• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A Coruña acolle catro das seis probas atléticas que a RFEA celebrará en Galicia

Vigo e Negreira tamén acollerán probas do calendario da Federación Española para 2021 | Está pendente de data o Cross Ponte Romana Lugo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/01/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA21 CONCELLO A CORUÑA

Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA 21 / CONCELLO A CORUÑA

164
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) fixo público o seu calendario de probas atléticas para a tempada 2021, sempre que a evolución da COVID-19 permita a súa celebración. Nesa relación figuran ata seis probas en territorio galego. Catro delas serán citas co atletismo en ruta na cidade da Coruña, outra será en pista e se celebrará en Vigo e a sexta terá como escenario Negreira. Por outro lado, está pendente de data a Cross Ponte Romana Lugo.

A área de competición e organizacións da RFEA comunicaba a través da circular n º 15 /2021 dirixida a todas federacións autonómicas e clubs, o Calendario Oficial da Tempada 2021. O documento pódese consultar na web da entidade. Como todo nestes tempos de pandemia por mor do coronavirus COVID-19, as restricións sanitarias serán as que determinen finalmente se estas probas poderán celebrarse ou terán que ser adiadas.

Todo o calendario, a expensas da evolución da COVID-19

A propia federación explicaba que “dadas as actuais circunstancias derividas da crise da COVID-19, un dos grandes retos para esta tempada é a elaboración dun calendario oficial, que, en calquera caso, terá a súa execución condicionada pola evolución da pandemia e as decisións que se poidan adoptar por parte das autoridades competentes”

Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA
Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA

Nese calendario da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) recóllense as seis probas que agora mesmo consta que se disputarían en territorio galego.

No mes de febreiro, en principio fixada para o día 14, aparece a carreira en ruta da XIII Media Maratón A Coruña 21, unha cita de ámbito estatal.

Tamén A Coruña será escenario, no mes de abril, da XV Carreira Popular Coruña 10, unha proba en ruta que aparece marcada no calendario da RFEA para o o día 18 de abril.

Xa no mes de xuño, en concreto o día 5, a cidade herculina acollerá o XXXV Gran Premio Internacional Cantones de Marcha “Sergio Vázquez”.

Vigo acolle tamén en xuño, o día 26 a proba internacional en pista do XI Trofeo Alfonso Posada.

Todas estas probas terán lugar antes dos Xogos Olímpicos de Tokio, que se disputarían do 30 de xullo ao 8 de agosto.

Despois dos Xogos Olímpicos de Tokio

Para o 3 de outubro marcouse a IX Maratón A Coruña 42, unha nova proba de atletismo en ruta que acollerá a cidade herculina e que adoita contar con moito público seguindo as evolucións das atletas nas rúas coruñesas.

Xa o 14 de novembro a localidade de Negreira (A Coruña), será escenario da XXXIX Carreira Popular de Negreira ” A clásica”

Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA
Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celbrada en febreiro de 2020 / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA

Figura no calendario da RFEA, aprazado e con data pendente de decidir, o Cross Ponte Romana Lugo, de ámbito estatal.

A competición da RFEA máis aló de Galicia

Á marxe das probas atléticas que terán como escenario terras de Galicia, no calendario da RFEA destacan putras citas nas que haberá galegas competindo como:

  • European DNA Meeting de Clubes mixto de PC, en categorías Absoluta e Promoción, que terá lugar no Velódromo Lluis Puig de Valencia o 30 de xaneiro.
  • O Campionato de España de Clubes PC, “Copa RFEA” & “Copa Iberdrola” celebrarase no Palau Sant Jordi de Barcelona o 6 de febreiro.
  • Valencia acollerá tamén o Campionato de España Sub 23 PC, 13 e 14 de febreiro.
  • A sede do Campionato de España Absoluto PC será Madrid no CD Gallur, os días 20 e 21 de febreiro.
  • Castellón acollerá o Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos de menores, mentres que o Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos, categoría absoluta, vaise celebrar en Montijo (Badajoz).
  • Os días 6 e 7 de marzo celebrarase en Antequera (Málaga) o Campionato de España Sub20 PC.
  • O Campionato de España por Federacións Autonómicas de Trail Running muda a súa data inicial e vaise celebrar o 7 de agosto en El Paso (Isla de la Palma).
  • A final do Campinato de España de Clubes “Liga RFEA” (H) e “Liga Iberdrola” (M) tanto en División de Honor como en Primeira División vanse disputar conxuntamente en La Nucía (Alicante) os días 12 e 13 de xuño respectivamente.
  • O Campionato de España de Medio Maratón Absoluto e Máster se disputará en el Medio Maratón de Oruña de Piélagos (Cantabria).
  • La Palma acollerá o Campionato de España de Trail Running absoluto e Máster, así como en categoría Promoción.
  • Santi-Ponce (Sevilla) acollerá o Campionato de España de clubs de Campo A Través, coincidindo coa celebración do Cross Internacional de Itálica, o 21 de novembro.
Etiquetas A CoruñaatletismocalendarioLugoNegreiraRFEAVigo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.