• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

Coral Núñez (PRC): “Cando o árbitro pitou o final sentín a partes iguais impotencia e orgullo”

O Pontevedra Rugby Club consumou outra derrota na División de Honor B, perdendo 91-0 contra o Crealia El Salvador

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
24/02/2021
en Rugby, Máis Deporte
El Salvador vs Pontevedra Rugby Club / PRC FB

El Salvador vs Pontevedra Rugby Club / PRC FB

170
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

“Por primeira vez desde que xogo a este deporte saín chorando como unha meniña pequena. Cando o árbitro pitou o final sentín a partes iguais impotencia e orgullo; impotencia por un partido máis perdido e porque a pesar de todo o esforzo posto non conseguimos anotar e por outra banda, saín orgullosa por deixar os folgos no campo”. Estas son as palabras dunha xogadora, Coral Núñez, do Pontevedra Rugby Club (PRC), que exemplifican as sensacións que se viven no club tras o quinto encontro perdido.

A tempada segue atragoándoselle ás xogadoras do Pontevedra RC, que suman outra derrota contundente ao seu casilleiro na División de Honor B. As Irmandiñas non foron capaces de competir contra o recentemente descendido Crealia El Salvador, que levouse o partido en casa por un 91-0.

O esforzo e ilusión que poñen as galegas sobre o campo non se traducen en bos resultados, por moito que o intenten. A falta de experiencia é un castigo que lastran no conxunto ás ordes de Alberto Fernández, e que precisa de tempo e práctica para solucionarse.

Cinco minutos foi o tempo que aguantaron as xogadoras do PRC sen recibir un ensaio en contra. Alba Alpín foi a autora do primeiro try para as locales, abrindo un festival de puntos para o El Salvador. A partir dese momento, case cada cinco minutos o marcador das locais aumentaba, mentres que as Irmandiñas nin atopaban a fórmula para frealas nin eran quen de achegarse á meta contraria.

Alpín repetiría como anotadora en tres ocasións máis, pero o boom de ensaios e transformacións chegou da man de Blanca Martín. A 21 anotou 14 puntos en cuestión de cinco minutos, entre o 48 e o 53, para engadir outro try no minuto 58, unha transformación no 61, outra no 69 e finalizar o encontro con nove puntos máis no tramo final do partido.

Xunto a elas, tamén se sumaron a esta sangría das galegas xogadoras como Lara Borondo, Lucía Diego, Petrina Moir, María Miguel, Noelia García e Paula Ruíz.

As diferenzas de nivel son moi notables entre un equipo con experiencia na máxima categoría e outro formado con xogadoras de distintos clubs de rexional. “A pesar de que estamos moi ben físicamente, elas estaban un pouquiño mellor”, declara Coral.

Coral Núñez: “Foron 80 minutos de pelexar, defender, placar, levantarse e resistir”

A xogadora asegura que todo o plantel galego deixou a pel no campo vallisoletano. “Foron 80 minutos de pelexar, defender, placar, levantarse e resistir minutos que en ocasións semellaban eternos, tamén de aprender, coñecer xente e cometer erros que no futuro nos están convertendo en mellores xogadoras”, recorda.

O lado positivo da derrota

Malia os malos resultados deportivos, no Pontevedra RC prefiren mirar o lado positivo. Tal e como recalca a xogadora galega Ana Rodríguez, “aínda que quedan cousas por pulir, no campo refréxase o traballo que estamos facendo nos adestramentos, como se pode ver no caso das touch“. Segundo a Irmandiña, os palos na competición forman parte dun proceso que están intentando desfrutar ao máximo. “Toca seguir traballando!”, declara.

Ana Rodríguez: “Toca seguir traballando”

Nesta liña coincide Coral, recalcando que “está claro que cada día xogamos mellor a pesares dos resultados. Contra todo pronóstico rodéanos unha sensación de equipo desbordante, pois ó fin é o cabo fai un ano eramos rivais e se xa era unha maravilla xogar contra elas, non vos podedes imaxinar o que é telas no mesmo equipo e que che den un pase de balón para intentar gañar todos os metros que se poida”.

