O vindeiro 6 de novembro dará comezo a Copa Deputación da Coruña de Hóckey Herba. A competición centrarase nas categorías inferiores, tanto masculinas como femininas, e desenvolverase na Coruña, Oleiros e Padrón.
No torneo de hóckey herba, que abrangue as categorías benxamín, alevín e infantil, contará coa participación dos equipos do Club Santo Domingo de Padrón, A.D. Cristo Rey de Oleiros e Athletic Coruña HC e Escola HC da Coruña.
No acto de presentación estivo presente a deputada de Deportes Cristina Capelán, así como o responsable de Promoción da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, e a delegada na Coruña da Federación Galega de Hóckey, Yolanda Casanova.
A deputada explicou que “un ano máis volvemos, volvemos organizar xunto coa Federación Galega de Hóckey unha proba coa que pretendemos impulsar e promover esta modalidade deportiva desde as categorías máis baixas da provincia, así como de apoio ás e aos deportistas coruñeses no seu desenvolvemento desde a base”. A isto engadiu que este tipo de competicións son clave para “situar ao deporte galego na vangarda”.
A Copa de hóckey herba, que se enmarca no Plan de impacto 2020-2022 da Federación Galega de Hóckey, comezará o 6 de novembro no Campos de Pazos de Padrón, e seguirá o 13 de novembro nas instalacións de INEF de Oleiros e o 20 de novembro no Campo da Torre da Coruña.