• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A conciliación como clave do crecemento do Club Atletismo Sada

O CAS cumpre 25 anos con máis de 1.500 socios e 400 licencias entre as súas catro seccións: atletismo, triatlón, montaña e atletismo adaptado | Desde a directiva, Pilar Barreiro, atleta máster, e Adrián Pérez, director técnico, falan sobre a historia e evolución do club, e do papel dos pais e nais e as atletas máis destacadas

Iñigo Rolán por Iñigo Rolán
03/12/2021
en Atletismo
Pilar Barreiro e Adrián Pérez, do Club Atletismo Sada / ÍÑIGO ROLÁN

Pilar Barreiro e Adrián Pérez, do Club Atletismo Sada / ÍÑIGO ROLÁN

950
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

En 1996, o Club Atletismo Sada nacía da man de Isidoro Hornillos, actual presidente da Federación Galega de Atletismo. Tras anos dun lento crecemento e unha coordinación amadora, un cambio completo directiva reconduce o camiño desta organización. Fernando Míguez toma as rendas e xunto co resto do equipo de mando comeza a apostar por realizar atletismo na rúa e fomentar a participación en carreiras populares.

Persoas en idades máster empezaron a gozar deste deporte e foron apuntando aos seus fillos e fillas nas categorías inferiores. A medida que máis nenos e nenas se apuntaban, durante as mañás de competicións, os proxenitores que estaban no club aproveitaban para adestrar, mentres que os que non estaban nas bancadas. Estes fóronse unindo ás prácticas, o cal fixo medrar considerablemente a masa social do club, que conta xa con 1.500 socios e 400 licencias de competición divididas en catro seccións: atletismo, tríatlon, montaña e atletismo adaptado.

Así o narran dous dos membros o equipo directivo actual: Pilar Barreiro, atleta máster, e Adrián Pérez, director técnico. A pesar de levar respectivamente catro anos e un ano en Sada, coñecen perfectamente a historia de como este pequeno e mozo club de atletismo coruñés acadou o número de participantes que ten actualmente.

Pilar Barreiro e Adrián Pérez, do Club Atletismo Sada / ÍÑIGO ROLÁN
Pilar Barreiro e Adrián Pérez, do Club Atletismo Sada / ÍÑIGO ROLÁN

Un ano particular motivou unha nova reestruturación do Club Atletismo Sada

Pilar Barreiro comenta que en 2020, aproveitando o ano de transición provocado pola chegada da COVID-19, desde a directiva aproveitouse para facer unha reorganización e reestruturación, xa que debido ao tamaño ao que se estaba chegando, era inabarcable para as dez persoas (tres mulleres e sete homes) que a conformaban. E así foi como chegou ata teras sadense o actual director técnico.

“O punto clave é a conciliación. O resto de clubs non a teñen, en cambio nos a promovemos”, comenta Pilar  Barreiro sobre un dos aspectos principais da organización actual do club.

“O punto clave é a conciliación. O resto de clubs non a teñen, en cambio nos a promovemos”, salienta a directiva e corredora Pilar Barreiro

“Agora mesmo temos dous horarios diferentes: de 18.00 a 19.15 e de 19.30 a 21.00 horas. Os pais adestran na rúa mentres os nenos están na pista, unha vez acaban, vanse todos xuntos para casa”, engade Adrián Pérez a esta cuestión, á que remarca Pilar Barreiro que “ti podes levar ao teu fillo a outras actividades e como moito ti saes a facer outra cousa. Pero aquí o bo é a parte social, que os pais e nais despois nos reunimos. De feito eu empecei así, hai catro anos, como ‘mamá de’”.

A conciliación tamén se promove para os e as atletas adolescentes

Desde o ano pasado o Club Atletismo Sada ten en marcha o programa SENECAS, dirixido por Iaione Domínguez, no que a atleta de marcha apoia aos e ás adolescentes a organizar e planificar os seus estudos xunto co seus adestramentos. En todo momento hai unha comunicación cos seus pais e nais para que coñezan como evoluciona o seu fillo ou filla. “Un dos principais problemas que detectamos foi que moitos mozos e mozas deixaban o atletismo polos estudos. Grazas a esta iniciativa poden combinar ambas facetas da súa vida”, destaca Pilar Barreiro.