Coral Núñez: “Contra todo pronóstico rodéanos unha sensación de equipo desbordante”

A 14 do PRC quédase co bo de competir ante un rival superior: “Gústanme este tipo de partidos, pois enfrentarse a un rival duro fai que en cada partido xoguemos un pouco mellor e sexamos capaces de ver os nosos fallos para, no seguinte, intentar melloralo”.

Orgullo polo deporte oval

Se algo demostran xornada tras xornada as Irmandiñas é o seu amor polo rugby. Non importan os quilómetros percorridos en autobús, as contundentes derrotas ou a falta de experiencia. As galegas teñen claro que o deporte oval é a súa paixón.

Coral Núñez sinala ás súas propias compañeiras como fonte de inspiración e exemplos a seguir para seguir crecendo na competición. “Cada vez que disputamos un partido saio do campo querendo parecerme a algunha das miñas compañeiras, ter a tenacidade dunha dianteira que non se cansa de placar, o liderazgo da nosa capitana que de vez en cando, nos da un toque de atención, de unha medio melé que toma decisións máis rápido que a velocidade da luz e dunhas tres cuartos que corren, placan, patean e que ata berran (isto último é unha broma colectiva)”, aclara.

Coral Núñez: “Cada vez que desputamos un partido saio do campo querendo parecerme a algunha das miñas compañeiras”

Para a xogadora, formar parte do PRC con todo o que iso conleva é un dos mellores momentos do ano, desfrutando dun deporte que “deixache feridas na pel e unha vida cargada de mulleres as que querer parecerte”.

Felicitación para as Leonas

Á fin do encontro entre El Salvador e o PRC, xogadoras de ambos equipos quixeron felicitar ás Leonas. A Selección Española de rugby feminino ven de vencer á Selección Rusa, dando un paso cara diante para competir no Mundial.

➡️Las jugadoras de #Crealia @chamirugbyfem y @PontevedraRC han felicitado tras su encuentro de la #DHBFemenina a las #LeonasXV🦁 de la @ferugby 🇪🇸 por su gran partido ante Rusia 🇷🇺

¡Bravo, Leonas! pic.twitter.com/Wj3PWN5Dnd

— SilverStorm El Salvador🏉 (@Chami_Rugby) February 20, 2021

As ‘Leonas’ vencen ás ‘Osas’ e avanzan cara ao Mundial de Rugby

FICHA TÉCNICA

91) CREALIA EL SALVADOR: Rebeca Tascón, Paula Arévalo, Mariana Martínez, Bárbara Bernardos, Ana María Gutiérrez, Ainara Tourlet, Irene Alonso, María Miguel, Isabel Sierra (capitá), Alba Sepín, Noelia García, Lucía Diego, Victoria Rodríguez, Lara Borondo e María Díez. Tamén xogaron: Mónica Tascón, Noelia García, Andrea Múñoz, Sara Andrés, Petrina Moir, Blanca Martín, Paula Ruiz e Elisa Castro.

0) PONTEVEDRA RC: Antía Fraga, Paloma Delgado, Nuria Diéguez, Patricia Lamas, Alba de la Fuente, Sara Antúnez, Laura López, Teresa Gálvez (capitá), Lucy Villar, Mónica García, Sara López, Cristina Ortigueira, Azucena Alonso, Coral Núñez, María Abel. Tamén xogaron: Ana María Rodríguez, María del Carmen Rodríguez, Marina López, Verónica Feteira, Sabela Chan, María Álvarez, Sara García e Paula García.

ÁRBITRO: Santiago Castro.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 5ª da División de Honor B de rugby feminino disputado no Campo Rugby Pepe Rojo.

Consulta todos os datos da acta nesta ligazón.

Etiquetas Ana RodríguezCoral NúñezCrealia El SalvadorDivisión de Honor B rugbyirmandiñasPontevedraPontevedra RCPontevedra Rugby Clubrugby
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.