Poio Pescamar FS e Ourense Envialia enfróntanse o sábado 10 de outubro ás 19:00 horas no Paco Paz de Ourense na semifinal da Copa Xunta de fútbol sala. O encontro vaise transmitir pola TVG2.
O Imos ao lío! que o Ourense Envialia ten por lema desde hai tempo nas súas redes sociais tomará corpo esta fin de semana coa disputa da semifinal da Copa Xunta contra do Poio Pescamar. Dous dos grandes equipos galegos veránse as facianas no que se podería considerarse o primeiro test oficial da tempada ou o último da anterior, según como se mire.
I é que o estrano deste encontro radica en que a ida desta semifinal, a dobre partido, xogouse a pasada tempada con resultado de 0-0. Cousas do deporte en tempos de pandemia. A COVID-19 impediu a disputa no seu momento. O premio para o bloque que saia triunfador: acceder á Final da Copa Galicia.
E falado da COVID-19, precisamente as de Pontevedra sometéronse estes días aos pertinentes test do coronavirus, con “pleno de negativos” segundo indican, para poder disputar ese partido cumprindo o protocolo sanitario.
Ver esta publicación en Instagram
O Burela, vixente campión da Copa Xunta
Agora mesmo ostenta o título, como último equipo gañador da Copa de Galicia o Pescados Rubén Burela que gañaba o trofeo no Pazo Municipal dos Deportes de Riazor na Coruña. Foi a gran final da XIII Copa Galicia Feminina de futsal e o título o disputaron precisamente contra o Ourense Envialia. Daquela Julio Delgado adestraba as da Mariña e Morenín dirixía as ourensás. As laranxas impuxérasen por un marcador de 0-3.
Campaña de aboadas do Envialia
Desde o Ourense Envialia veñen de lanzar a campaña de captación de aboadas na que o carné específico para o Ourense Envialia FSF ten un prezo de 50€ para novas socias, 40€ para as persoas que renoven o seu abono e 20€ para as sub16. Toda la información en: http://www.ourensecf.es/estaticas/hazte-socio-ventajas.html