• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Arranque de Liga con vitoria para o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño

A dez minutos do final, perdían de tres pero remontaron até o 33-31 | As galegas suman os dous primeiros puntos da tempada na Liga Guerreras Iberdrola ao vencer ao Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/09/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo / BM PORRIÑO WEB

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo / BM PORRIÑO WEB

80
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

O municipal do Porriño foi escenario do arranque de tempada na Liga Guerreras Iberdrola 2021-22 do Conservas Orbe Rubensa Porriño. As galegas impuxéronse 33-31 neste primeiro partido ao Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo. Os dous primeiros puntos en xogo, están no peto logo de remontar na recta final do partido.

A primeira parte estivo marcada pola máxima igualdade entre ambos os conxuntos, indo ao descanso empatados. No segundo tempo, o Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo colleu as rendas do partido ante un Conservas Orbe Rubensa BM Porriño que non estaba a ser efectivo de cara á meta rival. Con todo, as galegas que adestra Ismael Martínez espertaron espertaron nos últimos dez minutos de encontro. Perdían de tres puntos (23-26) e aumentaron a súa intensidade no xogo, conseguindo así a primeria vitoria da tempada.

Final do encontro. O Conservas Orbe Rubensa consegue os dous primeiros puntos da tempada🤾‍♀️

Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 33🆚 @CbmZuazo 31

📸 Ithaisa Trigo#LigaGuerrerasIberdrola@depo_es pic.twitter.com/IaMGCyyx5U

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) September 11, 2021

O partido comezou con moi boas sensacións para as Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, que tras a súa primeira defensa conseguiron parar o ataque das vascas e subir ao contraataque. Aí, Haridian Rodríguez desde o seis metros converteu o lanzamento no primeiro gol do encontro.

As imprecisións de ambos os equipos foron as protagonistas nos primeiros minutos. O conxunto dirixido por Joseba Rodríguez atopábase máis activo que as locais, mantendo o resultado ao seu favor.

Con todo, as Conservas Orbe Rubensa non se deixaba ir e, no ecuador do primeiro tempo, conseguiu empatar o partido (8-8). Tras un intercambio de oportunidades entre ambos os equipos para porse por encima no resultado, chegou o final do primeiro tempo co marcador 15-15.

O segundo tempo comezou e aínda faltaban trinta minutos para decidir quen levaría os dous primeiros puntos. O Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo entrou activo cunha moi boa defensa, onde destacou a actuación en portaría de Meriem Ezbida. Na parte ofensiva Magdalena Fernández-Agustí, máxima goleadora do encontro con nove tantos, levou o equipo ás súas costas.

As vascas foron capaces de ir por encima no resultado até o últimos dez minutos. Con todo, paso a paso, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño foi recortando distancias.

A reacción do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño

O cambio entre as defensa 6:0 e 5:1 das galegas, xunto cunha melloría na efectivade ante  a portaría rival, foron claves á hora de empatar o partido. Ese paso cara a adiante axudou a que no minuto 22:20, tras a conexión entre Aitana Santomé e Haridian Rodríguez empatásese o partido. A partir de aí, foi unha tira e afrouxa entre ambos os equipos.

A defensa porriñesa soubo adaptarse aos ataques das vascas e en ataque, Anthia Espiñeira soubo xestionar a tensión dos últimos minutos. A falta de dous minutos para o final, Haridian Rodríguez foi expulsada, deixando ao Porriño cunha xogadora menos. O equipo visitante tivo a oportunidade de volver empatar o partido, grazas a un penalti pitado ao seu favor. Ane Encina foi a encargada de transformalo en gol (30-30).

A resposta do conxunto do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, veu da man do gol de Aitana Santomé que puxo ao equipo un tanto arriba. Ante iso, Joseba Rodríguez pediu tempo morto para organizar o ataque que lles daba a oportunidade de empatar de novo. Con todo, os nervios traizoaron ao conxunto vasco que perdeu a bóla e que Mica Casasola transformou en gol.

O últimos vinte segundos foron vitais, Alba Sánchez puxo ao seu equipo a un gol de diferenza (32-31). Ante iso, Ismael Martínez pediu tempo morto para pór calma.

Thais Fermo foi a encargada de marcar o gol final. Desta forma, o equipo do  Conservas Orbe Rubensa BM Porriño foi quen de se levar a primeira vitoria da tempada cun resultado de 33-31.

FICHA TÉCNICA

33) CONSERVAS ORBE RUBENSA PORRIÑO: Carolina Bono (3), Micaela Casasola (7), Alicia Campo (1), Érica Tavares (1), Aitana Santomé (4), Arima López, Anthia Espiñeira (2), Maider Barros (4), Sarai Samartín, Haridian Rodríguez (6), Sandra Fernández, Thais Fermo (3), Carme Castro (2), Fátima Ayelén, Estela Carrera y Begoña Otero.

31) ZUBILETA EVOLUTION ZUAZO BARAKALDO: Estíbaliz Velasco (2), Alba Sánchez (5), Ariadna González, Isabel Fernández-Agustí (1), Estitxu Berasategui, Garoa Sarrionandia-Ibarra, Ane Encina (7), Anne Erauskin (4), Jone Aguado, Maddi Bengoetxea, Magdalena Fernández-Agustí (9), Paula García (3), Meriem Ezbida.

MARCADOR CADA 5 MINUTOS: 1-3, 5-7, 8-8, 13-11, 14-14,15-15 – descanso – 16-17, 18-19, 21-23, 23-26, 26-26, 33-31.

ÁRBITROS: Lucas Crespo e Pedro Eiras. Por parte do conxunto do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Alicia Campo, Sarai Samartín, Haridian Rodríguez, Thais Fermo e Gerardo Carrera.  E pola banda do Zubileta Evolution Zuazo Barakaldo foron excluídas Isabel Fernández-Agustí, Anne Erauskin, Magdalena Fernández-Agustí e o técnico, Joseba Rodríguez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Liga Guerreras Iberdrola, máxima categoría do balonmán feminino español.

Etiquetas #porriñoAitana SantomébalonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoHARIDIAN RODRÍGUEZiberdrolaIsmael MartínezLiga GuerrerasSarai SamartinThais FermoZubileta Evolution Bm. Zuazo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Abegondo, campión benxamín da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Abegondo e Abegondo superstar, campións da 1ª edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

  Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran...

Cecilia Cacheda ficha polo Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cecilia Cacheda ficha polo Mecalia Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

A xogadora galega procede do Motive.co Gijón, onde militou catro tempadas, pero Cecilia Cacheda é canteirá do Porriño. A súa...

Cristina Cabeza, nova adestradora do Atlético Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza substitúe a Ana Seabra á fronte do banco do Mecalia Atlético Guardés para o curso 2023-24

por Redacción As Nosas
18/05/2023
0

  A actual seleccionadora xuvenil, Cristina Cabeza, encabezará o novo proxecto do club miñoto. A preparadora madrileña, de 46 anos,...

Presentación do Open 5X5 Santa Comba de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Santa Comba acolle o Open 5×5 de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  Mañá e pasado (12 e 13 de maio) celebrarse o Open 5x5 Concello de Santa Comba de Balonmán na...

Rocasa Gran Canaria vs Mecalia Atletico Guardes, play-off polo título Liga Guerreras Iberdrola 2022-23 / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés sucumbe en Gran Canaria ante o Rocasa e queda eliminado do ‘play-off’ cun resultado de 25-21 no último partido

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés acusou o esgotamento físico e mental da final da Copa Europea. O gran nivel de...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.