O V Torneo Nacional Club Rítmica Milenium celebrarase este sábado no pavillón de Monte Alto, contando coa colaboración do Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes. O torneo está organizado polo Club Rítmica Milenium e vai dirixido aos conxuntos que se van presentar ao Campionato de España e aos e ás ximnastas individuais que se presentan ao control para a Copa de España.
O torneo serve como punto de partida da segunda temporada do ano e que os e as participantes dispoñan de competicións nas que mellorar a súa técnica de cara aos grandes eventos da parte final do ano.
Nesta edición está prevista a participación de máis de 200 ximnastas de todos os clubs de Galicia e clubs de Asturias. A competición contará con seis xuíces e xuizas nacionais, dous delas con licenza internacional.
Nesta edición o Club Rítmica Milenium presentará a cinco ximnastas individuais e ao conxunto xuvenil base, que se presentará ao campionato galego de conxuntos base. O club creouse no ano 2017 e conta co apoio do Concello para achegar a ximnasia rítmica aos coruñeses e coruñesas, dentro das políticas postas en marcha polo Concello da Coruña para fomentar a práctica do deporte.