O primeiro encontro da XXXIV Copa Galicia de Baloncesto Feminino Senior disputouse onte no Pavillón de Navia con triunfo do Celta Zorka Recalvi fronte o CB Arxil por 64-59. O partido disputouse sen público por mor da pandemia do coronavirus que estamos a vivir.
As pontevedresas do CB Arxil iniciaron onte a tempada ante as viguesas. Desde o primeiro cuarto (19-20), a formación pontevedresa e viguesa mantiveron un duelo igualado, con rendas escasas para ambos os conxuntos e tamén moita rotación de xogadoras.
Con empate a 50 entrouse no último cuarto e no tramo final, o Celta Zorka Recalvi resolveu o enfrentamento nos pequenos detalles.
Notouse sobre a cancha a maior rodaxe do Celta Zorka Recalvi. De feito, no CB Arxil espérase que a volta aos adestramentos no CGTD sirva para dar un impulso ao novo proxecto que apunta maneiras.
Nas pontevedresas, este duelo copero serviu para comprobar as evolucións de xogadoras coma Noelia, Bineta e Sara, as tres incorporacións para o presente curso, mentres que aínda non se uniron ao plantel verde Natalia e Violeta.
O sábado ás 19:30 h no CGTD o CB Arxil enfrontásese á AD Cortegada tamén nesta primeira fase da Copa Galicia de baloncesto feminino.
FICHA TÉCNICA
64) CELTA ZORKA RECALVI: (19+16+15+14): Celia García (16), Marita Davidova (6), Lucía Fontela (3), Simpática Stamenkovic (18), Mariona Martín – quinteto inicial-, Noa Comesaña (3), Florencia Niski (9), Carla Prieto (3), Ángela Coello (7) e Sara Vidal (2).
59) CB ARXIL (20+10+20+9): Carla Fernández (6), Noelia Masiá (13), María Lago (11), Cristina Díaz-Pache (3), Forster (8) – quinteto inicial-, Aldara Vázquez (2), Noa Casalderrrey, Margarita Moreira (2), Bineta Ndoye (6) e Sara Castro (8).
ÁRBITROS: Adrián Álvarez e Samuel Martínez. Sen xogadoras expulsadas por faltas.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira fase da Copa Galicia de baloncesto feminino. Pavillón de Navia, sen público por mor da pandemia por COVID-19.
PARCIAIS: 19-20, 16-10, 15-20, 14-9 (64-59).

CALENDARIO COPA GALICIA DE BALONCESTO
Fase Previa
Grupo Sur: AD Cortegada, RC Celta Zorka Recalvi e CB Arxil .
Grupo Norte: BAXI Ferrol, Maristas Coruña e ULLA OIL Rosalía.
1ª Xornada
CORTEGADA – CELTA ZORKA (data a determinar)
BAXI FERROL – MARISTAS CORUÑA (25/09/20. 20.00 h)
2ª Xornada
CELTA ZORKA – ARXIL (64-59)
ROSALIA CASTRO – BAXI FERROL (23/09/20. 20.00 h)
3ª Xornada
ARXIL – CORTEGADA (26/9/2020 19.30h)
MARISTAS CORUÑA – ROSALIA CASTRO (data a determinar)