O Burela Pescados Rubén chega á semifinal da Copa Galicia sumando o seu terceiro partido consecutivo en casa. E faino con moi boas sensacións, pois os últimos resultados en Liga foron optimos. Aínda que no partido de Ida o Ourense conseguiu unha vantaxe de 3-1, as Guerreiras Laranxas como demostraron en moitas ocasións, non dan nada por perdido e buscarán remontar a eliminatoria ante o Ourense Envialia hoxe mércores na cancha de Vista Alegre ás 20:30. As ourensás non será un rival doado de bater.
Na ida en anotaron polo Ourense Envialia Iria Saeta (en dous ocasións) e Laura Uña. Polas da Mariña o gol anotouno Cami.
Nunha entrevista a Lucas, sobre a posible fatiga acumulada dos equipos, despois de tantas xornadas sen apenas descanso, contestou que “calquera dos dous equipos teñen partido de liga entre semana e os dous estamos preparados para xogar”. Obviamente o cansazo vano notar as xogadoras, pero, “preparáronse durante a tempada para momentos así.” Durante os últimos partidos vimos a un Burela moi incisivo e non baixarán o ritmo neste partido.

Sobre o resultado negativo de 3-1, na ida desta semifinal da Copa Galicia, e do seu perigo para pasar a eliminatoria, o adestrador manifestaba: “Sabemos que hai que remontar, será un partido duro pero xogamos en casa a volta e ímolo loitar”. Non podemos poñer en dúbida a capacidade de loita do equipo Pescados Rubén Burela, que se deixan a pel en cada encontro.
En definitiva, imos ver unha eliminatoria que non está pechada, e que ni Ourense Envialia nin Pescados Rubén Burela vai regalar. As lucenses confían na remontada e pasar a finais desta edición da Copa Galicia. E as ourensás que adestra Morenín esperan facer valer a vantaxe da ida e demostrar en Vista Alegre todo o seu potencial.
Nas filas locais será baixa Peque pola súa operación. Unha ausencia que podería acusar a escuadra que adestra Lucas.
Este partido da Copa Galicia partido poderá verse na canle de YouTube do Pescados Rubén Burela.