As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra avanzan na súa preparación de cara á competición de liga e fano crecendo a base de partidos. Veñen de participar no IV Torneio Internacional Cidade do Porto no que mediron forzas a tres equipos de maior nivel á procura de sumar experiencia.
Eso foi exactamente o que desde o Club Waterpolo Pontevedra din que acadou o bloque, que cualifican a participación no torneo luso como unha “gran experiencia competitiva para o equipo absoluto feminino” do Club Waterpolo Pontevedra en Porto. O equipo de Primera Nacional foi convidado polo Clube Fluvial Portuense para participar no IV Torneio Internacional Cidade do Porto, a pasada fin de semana do 24 e 25 de setembro.
Buena experiencia en el IV Torneio Internacional Cidade do Porto.
Muito obrigado Real Clube Fluvial Portuense 👏🤽♀️https://t.co/4xsKxbHGQw pic.twitter.com/7vdxtwKohY— Waterpolo Pontevedra (@WP_Pontevedra) September 28, 2022
“As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra viviron unha gran fin de semana onde tiveron oportunidade de medirse a tres equipos de nivel superior, onde o obxectivo era seguir sumando experiencia, e onde ademais deron unha gran imaxe”, explican desde o club pontevedrés.
Derrota por un gol do Club Waterpolo Pontevedra coas campioas da Taça de Portugal
O sábado enfrontáronse ao equipo anfitrión, o Clube Fluvial Portuense, disputando un partido moi igualado e xogando de ti a ti ás campioas da Taça de Portugal, perdendo só dun gol.
O domingo o CW Pontevedra tivo oportunidade de xogar fronte a dous equipos da máxima categoría do waterpolo español, División de Honra Feminina: CN Rubí e CN Boadilla, podendo sumar así unha gran experiencia competitiva que lles servirá para a súa nova aventura en Primeira División Nacional.