• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

A Copa Galicia de Ciclocross chega a Betanzos e Ferrol a súa primeira fin de semana

O elite do Máis Que Bicis sumou o seu segundo triunfo e as especialistas da formación alimenticia ocuparon os tres primeiros postos na carreira raíña feminina do VI Ciclocrós Val de Esmelle

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/10/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Uxía Soto, ciclista durante a Copa Galicia ciclocróss / LUZ IGLESIAS

Uxía Soto / LUZ IGLESIAS

14
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

En menos de 24 horas a Copa Galicia de Ciclocrós viviu as súas dúas primeiras xornadas. Se o sábado polo serán e en horario nocturno o certame autonómico abriu temporada en Betanzos, o domingo pola mañá e a primeira hora da tarde celebrouse o segundo asalto do calendario en Ferrol. Só seis dos catorce ciclistas que venceron o día anterior repetiron triunfo no VI Ciclocróss Val de Esmelle.

O sábado 22 tivo lugar o CX Concello de Betanzos organizado polo Caimanes de Betanzos. E o domingo 23 celebrouse  o VI Ciclocross Val de Esmelle organizado polo Esmelle Club.

A chuvia intermitente foi endurecendo co paso da carreiras o circuíto deseñado polo Club Esmelle, un trazado xa de por si esixente e no que resultou difícil non cometer erros ao estar esvaradío. O evento catalogado de clase 1.33.5 pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), ao igual que o resto de citas da Copa Galicia CX, comezou coa carreira de promoción Infantil e continuou coas dos masters masculinas. Os corredores chegados dende Portugal anotáronse tres dos catro triunfos por medio do máster-30 Augusto Midao, do máster-40 Rogerio Matos e do máster-50 Antonio Sousa. A vitoria autonómica asinouna Antonio González (Salvaterra) nos máster-60.

A competición cadete masculina, con Néstor Frías (Avanza-O Porriño) cruzando a liña de meta en primeira posición, deu paso ás dúas mangas principais. En Ferrol deixou de chover antes do inicio de dúas probas nas que competiron un total de nove categorías.

O Supermercados Froiz dominou na carreira feminina e sumou dous triunfos. A júnior Aroa Otero abriu oco na primeira volta, consolidándose en cabeza mentres a súa compañeira de equipo Uxía Soto íase ao chan sen consecuencias. Porén, o contratempo que marcaría o desenlace sufriríao a porriñesa. Unha avaría mecánica de Aroa Otero permitiu á ponteareá Uxía Soto adiantala no treito final. A 50” das dúas xuvenís completou a tripla da formación alimenticia a gañadora Sub-23 Laura Mira.

O resto das clasificacións femininas tiveron como primeiras clasificadas a Lorena Patiño (XSM) nas cadetes, a Eva Ortega (Extol) nas elites, a Iria Nieto (Compostelano) nas máster-30 e a Marina González (Illas Cíes) nas máster-40.

Os dous ciclistas que a noite anterior se xogaron a vitoria ao esprint en Betanzos comezaron levando a batuta en Ferrol. O elite Samuel González (Máis Que Bicis) e o Sub-23 Ricardo Buba (Drone Hopper-Gsport) íanse de inicio e por detrás establecíanse outras dúas parellas, a de Anxo Carril (Coruxo) e Saúl López (Academia Postal-Maceda) aos que perseguían Rubén Deaño (Ourense Termal) e David Fernández (Avanza-O Porriño).

Nesta ocasión, Ricardo Buba non resistiu o ritmo de Samuel González e o vigués puxo terra de por medio. A súa vantaxe aumentou paulatinamente ata selar o seu segundo triunfo consecutivo por 1 minuto e 19 segundos de vantaxe sobre o tamén elite Saúl López, que co paso das voltas foi a máis e rematou a proba 1’12” antes de que o fixera o representante do Drone Hopper-Gsport, primeiro Sub-23. As outras dúas prazas do top-5 absoluto corresponderon ao sub23 Anxo Carril, cuarto, e ao elite Rubén Deaño. Entre os juniors estreou a súa conta de vitorias Martín Díaz (Caimanes Betanzos), segundo informa a Federación Ciclismo Galego.

Despois do intenso arranque da Copa Galicia, as quince camisolas de líderes pertencen a Raúl Puelles (Caimanes Betanzos) e Lorena Patiño en cadetes, Sarela Conde (Academia Postal-Maceda) e Martín Díaz en juniors, Zaira Vila (Coruxo) e Ricardo Buba en Sub-23, Eva Ortega e Samuel González en elites, Iria Nieto e Augusto Midao en máster-30, Paula Blanco (Monte Xalo) e Rogerio Matos en máster-40, Isabel Castro (Condado Bike) e Antonio Sousa en máster-50 e Antonio González nos máster-60.

A vindeira fin de semana o certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego, que esta campaña consta de trece eventos, seguirá na provincia da Coruña e terá como única xornada a do sábado en Santiago de Compostela. 

  • Clasificacións Ciclocross Esmelle
  • Páxina da Copa Galicia CX 2022-23  

Próximas carreiras da Copa Galicia Ciclocross 2022-23:

  • 29/10/22 – XXI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago.
  • 01/11/22 – XIII Ciclocross Concello de Cambre

Etiquetas BetanzosciclismoCopa Galicia CXcrossFederación Ciclismo GalegoFerrol
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

por Redacción As Nosas
25/01/2023
0

  A proposta do responsable e do director técnico da Federación Galega de Atletismo, a entidade vén de convocar aos integrantes...

Adestramento do equipo junior 2023, coa ausencia de Laura Antes / CLUB CICLISTA BETANZOS

O Club Ciclista Betanzos estrea equipo junior feminino con sete corredoras

por Redacción As Nosas
20/01/2023
0

  No Club Ciclista Betanzos encaran o ano 2023 con moita ilusión e un proxecto de ciclismo feminino que empeza...

Presentación da proba 3 Horas BTT de Noia dentro da Copa Galicia 3H Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Copa Galicia 3H Resistencia chega a Noia

por Redacción As Nosas
19/01/2023
0

  A segunda edición da Copa Galicia 3H Resistencia púxose en marcha o pasado domingo en Narón e unha semana...

As junior María Filgueiras (prata) e Aroa Otero (bronce) suman novos medallas á expedición galega no Campionato de España de Ciclocrós de Vic / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO - LUZ IGLESIAS

As medallas de María Filgueiras, Aroa Otero e Miguel Rodríguez fan que Galicia alcance os oito metais en Vic

por Redacción As Nosas
19/01/2023
0

  Oito podios son o balance final do ciclocrós galego no Campionato Estatal disputado en Vic. María Filgueiras (medalla de...

II Resistencia Cidade de Narón, Copa Galicia / DOBLE I FOTOGRAFÍA - FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Arrincou a Copa Galicia 3H Resistencia en Narón

por Redacción As Nosas
18/01/2023
0

  O calendario 2023 do BTT galego botou andar este domingo coa II Resistencia Cidade de Narón, unha cita deportiva...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.