Na fin de semana celebrouse a I Regata Kayak Concello de Miño e o conxunto galego Club de Piragüismo Olívico alzouse como campión na clasificación xeral por equipos. O segundo clasificado foi o Club Kayak Vigo e os terceiros, o Club de Piragüismo Cambados.
Durante a mañá do domingo 25 de outubro disputáronse dúas probas. A primeira, que tivo a súa saída pasadas as 10:00 horas da mañá e na que as participantes tiñan que percorrer unha distancia total de 12.000 metros. Na categoría feminina xuvenil K-1 Sprinter 15000, a campioa foi Marta Mourelos, do Club CMDC Breogán do Grove, seguida por Sandra Leira, do Club Deportivo Náutico de Miño e de Eva Carballa, do Club Depornautic Arousa.
O Club de Piragüismo Olívico dominou en muller senior K-1 Sprinter 15000
Na categoría muller senior K-1 Sprinter 15000, as campioas na clasificación por equipos dominaron, xa que as tres primeiras clasificas pertencían a eses clubs. Ouro para María del Palacio; prata para Verónica Carrera e bronce para María Concepción Sanroman.

En K-2 senior mixto Sprinter 15000, gañou a embarcación formada por María Evangelina Vázquez e Juan Ramón Suárez, do Club de Piragüismo Cambados. Segundos foron Helena Torreiro e Heitor Sarina, da Sociedade Deportivas As Xubias, e terceiros Jessica Moledo e José Ángel Besada, do Club Piragüismo Olívico.

Unha hora e media despois, arrancaba a proba das categorías inferiores, na que as deportistas terían navegar un total de 5000 metros ao redor das costas de Miño.
Polo que respecta á categoría muller cadete K-1 Sprinter 5000, unicamente subiu ao podio a gañadora, Saskia Freitag, do Club Kayak Vigo. O mesmo lles pasou ás súas compañeiras de equipo, Amalia Bourgoin e Aroa García, que levaron a vitoria en K-2 Sprinter 5000.

Xa na categoría Cadete K-2 mixto Sprinter 5000, a medalla de ouro quedou na casa, xa que os gañadores foron Carmen Mosquera e Unai Quinteiro, do Club Deportivo Náutico de Miño. Sofía Losado e Manuel Álvarez, da Sociedad Deportiva As Xubias quedaron segundos e Lena Caballero e Óscar López, do Club Kayak Vigo, terceiros.
https://twitter.com/ConcelloMino/status/1320372041271398403?s=20