• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Cortegada volve do País Vasco cunha vitoria que promete a permanencia na LF2

As galegas desprazáronse para xogar contra o Barakaldo e o Azpeitia, vencendo ás segundas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
AD Cortegada / Cris Loureiro IG

AD Cortegada / Cris Loureiro IG

62
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A AD Cortegada está case de celebración. A falta de tres xornadas, son practicamente equipo de Liga Feminina 2. Na súa visita ao País Vasco as galegas caeron ante o Barakaldo, pero venceron ao Azkoitia Azpeitia, sumando dous puntos que practicamente certifican a súa permanencia.

As galegas desprazábanse uns 600 quilómetros para xogar dous partidos en menos de 24 horas, aproveitando a viaxe para disputar a 23 e 24 xornada.

Derrota ante o Barakaldo

Non comezaba ben a fin de semana para as de Vilagarcía. A AD Cortegada visitaba a un Barakaldo asentado na zona media na que xa ocupan a sexta praza.

As vascas dominaron o control do partido case desde o seu comezo. Co paso dos minutos as locais afastábanse cada vez máis dun conxunto galego castigado polas baixas rotacións. Nogueira tivo que facer malabares para repartir ás súas, polo que por momentos Cris Loureiro tivo que xogar de catro e Sedlakova e Wanyama repartíndose no posto de cinco.

Pola súa parte, o Barakaldo abusaba do poderío do seu xogo exterior coas súas pívots, anulando a defensa galega. En ataque Sara Gómez e Patricia Vicente non tiñan opcións de achegarse ao aro. Nos minutos finais, cando o marcador xa informaba do 20-7, Zeltia Presas e Cris Loureiro minimizaron o desastre galego con seis puntos que maquillaban o resultado.

Para o segundo cuarto, o Cortegada seguía a ser ineficaz baixo o aro, á vez que as súas rivais non fallaban, ampliando a súa renda aos 17 puntos, a máxima do encontro. Para o descando, o electrónico estaba no 35-20.

Tras a pausa as galegas saíron renovadas e asestaron un parcial 0-9 que foi unha declaración de intencións. As de Nogueira estaban listas para loitar polo partido. Durante a primeira metade do terceiro cuarto descolocou ás vascas, que non reaccionaron ata un tripo de Romero a unha canastra de Uchendu, xa á fin deste tempo.

O último cuarto chegaba co AD Cortegada aínda por debaixo, pero disposto a morir matando. Patricia Vicente colocouse ao mando do seu equipo para poñelo a cinco puntos das locais con case catro minutos aínda para finalizar.

Pero as galegas non foron capaces de realizar o empullón final, e foron a menos, á vez que un alarmado Barakaldo aseguraba a vitoria da man de Uchendu. A remontada non foi posible e o duelo rematou no 61-52.

Dous puntos para o Cortegada que fan soñar coa permanencia

Maior sorte correron as galegas ao día seguinte. A falta de descanso entre un partido e outro non foi nin escusa nin condicionante para unha gran actuación das de Vilagarcía ante o Azkoitia Azpeitia, un candidato á fase de ascenso.

Pero o inicio do partido non facía prever o resultado final. Ambos equipos saltaron con enerxía á pista, necesitados dos dous puntos para os seus obxectivos. Os primeiros puntos foron para as vascas, pero un parcial 0-8, obra de Loureiro e Vicente, situaba por diante ás galegas.

Cunha defensa férrea, capaz de frear ata a Morgan Green, unha das mellores xogadoras da competición, o Cortegada mantíñase dentro do partido. Coa estadounidense bloqueada, o Azpeitia tiña problemas na creación de ataques.

Aproveitando os erros rivais, o Cortegada mantíñase por riba, cunha vantaxe de nove puntos. Pero no segundo cuarto as locais comezaron a reaccionar da man de Sara Iparraguirre, cunha defensa zonal que permitiu un 5-0 e recortar distancias. Nogueira viuse obrigado entón a solicitar un tempo morto para manter ás galegas á cabeza. Coa terceira persoal de Sedlakova, Wanyama entrou na pista, resultando eventualmente unha xogadora clave.

