O Clarinos imponse trece puntos arriba ao Durán Maquinaria Ensino no Pazo dos Deportes de Lugo grazas a un bo final do primeiro cuarto que lles concedeu unha vantaxe que foi imposible de superar para as galegas.
As xogadoras do Clarinos Ciudad de La Laguna, chegaban a Lugo doídas pola contundente derrota que lle inflixira o Uni Girona. O Ensino pagou o pato. Trátase dun conxunto que pelexa por non perder o pé na zona alta da táboa e onte deixou claro en Lugo que ten potencial para poder ocupala zona nobre.
Avisara Carlos Cantero das exisencias que habería no xogo no unha contra unha, e aconteceu que as individualidades das laguneras superaron ao xogo de grupo das galegas. Xogadoras coma a escolta Tanaya Atkinson (24 puntos, 2 rebotes, 1 asistencia, 2 recuperaciones, 2 pérdidas e 21 de valoración en 25 minutos de xogo), sen dúbida a mellor das visitantes, Taylor (15 puntos), ou a ex do Ensino, Loyd (12 puntos), castigaron co seu acerto ante o aro ás locais.
🐐💜 One more time, Nay #MVP!
🔝 24 puntos, 2 rebotes, 1 asistencia, 2 recuperaciones y 2⃣1⃣ de valoración
🤘 @tanayaatkinson #LegadoMorado pic.twitter.com/9a5cOSutGA
— Ciudad de La Laguna Tenerife (@CBClarinos) October 24, 2020
As galegas estiveron sometidas ao dominio das laguneras no final do cuarto de arranque do choque. Ao final dese primeiro cuarto chegaríase cun 7-21 por mor de seis minutos finais de periodo que marcarían todo o partido. Semellaba un tanteo moi difícil de remontar para as de Carlos Cantero. Con todo, no segundo cuarto o parcial foi 20-20. Seguían por debaixo as galegas, pero non aumentaban distancias as tinerfeñas.
No terceiro cuarto as visitantes o conseguiron so dous puntos de vantaxe no parcial 16-18. E no último as locais apretaron ata conseguir non so mandar na pista se no tamén acadar un parcial de 17-14. Este resultado, se ben non abondou para levar os puntos, serviu para maquillar a vantaxe que conquerira o Ciudad de La Laguna Tenerife no primeiro cuarto do partido e que condicionou o choque para decantalo ao seu favor.
Nas galegas, unha semana máis Meritt Hempe foi a mellor. Acadou 20 puntos, 6 rebotes e recibiu 10 faltas obtendo 23 de valoración en 30 minutos disputados. Pese a esas cifra a MVP elixida polo público lucense na conta de Twitter do club foi Alba Prieto.
Vosotr@s la habéis elegido, @Albprimar es la MVP de la afición del partido de hoy.
🏀8 Puntos
📈 3/5 en TC
⛏️ 3 Rebotes
10 VALY mucha GARRA 🔥#SomosEnsino | #LFEndesa | #VoltaráLoita pic.twitter.com/lKyLILvMjB
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 24, 2020
Quinta vitoria do Ciudad de La Laguna
As tinerfeñas suman a súa quinta vitoria (dúas derrotas) na Liga Endesa, mentres que as galegas acumulan tres triunfos e catro partidos perdidos. Estos resultados ubican ás canarias quintas e ás galegas oitavas. Na conta de Tik Tok da xogadora visitante Gaby Ocete o plantel do Ciudad de La Laguna festexaba con esta coreografía a súa quinta victoria.
Ya tenemos la 5ª!! 😜🔥 @CBClarinos #TikTok pic.twitter.com/OZSWiCaSua
— Gaby Ocete (@Gabyocete5) October 24, 2020
O encontro transmitiuse en vivo pola páxina da FEB e pode verse en diferido nesta ligazón.
O seguinte compromiso na Liga Endesa para o Durán Maquinaria Ensino será visitando a cancha do Valencia B.C. o mércores 28 de outubro ás 20:30. Entre as xogadoras que adestra Rubén Burgos, está a ourensana Raquel Carrera Quintana.
FICHA TÉCNICA
DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Van den Adel (4), Stanacev (12), Vega Gimeno (8), Bea Sánchez (-), Hempe (20) – quinteto inicial -, Tamén xogaron: Laura Aliaga (5), White (3) e Alba Prieto (8).
CIUDAD DE LA LAGUNA TENERIFE: Nogic (11), Atkinson (22), Imovbioh (5), Taylor (15), Ocete (3) – quinteto inicial -, Tamén xogaron: Kalis Loyd (12), Montenegro (-), Herrera (-), Betancourt (2) e Kostoutkova (-).
PARCIAIS POR CUARTOS: 7-21; 27-41; 43-59 e 60-73.
ÁRBITROS: Asunción Langa, Igor Esteve e Sergio González. Eliminaron por faltas persoais a Imovbioh.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á sétima xornada da Liga Femenina Endesa. O encontro disputouse no Pazo dos Deportes de Lugo con aforo reducido por mor da situacións sanitaria pola pandemia de COVID-19.
Carlos Cantero: “Non estamos para competir dous días por semana”