograron sobrepoñerse aos hándicaps e para a próxima tempada preparan unha restruturación do equipo.

“Este ano foi o ano máis difícil, estivemos saturados ata arriba”, confesa Covi Regueiro, coordinadora, adestradora e xogadora do club lucense. A un par de semanas do inicio da pretempada, falamos coa polivalente técnica do Friol.

– As Nosas: Que valoración xeral fas desta tempada? Que fallou no Friol?

Covi Regueiro: A valoración non é positiva porque os obxectivos non se cumpriron. Estaba claro que o tiñamos moi difícil, desde o principio da tempada saiu todo torcido. Desde o momento no que se dividiu a competición en subgrupos polo tema da COVID, e en dúas fases, sabíamos que era complicado. Hai unha serie de equipos que son filiales, e por estrutura xa sabes que non optan aos postos de descenso.

Na primeira fase sumamos poucos puntos e na segunda xogamos contra equipos de Cataluña, Aragón e País Vasco e moitos xa viñeron practicamente salvados. Ademais a COVID colleunos nada máis comezar a segunda fase, e estivemos 12 dias sen adestrar, adiando partidos. Á seguinte semana adestramos e logo volvemos xogar sen adestrar polos partidos aprazados.

PM Friol / CEDIDA
PM Friol / CEDIDA

– As Nosas: Que incidencia tivo a COVID-19 no descenso?

Covi Regueiro: A distribución da competición influiu. Ao final se xogas unha liga regular de todos contra todos, o tema de cando collas a COVID ou os puntos da primeira volta non condicionan tanto na segunda. Cando é unha competición por fases, na que sumas os puntos da primeira á segunda, si que vas condicionado. Todos os equipos tivemos algun contaxio, pero non é o mesmo collelo ao principio ou en nadal, que logo tes un parón, que collelo na segunda fase, cando te xogas o descenso.

Covi Regueiro: “Non todos competimos nas mesmas condicións”

Respecto ao público, a verdade é que se bota de menos. Sobre todo é iso, que non todos competimos nas mesmas condicións, porque cada comunidade tiña restricións diferentes.

– As Nosas: Pódese sacar algún aspecto positivo desta tempada?

Covi Regueiro: Este ano para nós foi o ano máis difícil no Friol, estivemos saturados ata arriba. Como aspecto positivo foron as xogadoras, do filial que tiveron a oportunidade de debutar en Reto Iberdrola. Demostraron o nivel e que estaban preparadas para a categoría e deron realmente a cara e competiron perfectamente.

O PM Friol / PM FRIOL
O PM Friol / PM FRIOL

É un ano para aprender moitas cousas. Quédaste coas oportunidades das xogadoras do filial e os apoios que tiveches. Nos momentos complicados houbo xente que seguiu apoiando, patrocinadores que levan moitos anos con nós e é incrible que nun ano de pandemia, seguiran aportando o seu granito de area. Iso demostra o seu compromiso con nós.

Covi Regueiro: “Quédaste coas oportunidades das xogadoras do filial e os apoios que tiveches”

– As Nosas: Sacar adiante a un equipo de Friol é un esforzo monumental, como vos afecta como club o descenso?

Covi Regueiro: Ao final estamos na categoría na que estivemos un montón de anos, Primera Nacional. Reto a desfrutamos dous anos e esperamos volver, pero é unha categoría na que é moi complicado competir e esixe o máximo. Se te fixas nos equipos compiten en Reto a maioría pertencen a masculinos con estruturas impresionantes. É moi dfícil competir e nun ano de pandemia e na que tes dificultades, nótase esa desigualdade, porque eles teñen máis fácil manter o orzamento ou optan a fichaxes que ti non podes porque non sabes con que ingresos vas contar. Elas teñen un colchón ou un respaldo e ti non o tes.

PM Friol / CEDIDA
PM Friol / CEDIDA

-As Nosas: Que pasará co filial?

Covi Regueiro: O filial xa tiña unha serie de xogadoras con bastante proxección que adestraban co primeiro equipo e tiveron a oportunidade de debutar. Agora tomamos un tempo de descanso, para restructurar todo e a idea é volver a traballar, coa humildade de sempre, e facendo un equipo para competir e intentar volver a esa categoría. Se pode ser o ano que vén mellor, e se non, sen problema. Seguiremos desfrutando sempre e facendo un proxecto bonito. A  idea é desfrutar e competir e que sexa unha liga normal, sen paróns e dificultades e que podamos competir de inicio a final nas condicións óptimas.

