O Campionato de España Absoluto – Infantil de Natación Artística disputouse na piscina nas Palmas de Gran Canaria do 26-28 de xuño de 2026 con participación de nadadores galegos de clubs como o CNA Galaico Pontevedra, CN Sincro Ourense, RCN de Vigo ou Sporting Casino.

Resultados máis destacados para os equipos galegos no Campionato de España Absoluto – Infantil de Natación Artística foron os seguintes segundo informa a FEGAN:
Dúo Mixto Infantil
- 5º – Mariña Calvo e Iván González de CNA Galaico Pontevedra
- 9º – Saúl Rodríguez, María Santos e Irene Álvarez de CN Sincro Ourense
- 13º – Isis Blanco e Isaac García de RCN de Vigo
Dúo Libre Infantil
- 18º – Enara Álvarez, Candela Corrochano e María Santos (reserva) de CN Sincro Ourense
- 21º – Deva Alonso e Luana Parente de CNA Galaico Pontevedra
- 24º – Mar Iglesias, Julia Toscano e Gala Puza (Reserva)
Dúo Libre Absoluto
- 22º – Iria Guevara e Marina de Apraiz de Sporting Casino
Equipo Libre Infantil
- 16º – CN Sincro Ourense
- 19º – CNA Galaico Pontevedra
- 20º – RCN de Vigo
Combo Infantil
- 15º – CNA Galaico Pontevedra
- 17º – CN Sincro Ourense
- 20º – RCN de Vigo





