Tras o descanso, co marcador no 23-28, o Cortegada mostrouse decidido a levarse a vitoria que estaba a conseguir. Cun parcial 0-6 as visitantes chegaron a ter unha vantaxe de dez puntos, en parte grazas ao bloqueo de Morgan nas filas locais.

Os ataques das visitantes, materializados en Patricia Vicente, dábanlles as de gañar, pero sempre pola mínima polo que podía pasar calquera cousa. En cousa dun par de minutos, á fin do terceiro cuarto, Iparraguirre fixo un 2+2+1, que deixaba ao seu equipo cun 42-45. Un triplo de Vicente poñía o 42-48 con todo o último tempo por xogar.

As locais saíron fortes e confiadas a este último cuarto, asestando un contundente 11-0 no primeiro parcial que non foi capaz de tumbar ao Cortegada. Tres tiros libres de Vicente foron suficientes para que as galegas mantiveran a vantaxe, que rematou ampliada no 61-72 final.

O Cortegada é (case) equipo de LF2

Tras esta intensa fin de semana, a AD Cortegada suma 30 puntos e ocupa a novena posición da táboa. Empatadas a puntos están as décimas e undécimas, e con dous menos as duodécimas, décimo tercieras e as colistas, o Ulla Oil Rosalía.

Con este colchón de posicións, as de Vilagarcía teñen practicamente a salvación garantida. Só teñen tres partidos por disputar: o adiado co Celta Zorka Recalvi (segundo), a 25ª xornada co Magec Tías (duodécimas) e a 26ª contra a ADBA (penúltimas).

Etiquetas ad cortegadaAzkoitia AzpeitiabaloncestobasketcortegadaHGB Ausarta BarakaldoLF2liga femenina 2liga feminina 2
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

por Carmen G. Mariñas
24/05/2022
0

  O Durán Maquinaria Ensino xa está a preparar o seu plantel para a tempada 2022/2023. A súa última fichaxe chega...

Campus Javi Muñoz / CONCELLO DE CAMBRE

“Aprender baloncesto dun xeito divertido, inculcándolles valores”, obxectivo do Campus Javi Muñoz que chega a Cambre

por Redacción As Nosas
03/05/2022
0

  Cambre converterase, este verán, na cancha de xogo do Campus Javi Muñoz de baloncesto. O programa, organizado polo Club...

O Celta queda ás portas da fase de ascenso / CELTA

O Celta queda ás portas da fase de ascenso

por Redacción As Nosas
27/04/2022
0

  O Celta Zorka Recalvi estivo preto de lograr o ansiado ascenso á LF Endesa, pero o soño quedou fóra das mans...

A galega Adi Iglesias, no podio dos Xogos Tokyo 2020 amosando a súa prata nos 400m T13 / RTVE

Adi Iglesias, Premio Nacional do Deporte 2019 como deportista revelación

por Redacción As Nosas
23/04/2022
0

  A atleta galega Adi Iglesias vén de ser galardoada dentro dos Premios Nacionais do Deporte co premio 'Rei Juan...

Derbi Ensino vs BAXI Ferrol / REBECA FERNÁNDEZ

O Ensino precisa apoios para facer fronte á vindeira tempada

por Carmen G. Mariñas
21/04/2022
0

  O Durán Maquinaria Ensino afrontará unha nova tempada en LF Endesa, a máxima categoría do baloncesto español, na vindeira campaña, pero...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
CR Chapela / CR CHAPELA

Chapela, favorita no 75 Campionato de España de Traiñeiriñas

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
CR Chapela / CR CHAPELA

Chapela, favorita no 75 Campionato de España de Traiñeiriñas

28/05/2022
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

27/05/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.