Desde o Concello da Coruña a faise público que a súa pretensión é que a xestión das instalacións se realicen en colaboración coas entidades deportivas da cidade coruñesa.
A Xunta de Goberno Local aprobou as condicións da concesión que permitirá construír unha base náutica nas antigas instalacións de Varadeiros Valiña, en Oza. Esta aprobación ten lugar logo de que Demarcación de Costas lle autorizase ao Concello o uso público destes terreos por dez anos, prorrogables a 50 anos como máximo.
Serán preto de 7.600 metros cadrados, que se utilizarán para lles dar cabida ás distintas especialidades náuticas da cidade.