Pola súa banda, Adrián Pérez tamén resalta que “agora tamén lles buscamos clubs onde adestrar se marchan a vivir ou estudar lonxe de Sada. Así lles é máis doado continuar coa práctica deste deporte e seguen pertencendo ao CAS”.

Velocistas, lanzadoras… así son as atletas con máis proxección do CAS

En canto ao tema máis estritamente deportivo, das catro seccións, a máis grande é a de atletismo propiamente, que conta con máis de 300 licencias de competición. Pilar Barreiro e Adrián Pérez coinciden ao nomear as atletas máis destacadas nas categorías inferiores do CAS.

No campionato de Galicia sub23 celebrado o ano pasado na pista cuberta de Ourense, María Ezquerro acadou a medalla de prata en lanzamento de peso. Ademais, ao campionato de España sub18 de xullo deste ano acudiron Eva Santos, en lanzamento de martelo, e Inés Vázquez, para os 400 metros lisos.

Pero a sección máis laureada é a máster, onde compiten persoas de máis de 35 anos, o cal se puido comprobar no Campionato de España celebrado en Ourense o último fin de semana de novembro. O Club Atletismo Sada foi o que máis atletas enviou á proba, cun total de 29, e foi o segundo máis metais acadou, con 22, só por detrás do Playas de Castellón.

Un evento no que participou a propia Pilar Barreiro, quen conseguiu o bronce no 400 metros lisos, así como o ouro e o récord de Galicia no 4 x 200 Mixto 50 xunto con Jacinto, Montse e Fernando, o presidente. “O bo que temos nesta directiva é que tamén competimos, practicamos co exemplo e padecemos xunto co resto dos atletas do club”, comentaba entre risas.

Ademais tamén contan con outras tres seccións. “A de tríatlon, da que se encarga o vicepresidente Carlos Reinlein, encóntrase agora mesmo nun momento de transición debido á falta de infraestruturas para adestrar na que nos atopamos actualmente”, lamenta o director técnico, Adrián Pérez.

Aínda así, destaca que os que aínda permanece na sección continúan acudindo a competicións, como é o caso de Andrea Rodríguez, que participou no mundial de duatlón celebrado en Avilés a principios de novembro.

Felipe López é a persoa encarga da sección de montaña, onde destacana Covadonga Gallego, que acadou o terceiro posto na categoría máster no último campionato de España celebrado en 2019 e Cristina Yudego, que chegou a participar na competición a nivel galego.

No Club Atletismo Sada hai posibilidade de practicar deporte adaptado

Todas as persoas deportistas teñen sitio no Club Atletismo Sada. Xa falamos desa conciliación entre proxenitoras/es e fillas/os, de que contan con equipo máster, pero ademais, á procura constituir un espazo deportivo para todas as persoas, no CAS teñen tamén sección de deporte adaptado, na que se atopan persoas con diversidade funcional. Estas deportistas compiten dentro de cada unha das outras tres seccións.

Carmen América con Felipe López / CEDIDA
Carmen América con Felipe López / CEDIDA

Unha das atletas máis destacadas é Carmen América, da que xa temos falado previamente en As Nosas. quen participou na última CAMOVI xunto con Felipe López, que é o seu guía.

Tamén Ana Varela Mosteiro, quen chegou a ser internacional co seu guía, Luis Pinado. Ademais, ao longo de todas as categorías e modalidades se atopan persoas con diversidade funcional destrando e competindo en eventos a nivel autonómico.

Carmen América: o soño dunha atleta cega que prepara a maratón da CAMOVI 2023

Etiquetas Adrián PérezatletismoCarmen AméricaCASClub Atletismo SadaFelipe LópezFernando MíguezIsidoro HornillosPilar BarreiroSada
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Carreira ENKI / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

por Redacción As Nosas
19/10/2025
0

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.