- A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicos os nomes das e dos futbolistas que defenderán a camiseta da Selección Galega nos amigables ante Cataluña dos días 3 e 4 de xullo.
Xa hai lista dos nosos e as nosas para o dobre amigable contra Cataluña en Lugo. Os seleccionadores galegos absolutos Juanma Marrube e Bea Seijas deron a coñecer este luns as convocatorias para os amigables ante os combinados cataláns que se disputarán os próximos días 3 e 4 de xullo (o 3 a masculina e o 4 a feminina) no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo.
A Selección Galega afronta así a segunda cita ante Cataluña tras os encontros que tiveron lugar en 2024 en Santa Coloma de Gramanet.
As convocatorias oficiais da Selección Galega Absoluta masculina e feminina de fútbol sala son as seguintes:
Ver esta publicación en Instagram
Dúas lendas á fronte de Galicia
A por outra cita histórica e nas mellores mans. A Real Federación Galega de Fútbol anunciaba nestes días a chegada de Juanma Marrube como novo seleccionador galego absoluto masculino de fútbol sala e a continuidade de Bea Seijas á fronte do combinado feminino para os compromisos amigables que Galicia disputará os días 3 e 4 de xullo ante Cataluña en Lugo.
Os nosos e as nosas mediranse aos combinados cataláns no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, que será escenario os próximos 3 e 4 de xullo do regreso da Selección Galega Absoluta masculina e feminina de fútbol sala.
Tras o convenio asinado entre a Real Federación Galega de Fútbol e a Federación Catalana hai dous anos, mediante o cal Galicia e Cataluña disputarían dous encontros amigables (un en cada comunidade), Cataluña viaxará en xullo á nosa terra para disputar este dobre encontro amigable. Os dous primeiros xa tiveron lugar no mes de setembro do 2024 en Santa Coloma de Gramanet.
Ver esta publicación en Instagram
Os adestradores da Selección Galega feminina e masculina
Falar de Bea Seijas é falar dunha lenda do fútbol sala. Tras colgar as botas vestindo a camiseta dos seus amores, a do Ourense Envialia, e con 28 tempadas disputadas ás súas costas. Levaba 21 anos dando notoriedade ao fútbol sala feminino e 36 practicando un deporte do que xa é historia, pero ao que segue facendo grande. A ferrolá, que empezou no fútbol sala como unha casualidade e que acabou sendo parte do seu ADN, probou nos bancos e comezou adestrando á Selección Galega alevín para posteriormente dar o salto á Selección Galega absoluta feminina que xa dirixira no partido ante Cataluña en 2024.
Juanma Marrube substitúe á fronte da Selección Galega absoluta a Diego Ríos, quen se atopa disputando o playoff polo título en Italia, mérito polo que non pode este ano acudir á cita con Galicia.
Marrube é un profesional ligado ao crecemento e evolución burelista ao longo dos case 25 anos de historia da entidade galega. Defendeu a capitanía nas filas laranxas co 8 ás costas, da que se despediu en 2014 para emprender unha nova etapa na parcela técnica.
Tras estrearse nos bancos co Boal FS asturiano e encargarse da secretaría técnica do Burela FS, abandeirou a dirección do conxunto mariñán de Segunda División en 2017 e conduciuno ao ascenso a Primeira División na tempada 2018/19, alén de conquistar a Copa Galicia en 2018 e 2021.
Tres tempadas e media na súa casa deron continuidade ao labor de adestrador co Soliss FS Talavera e O Parrulo Ferrol, en Segunda, e o ATP Iluminación Ribera Navarra en Primeira División. Alcumado como “O Mariskal”, Juanma Marrube regresou a pasada campaña a Burela e agora ponse á fronte da Selección Galega Absoluta masculina.
Venda de entradas para os partidos da Selección Galega
Xa están á venda as entradas para asistir aos dous partizados entre as seleccións absolutas masculina e feminina de fútbol sala que van disputarse o venres 3 e o sábado 4 de xullo.
Ver esta publicación en Instagram
O partido masculino xógase o venres 3 ás 20:30 horas e o feminino o sábado 4 ás 11:30, os dous no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
Os prezos das entradas é o seguinte:
- 10€ para cada partido
- 15€ o abono para os dous partidos
- Gratis para os menores de 16 anos
As entradas poden adquirirse xa na plataforma Cluber á que se pode acceder no seguinte enlace:
Tamén estarán disponibles en taquilla os días de partido.
A Deputación de Lugo alberga a presentación oficial dos partidos Galicia vs Cataluña de fútbol sala
Bea Seijas e Juanma Marrube, seleccionadores galegos absolutos de fútbol sala





















