A Copa Galicia de Ciclocrós 2020 chega ao seu fin e o fai no barro do Porriño e Maceda. A edición, organizada por distintos clubs da comunidade e pola Federación Galega de Ciclismo, remata esta fin de semana do 19 de decembro cunha dobre cita en dous circuitos enlamados .
Na maior parte dos ránkings resulta difícil apostar por unha clara gañadora. Uxía Soto, do Avanza, domina en cadetes; Laura Mira, tamén do Avanza, nas junior; Carla Fernández, do Río Miera, en sub23; Irene Trabazo, do XSM nas élites; Eva Ortega, de Biciosos-Rías Baixas o fai en máster-30 e Sonia Costoya do Corbelo en máster-40.
Pero as dúas categorías máis igualadas son élite masculino, no que se prevé un duelo moi parello entre Saúl López, da Academia-Postal Maceda e Daniel López, de Cambre; e junior masculino, cunha diferenza de só 20 puntos entre os tres primeiros.
Os horarios da Copa Galicia
A primeira das batallas celebrarase na localidade pontevedresa do Porriño entre 200 participantes que acudirán ao seu Velódromo. Este foi xa o escenario para o pasado Campionato de Galicia, nesta ocasión, a AD Avanza–Concello do Porriño celebra a cuarta edición do seu ciclocrós.
As quendas de saídas comezarán ás 13:00 horas coas carreiras cadete masculina, cadete feminina e júnior masculina. Ás 13:45 horas arrancarán as probas elite-sub23 de ambos sexos e a júnior feminina, mentres que na sesión de tarde comparecerán ás 15:45 horas os máster-30, máster-50/60 e as mulleres máster, encargándose de baixar o pano os máster-40 ás 16:45 horas.

Ao día seguinte, os horarios e a distribución das quendas será diferente para os 202 inscritos no XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense. Os máster-40 abrirán a xornada ás 10:00 horas e os máster-30, máster-50/60 e mulleres máster poranse en marcha ás 11:00 horas. A competición regresará ás 12:45 horas coas dúas carreiras cadetes e coa júnior masculina, quedando para o final o prato forte das categorías elite-sub23 e a júnior masculina.bbbb
Os dous eventos levaranse a cabo sen público, tal e como aconteceu nas anteriores citas da Copa, e no organizado polo Club Ciclista Maceda entregaranse os premios finais da Copa Galicia 2020.