• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Badalada final da Copa Galicia de Ciclocrós 2022 en terras de Culleredo

Laura Mira e Samuel González impuxéronse nas probas raíñas do Trofeo A Laboral | Quince ciclistas adxudicáronse as clasificacións xerais do certame autonómico

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/01/2023
en Máis Deporte, Sobre rodas
Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Non foron doce, senón trece as badaladas que no 2022 compuxeron o calendario da Copa Galicia de Ciclocrós e a última deuse este sábado de Noitevella no Concello de Culleredo.

O Trofeo A Laboral baixou o pano do certame autonómico, que chegou a súa clausura coa maioría das súas quince clasificacións xerais por categorías decididas matematicamente. O líder elite Samuel González (Máis Que Bicis) puxo a guinda ao seu título cun triunfo na proba raíña masculina e a Sub-23  Laura Mira (Supermercados Froiz) impúxose na feminina.

Copa Galicia de ciclocrós en Culleredo / LUZ IGLESIAS
Copa Galicia de ciclocrós en Culleredo / LUZ IGLESIAS

Nun dos escenarios máis emblemáticos do ciclocrós galego, a Peña Ciclista Monte Xalo encargouse de que todo fora sobre rodas no fin de festa da Copa Galicia de Ciclocrós. A chuvia non fixo acto de presenza nun trazado con treitos enlamados, pero o vento si que se quixo sumar a este despedida. Soprou con forza, pero non coa suficiente como para frear ao gran dominador na quenda Elite-Sub23 desta temporada. O vigués Samuel González colleitou en Culleredo o seu sexto triunfo parcial.

Vestido coa camisola de líder, o elite do Máis Que Bicis venceu con 1 minuto e 13 segundos de vantaxe respecto ao sub23 Ricardo Buba (Gsport), que tamén triunfou por partida dobre, no seu grupo de idade e na xeral. O terceiro posto, a 2’17” do gañador, correspondeu ao elite Saúl López (Academia Postal-Maceda) e as outras dúas prazas do top-5 ocupáronas os elites Xavier Meizoso (Narón) e Manuel Ángel Parada (Xesteiras), cuarto e quinto respectivamente. Nesta mesma quenda o portugués Tomás Gaspar (Peñafiel) superou por 6” ao líder júnior André Martínez (Avanza-O Porriño) na pugna polo triunfo entre os xuvenís.

Vitoria de Laura Mira en Culleredo

A emoción tamén se mantivo ata o final na carreira Elite-Sub23-Júnior feminina. A porriñesa Laura Mira, tras estrear a súa conta de vitorias a xornada anterior en Ponteareas, bateu no trazado da Laboral por 13” a outra sub23, a Sofía Álvarez (Cambre-Caeiro).

Coa terceira posición e co triunfo júnior fíxose Marta Estévez (Supermercados Froiz), que cruzou a liña de meta a pouco máis de 1’ da súa compañeira de equipo. A líder elite María Jesús Barros (Team Oiense) rematou cuarta unha proba que non disputou Eva Ortega (Extol), a única corredora que lle podía arrebatar o maillot da Copa, e quinta clasificouse Rebeca Fontela (Máis Que Bicis), ocupando o segundo chanzo no podio elite.

No resto de categorías só se podía dar un cambio de líder na máster-40 masculina. Andrés Calvete, que gozaba dun cómodo colchón de 110 puntos de diferenza, non fallou exercendo de anfitrión. O representante do Monte Xalo sentenciou o ranking apuntándose o triunfo nun vibrante duelo resolto por 11” de diferenza con Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko), a súa única ameaza na xeral. O club organizador colleitou outra vitoria nas máster-40 coa tamén líder da súa categoría Paula Blanco.

A nómina de gañadoras e gañadores da xornada en Culleredo completárona Alejandra Neira (Cambre-Caeiro) e Adrián García (Compostelano) en cadetes, Iria Nieto (Compostelano) e Miguel Porto (Ponteareas) en máster-30, Marcial Rodríguez (QueBici-Marcisport) nos máster-50 e Tucho González (Salvaterra) nos máster-60.

íderes finais

Os resultados da décimo terceira e última xornada non provocaron ningún variación no máis alto das clasificacións xerais e, polo tanto, os quince líderes finais por categorías foron Iris Fernández (Academia Postal-Maceda) e Xián Alvariño (Ponteareas) en cadetes, Sarela Conde (Academia Postal-Maceda) e André Martínez en juniors, Zaira Vila (Coruxo) e Ricardo Buba en Sub-23, María Jesús Barros e Samuel González en elites, Iria Nieto e Miguel Porto en máster-30, Paula Blanco e Andrés Calvete en máster-40, Isabel Castro (Condado Bike) e o portugués Antonio Ferreira en máster-50 e Tucho González nos máster-60. 

Cerimonia de clausura da Copa Galicia ciclocrós

A entrega de premios do Trofeo A Laboral incluíu a cerimonia de clausura da Copa Galicia de Ciclocrós, un acto no que participaron como autoridades Miguel Suárez, concelleiro de Deportes do  Concello de Culleredo; Julio Brandariz, presidente da Peña Ciclista Monte Xalo; Juan Carlos Muñiz, presidente da  Federación Ciclismo Galego (FCG); e David Carrillo, secretario da FCG. A temporada de ciclocrós autonómico pecharase o vindeiro domingo coa súa cita máis agardada: o Campionato de Galicia en Poio. 

  • Clasificacións da proba da Laboral da Copa de Galicia de Ciclocros
  • Páxina web da Copa Galicia de Ciclocrós 
Etiquetas A LaboralciclismociclocrosCopa GaliciaCulleredoLaura Mira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

por Redacción As Nosas
30/06/2025
0

  Segundo triunfo de Lorena Patiño nesta tempada na Copa de España Un abafante ensaio en Cervera del Maestre (Castellón)...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Unha muller empregando a bicicleta como método de transporte nunha cidade, un dos obxectivos que busca promover o Día da Bicicleta

A Coruña recupera o Día da Bicicleta tras 15 anos sen celebrarse

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  Quince anos despois o Concello da Coruña recupera o tradicional Día da Bicicleta, unha iniciativa que organiza xunto a...

Selección Galega de ciclismo paralímpico en estrada / FEDERACION CICLISMO GALEGO

Triunfos para Mila López, Damián Ramos e Iván Montero no Campionato de España de ciclismo paralímpico de estrada

por Redacción As Nosas
26/05/2025
0

  Ouros para os galegos Mila López, Damián Ramos e Iván Montero no Campionato de España de Ciclismo paralímpico de...

Lara Lois, no Campionato España de XCO coa Selección Galega / RFEC

Sete bikers defenderán as cores da Selección Galega no Campionato de España de XCM

por Redacción As Nosas
22/05/2025
0

  A MMR Power Race León outorga este domingo, 25 de maio, os títulos do Campionato de España de Cross...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.