- A XLVII Copa de SM A Raíña Iberdrola arrincará este este venres 11 de febreiro no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
A cidade galega vivirá tres espectaculares xornada en busca do novo campión do torneo do KO. Os mellores conxuntos da liga Iberdrola rivalizarán por suceder no palmarés a Feel Volley Alcobendas. A gran festa do vóley feminino poderá seguirse en directo por Teledeporte, a través da sección de streaming da súa web +TDP e na aplicación RTVE Play coa narración de Alberto Sierra e os comentarios de Marta Gens, ademais de por a canle de Youtube da RFEVB.
Os mellores equipos da primeira volta da Liga Iberdrola abrirán as eliminatorias directas nesta Copa da Raíña na tarde do venres co encontro que disputarán Sanaya Libby´ s La Laguna e DSV CV Sant Cugat, nun choque que comezará ás 17 horas, segundo informa a RFEVB.
Ás 20 horas será a quenda do conxunto anfitrión, CV Arenal Emevé que disputará o segundo encontro de cuartos de final fronte a OSACC Haro Rioja Vóley.
O sábado disputaranse as dúas semifinais. Ás 16:30 horas, CV CCO 7 Palmas medirase co vencedor do duelo entre Sanaya Libby´ s La Laguna e DSV CV Sant Cugat, mentres que ás 19:30 disputarase a segunda semifinal que enfrontará a Kiele Socuéllamos co vencedor do encontro entre CV Arenal Emevé – OSACC Haro Rioja Vóley.
A gran final da Copa da Raíña terá lugar o domingo ás 12 horas e será emitida por Teledeporte, ademais de por as canles de streaming +TDP, a aplicación RTVB Play e a canle de Youtube da RFEVB.