O Pazo de Deportes Paco Paz de Ourense será a sede da fase final de a Copa da Raíña de fútbol sala, que se disputará entre o 6 e 8 de maio e na que participarán tres equipos galegos: Pescados Rubén Burela, ENCE Marín Futsal e Ourense Envialia. As da Mariña son as actuais posuidoras do título polo que defenderán o entorchado copeiro en terras ourensás.
A Copa da Raíña de fútbol sala ten sede para a disputa da súa fase final. Tras Málaga (2020) e Las Rozas de Madrid (2021), Galicia volverá acoller unha fase final do campionato copeiro tres anos despois. Neste aspecto, o evento terá lugar en terras galegas por sexta ocasión, terceira na cidade de Ourense. Así, a fase final da Copa da Raíña disputarase do 6 ao 8 de maio no Pazo de Deportes Paco Paz de Ourense.
A cidade ourensá volverá gozar dunha cita así tras 12 anos, debido a que xa albergou as edicións de 2010 e 2001. Co Palacio de Deportes Paco Paz como epicentro, viviremos unha das fases finais máis vibrantes dos últimos anos.
A falta de concretarse o oitavo e último contendente – sairá do duelo entre Clínica Blasco Vistelche Joventut D’ Elx e Arriva AD Alcorcón FSF -, Marín Futsal, MSC Torreblanca FS, Ourense CF Envialia, Sala Zaragoza, Atlético Navalcarnero e STV Roldán FS buscarán arrebatarlle ao Pescados Rubén Burela FS, que foi o equipo campión das tres últimas edicións, o cetro do campionato copeiro.
Estos son os resultados da Copa da Raíña 2022 ata esta data:
DATA | RESULTADO | PARTIDO |
---|---|---|
8 xaneiro 2022 | 1-2 | C.D. La Concordia – Marín Futsal |
8 xaneiro 2022 | 5-1 | MSC Torreblanca FS – Atlético Torcal |
8 xaneiro 2022 | 4-1 | Ourense CF Envialia – CD Leganés |
2 febreiro 2022 | 0-1 | Universidad de Alicante – Pescados Rubén Burela FS |
28 febreiro 2022 | 2-2 (5-4) | Sala Zaragoza – Poio Pescamar FS |
9 febreiro 2022 | 1-2 | Desguaces París La Algaida F.S. – STV Roldán FS |
8 febreiro 2022 | 7-1 | Atlético Navalcarnero – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF |
Adiado | Clínica Blasco Vistelche Joventut D’Elx – Arriva AD Alcorcón FSF |