Este sábado, 17 de outubro, ás 18:00 no Pavillón Municipal do Porriño terá lugar o encontro entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o Balonmano Elche. Este partido corresponde á cuarta xornada da Liga Guerreras Iberdrola e poderá verse en streaming a través da canle de YouTube do club galego.
Tras empatar contra o Balonmano Salud Tenerife na pasada xornada, o Conservas Orbe atópase no quinto posto da táboa con 3 puntos. Dous postos máis arriba, cun punto máis, están as visitantes, que veñen de perder contra o Rocasa Gran Canaria e de gañar o resto de partidos.
PARTIDO DHF| El sábado a las 18:00 en el Pabellón Municipal de O Porriño, nuestro equipo de DHF se enfrentará al @cbm_elche 🤾♀️
Solo podrán asistir socios con entrada anticipada‼️
#aRevolta #LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/Q2vdjcIArl— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) October 16, 2020
“É un rival que se reforzou moi ben, a pesar das baixas importantes que tivo. Creo que supliron con calidade os postos que quedaron baleiros”, recoñece Ismael Martínez, técnico do primeiro equipo.
Ismael Martínez, adestrador do BM Porriño: “O BM Elche é un rival que se reforzou moi ben, a pesar das baixas importantes que tivo. Creo que supliron con calidade os postos que quedaron baleiros”
En canto á súa defensa e ataque explicou que “defensivamente funcionan moi ben. É un equipo distinto, porque está continuamente modificando o seu defensa”. Remarcou que a clave do partido pasa por adaptarnos ao seu sistema defensivo.
Martínez, técnico do BM Porriño: “É un partido para xogar simple”
“É un partido para xogar cousas moito máis simples das que habitualmente xogamos, porque non nos van a deixar xogar cousas máis complicadas”, afirma Ismael Martínez.
Tanto el como o seu equipo teñen as cousas claras e chegan ao partido do sábado coa intención moi clara de sumar dous puntos, porque de conseguilo pasarían por riba dun rival directo. Ademais, insistiu en que deben seguir na mesma liña que levan ata o de agora.
Ismael Martínez, adestrador do BM Porriño: “Non nos van a deixar xogar cousas máis complicadas”
De novo, o partido disputarase con pública. Haberá un aforo limitado e só poderán asistir socios con entrada anticipada. Pódese reservar asento a través do email: socios.bmporrino@gmail.com.
Ademais de pola canle de YouTube do club, o cruce tamén se transmitirá pola TVG – G2.
🤾♀️🤾♀️ Esta fin de semana tamén temos balonmán @IberdrolaDHF
👉 @BmPorrino Vs @cbm_elche
📆 Sábado 17
⏲️ Ás 18:00 horas
📺 Na G2 @TVGalicia @EnXogo_tvG2 pic.twitter.com/IEnzcms8Qr
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 16, 2020