A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña aprobou as axudas en concorrencia competitiva que poderán solicitar as entidades deportivas da cidade, cun orzamento que supera os 300.000 euros.
Trátase de achegas que se tramitarán en concorrencia competitiva e que permitirán ás distintas asociacións e clubs optar a distintas axudas que, segundo o tipo, oscilan entre os 4.000 e os 10.000 euros por cada liña, para iniciativas encamiñadas ao fomento do deporte en todos os seus ámbitos.
O prazo para a solicitude de ditas axudas abrirase nos próximos días tras a publicación do acordo no Boletín Oficial da Provincia. En total, o Concello da Coruña destina 334.000 euros a ditas axudas, a cantidade máis elevada orzamentada polo goberno local para ese fin, e que case triplica os 120.000 euros que no ano 2019 destinábanse a ese mesmo concepto.
Tipos de axudas
As axudas varían segundo o tipo de actividade á que van destinadas. Así, as de organización de actividades deportivas chegan aos 6.000 euros; as dedicadas a actividades físicas, federados ou non, dirixidas a mellorar a capacidade física e o tempo de ocio, poden chegar ata 4.000 euros; as de organización de campamentos e campus infantís que axuden á conciliación da vida familiar, ata 6.000 euros; as destinadas a actividades diversas (foros, congresos, publicacións…) ata 4.000 euros; e as de organización de actividades extraordinarias (eventos deportivos), ata 10.000 euros.
Ditas axudas están abertas a todas as entidades, tamén a aquelas que teñen subscritos convenios nominativos co Concello, aínda que o número de liñas de axudas en concorrencia competitiva ás que poden optar redúcese canto maior sexa a contía do convenio asinado co Concello. Así, unha entidade cun convenio subscrito inferior aos 9.000 euros anuais, podería optar a axudas de ata 26.000 euros no concurso cuxas bases aprobáronse hoxe.
En total, na Coruña hai 65 entidades, asociacións e clubes con convenios nominativos asinados no 2021 para o fomento do deporte, entidades que percibiron 1.207.000 euros de fondos municipais para o fomento da actividade deportiva mediante ditos convenios.
Concesión de licenzas
Ademais, a Xunta de Goberno da Coruña deu conta tamén das licenzas aprobadas desde a última reunión do mesmo órgano.
En total, o Concello concedeu 261 permisos, dos que 32 son licenzas urbanísticas, 165 permisos de obra en réxime de comunicación previa, 40 permisos de actividade no mesmo réxime e 15 máis, tamén de actividade, con declaración responsable.