Covi Regueiro: “A idea é volver a traballar coa humildade de sempre e facendo un equipo para competir”

– As Nosas: Como estades a preparar a seguinte campaña en Primera Nacional?

Covi Regueiro: A idea do Friol é ascender, pero son obxectivos que marcas agora, pero logo hai que ver como vai a competición e como van as xogadoras. Nomes non imos dicir, porque aínda non presentamos ás xogadoras, pero temos fichaxes pechados. O obxectivo é meterse nesas prazas e volver á categoría que perdemos.

PM Friol - CD Parquesol / ÁLEX VÁZQUEZ
PM Friol – CD Parquesol / ÁLEX VÁZQUEZ

– As Nosas: Cando comezaredes a pretempada?

Covi Regueiro: A primeria semana de agosto, aínda que a competición comeza o 4-5 de setembro. Temos moitas xogadoras de fóra, que están lonxe da familia, e a idea é que desfruten destes meses, dentro da normalidade. Que recarguen pilas e cando volvan o 1 ou 2 de agosto iniciar xa a pretempada.

Covi Regueiro: “Para nós agosto é un mes de adaptación e de integración das xogadoras”

Teremos tamén algún amigable, que o ano pasado non houbo. Para nós agosto é un mes de adaptación e de integración das xogadoras, de ver como está o grupo e a partir de aí si que xa iremos marcando obxectivos.

– As Nosas: Haberá moitas caras novas no plantel?

Covi Regueiro: Só ofrecimos a renovación a dúas xogadoras, as que considerabamos que si que podían aportar. O ano pasado o plantel non rendiu ao nivel que agardábamos. A idea é manter ás do filial e renovar plantel e vir con xente que teña outras ideas, outras ganas e obxectivos e teñan ganas de medrar e darse a coñecer. Que encaixen no proxecto do Friol.

Etiquetas Atletismo FriolCovi RegueiroFriolfútbolPM Friol
Comparte4Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA deixa escapar tres puntos nun encontro no que mereceu máis

por Martín Pais
26/04/2025
0

Comezaron dominando, e así continuarían os seguintes 45 minutos. O Dépor ABANCA saiu a desputarlle o balón a un Granada...

Elena Vázquez, subcampioa do Mundo de fútbol Sub-17 con España / RFGF

A futbolista de Carballo Elena Vázquez, subcampioa do Mundo coa Selección Española Sub-17

por Redacción As Nosas
04/11/2024
0

  A zagueira galega Elena Vázquez proclamouse subcampioa do Mundo coa Selección Española de fútbol Sub-17. A futbolista milita no...

RFEF

Eugenia Gil, Eva López, Irene Ferreras e Irene Samper entre as 12 candidaturas do fútbol e fútbol sala galegos para a Asemblea da RFEF

por Redacción As Nosas
28/10/2024
0

  O fútbol e o fútbol sala galegos presentan ata 12 candidaturas para formar parte da Asemblea Xeral da Real...

Presentación do documental 'Mamá, futbolista quero ser' sobre a figura de Irene González Basanta / CONCELLO DA CORUÑA

Estrea no Centro Ágora da Coruña do documental ‘Mamá, futbolista quero ser’ que repasa a vida da porteira coruñesa Irene González Basanta

por Redacción As Nosas
02/10/2024
0

  Hoxe, mércores 2 de outubro terá lugar a estrea do documental 'Mamá, futbolista quero ser' que narra a vida...

Tere Abelleira no once da Selección Española / RFEF

España pasa a cuartos de final dos Xogos Olímpicos con Tere Abelleira no once

por Silvia Carregal
28/07/2024
0

  Un gol de Alexia Putellas mete a España en cuartos de final dos Xogos Olímpicos. A mediocentro galega Tere...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Equipo español marcha atlética no Podebrady 2025 con Dani e Antía Chamosa / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa, cuarta no Campionato de Europa de marcha 20k

20/05/2025
Campionato galego de atletismo sub-16 sub-20 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Títulos para Ourense, Celta, Narón e Gimnástica nos campionatos de clubs Sub-16 e Sub-20 galegos de atletismo

20/05/2025
Edymar Brea, segunda pola dereita, no Campionato de España / SPORTMEDIA MARTÍN DE ÁLAVA PÉREZ PARA A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO

No Campionato de España en Ruta o atletismo galego acada seis medallas individuais e unha por equipos

19/05/2025
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.