• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño cede na segunda parte ante o Caja Rural Aula Valladolid (30-22)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/10/2023
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe BM Porriño / AULA VALLADOLID

Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe BM Porriño / AULA VALLADOLID

47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño medíase na xornada sete da liga Guerreras Iberdrola a un vello coñecido, o Caja Rural Aula Valladolid, o escenario foi o Pabellón Huerta del Rey. O resultado, non beneficiou ás galegas que caeron derrotadas por 30-22

Arrincou o partido da man do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño que modificaba o seu sete inicial con variacións na primeira liña, conformada por Vales, Santomé e Bengoetxea. Os dous primeiros ataques do partido non foron frutíferos para ningún dos dous equipos ata pasado o minuto dous no que Prelchi abriría o resultado. A resposta, por parte do Caja Rural Aula Valladolid, foi sinxela e rápido co gol doutra pivote, Marcela Arounian.

Entrado o minuto cinco, O´Mullony volvería marcar para poñer o 2-4 no electrónico. Os ataques do equipo galego estaban a ser longos, chegando a rozar o pasivo, pero atopando bos lanzamentos para portería. En canto á defensa, a súa 6:0 estaba máis adiantado do habitual, xa que así controlaban dunha forma máis fácil o lanzamento exterior das valisoletanas.

O tempo corría e ningún dos dous equipos acababa de atoparse. Con todo, chegaría Elba Álvarez para poñer o gol que situaría un tanto por baixo ao seu equipo e que tras un erro das galegas, Laguna poñería a igualdade.

Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe BM Porriño / AULA VALLADOLID
Caja Rural Aula Valladolid vs Conservas Orbe BM Porriño / AULA VALLADOLID

O Caja Rural Aula Valladolid non tardou en poñerse por encima, pero o ataque do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño estaba a ser efectivo, polo que a igualdade continuaba moi presente. Chegado o primeiro cuarto, o Conservas Orbe Rubensa volveu poñer un gol arriba (8-9).

O intercambio de goles entre o equipo galego e o valisoletano non permitía irse a ningún dos dous conxuntos do resultado, pero tras unha serie de erros do Caja Rural Aula Valladolid volvía poñerse dous goles por arriba o conxunto galego. Minuto 25 e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño atopábase nunha situación de dúas exclusións e cun resultado de 11-12.

O final do primeiro tempo estaba a chegar e parecía que ningún dos dous equipos despegábase do marcador. Os ataques traballados das porriñesas, xunto cunha defensa moito máis compacta permitiron ao Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño irse un tanto por encima ao descanso (14-15).

Baixou a efectividade do BM Porriño

A segunda parte deu comezo co gol de Jimena Laguna. Ao estar en igualdade, o conxunto porriñés optou de novo polos ataques posicionales pausados, pero estaban a atoparse a unha gran Alicia Robles en portería.

Sería no minuto oito, cando o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño veríase dúas abaixo no partido por primeira vez. Ante iso, o técnico porriñes solicitou tempo morto. As porriñesas atopábase obcecadas, pero Casasola tiraría de recursos para non irse do resultado e manter ao seu equipo en partido. Aos poucos e defensa tras defensa, Vales poñería o 19-18 pasado o minuto 10.

Con todo, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño non estaba nun bo momento e o Caja Rural Aula Valladolid sóuboo aproveitar para que no minuto 13:51 volver coller a vantaxe de tres goles ao seu favor. A defensa galega era intensa, pero a falta de gol estaba a facerse notar.

Maider Barros rompería a seca goleadora batendo a Alicia Robles, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño pasara case 10 minutos sen marcar. O tempo corría en contra das porriñesas que continuaban catro tantos abaixo (min 24:20, 25-21). Como resposta a defensa pasou a un 5:1 con Aitana no avanzado.

Na recta final do partido, Ismael Martínez volvía solicitar un novo tempo morto (min 26:20) ao ver ao seu equipo seis tantos abaixo. As porriñesas non terminaban de responder diante un Caja Rural Aula Valladolid que se atopaba cómodo. Chegou o final do partido e o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño non puido levar os dous puntos.

FICHA TÉCNICA

30) CAJA RURAL AULA VALLADOLID: Elba Álvarez (6), Jimena Laguna (5), Lydia Blanco, Inoa Lucio (2), María O´Mullony (8), Laura Bazco, Lorena Téllez (4), Irene Botella, Teresa Álvarez, Martina Romero, Marcela Arounian (3), Savina Bergara, Amaia González de Garibay (2), Claudia Moreno, Carmen Sanz y Alicia Robles.

22) CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO: Carolina Bono, Mica Casasola (2), Alicia Campo (2), Malena Valles (5), Inés Hernández, Aitana Santomé (1), Aroa Fernández, Maider Barros (4), Sarai Samartín (2), Paulina Buforn (2), Carmen Prelchi (2), Thais Fermo, Carme Castro, Maddi Bengoetxea (2), Ayelén Rosalez y Ana Palomino

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-4, 5-7, 8-9, 10-12, 11-12, 14-15, DESCANSO, 17-16, 19-16, 21-18, 23-19, 25-21, 30-22.

EQUIPO ARBITRAL: A parella arbitral estivo formada por David Montes e Armando Abel Pérez. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Carmen Prelchi, Inés Hernández, Malena Valles, Sarai Samartín e Ismael Martínez. Pola parte do Caja Rural Aula Valladolid excluíron a Amaia González de Garibay, Lydia Blanco, Marcela Arounian, María Prieto O´Mullony, Elba Álvarez e Miguel Ángel Peñas.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á sétima xornada da Liga Guerreras Iberdrola disputado no Pabellón Huerta del Rey.

Etiquetas balonmánCaja Rural Aula ValladolidConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoIsmael Martínez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

por Redacción As Nosas
12/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no serán de hoxe a ‘Xira Galega de Balonmán...

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

por Redacción As Nosas
27/05/2025
0

  Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a...

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

por Redacción As Nosas
18/05/2025
0

  O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do...

O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

por Redacción As Nosas
16/05/2025
0

  Todo a Europa. Esa é a aposta do Conservas Orbe Zendal BM Porriño que ten diante de si facer...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

  O Conservas Orbe Zendal BM Porriño pecha a tempada ligueira cunha derrota na casa diante dun sólido rival, o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.