• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

O Cidade de As Burgas GLS acompañará ao Viaxes Amarelle no ‘play-off’ de ascenso

As ourensás fixéronlle o pasillo ás coruñesas, campioas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/05/2022
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

213
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Poucas derrotas, ademais así de contundentes (7-0), poderán deixar nos beizos un sabor tan doce como a que imos contar nesta crónica. O Cidade de As Burgas GLS perdía na súa visita ao Pavillón da Sagrada Familia da Coruña por un marcador tan rotundo como irrelevante para o obxectivo final das ourensás nesta fase da competición. O resto de resultados da xornada e, sobre todo, o traballo desarrollado nesta liga, coloca ás pupilas de Manolo Codeso como o segundo equipo do Grupo 1 da Segunda División do FSF da RFEF que xogará o play-off de ascenso á Primeira División.

Foto de familia do Cidade de As Burgas xa clasificado para o play-off de ascenso á Primeira / SABELA MOSCOSO
Foto de familia do Cidade de As Burgas xa clasificado para o play-off de ascenso á Primeira / SABELA MOSCOSO

O Viaxes Amarelle FSF recibía ao Cidade de As Burgas GLS co seu billete para o play-off no peto e o título de campioas de grupo tamén asegurado matematicamente. Así, as verdibrancas fixéronlle o pasillo ás campioas laranxas ao saltar á súa cancha.

O Cidade de As Burgas GLS faille o pasillo ao Viaxes Amarelle, campioas do Grupo 1 da Segunda División do FSF da RFEF 21-22 / VIAXES AMARELLE FSF
O Cidade de As Burgas GLS faille o pasillo ao Viaxes Amarelle, campioas do Grupo 1 da Segunda División do FSF da RFEF 21-22 / VIAXES AMARELLE FSF

Era este partido, derbi galego, un cruce entre equipos que se respetan e se teñen aprecio, pero que sempre queren gañar. Así que como di o refraneiro: “amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale”. Nin cos deberes feitos quixo o Viaxes Amarelle FSF renunciar a seguir co seu paso firme e a súa serie inquebrantable de vitorias. A vítima foi, desta volta, un Cidade de As Burgas GLS que, pese a asinar unha segunda volta magnífica, chegaba con menos efectivos dos que quixera a medirse coas lideresas. O resultado: 7-0.

 

1 de 5
- +
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

1. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

2. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

3. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

4. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

5. Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

O equipo herculino que prepara o adestrador Jorge Basanta afrontaba esta fin de semana un emocionante, un derbi galego contra o segundo clasificado, o Cidade de As Burgas FSF GLS. O conxunto coruñés, do mesmo xeito que fixera no partido de ida, foi a por todas desde o primeiro segundo de partido. Foi así que conseguiu adiantarse con tres goles aos tres minutos de xogo.

O equipo ourensán buscaba meterse no partido, pero as herculinas mostráronse moi contundentes na pista e terminaron por certificar a vixésimo quinta vitoria tras impoñerse por un marcador de 7-0, con goles de Lau Doce (3), Yaiza (2), Candela Soria e Khrystyna Stepanenko.

 

1 de 4
- +
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
María Gómez, futbolista do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

1. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

2. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

3. María Gómez, futbolista do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

María Gómez, futbolista do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

4. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF moi metido no partido, e buscando a portería contraria desde o primeiro segundo de xogo, e diante dun rival que quería facer dano con balóns longos. As herculinas empezan a xerar as primeiras ocasións de xogo, e aos dous minutos, Lau Doce aproveita un rexeite dentro da área para subir o 1-0 ao marcador.

Apenas pasaran uns segundos, e chegaba o 2-0, tras unha deixada de balón a Yaiza, que desde a frontal non perdoaba o gol laranxa. O partido parecía un calco ao da primeira volta, onde as herculinas se tiñan adiantado moi cedo e marcaran así o partido.

 

1 de 4
- +
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Sandra Rodríguez, porteira do do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

1. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

2. Sandra Rodríguez, porteira do do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Sandra Rodríguez, porteira do do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

3. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

4. Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Pese ao esforzo defensivo visitante, Yaiza chegaba tras unha rápida transición local á meta visitante e anotaba o 3-0, cando aínda non pasaran tres minutos de partido. A gol encaixado por minuto, o Cidade de As Burgas quedaba tocado.

Manolo Codeso buscaba calmar o xogo e reconducir o encontro, e para iso solicitou un tempo morto buscando tratar de reordenar as filas do Cidade. Non funcionou. As locais con vantaxe no marcador, seguían buscando a portería visitante e ampliar distancias, o que chegaría na medianía do primeiro período co gol de Candela Soria, ao finalizar desde dentro da área un ataque local.

Pasaban os minutos e o conxunto visitante non era capaz de parar a un Viaxes Amarelle FSF, que ía a outro ritmo, e a falta de sete minutos para o descanso, Lau Doce poñía o 5-0 no electrónico. Foi ao finalizar unha xogada a pase de Khrystyna Stepanenko. Os últimos minutos da primeira metade, chegaron algunha que outra ocasión máis para as locais, pero o marcador mantívose no 5-0, para irse ambos os equipos ao tempo de asueto.

Na segunda metade o Viaxes Amarelle seguiu sumando goles

Logo do paso por vestarios, o partido estaba xa moi de fronte para o equipo dirixido por Jorge Basanta, pero o Cidade de As Burgas GLS FSF tampouco quería dar por perdido o encontro. As visitantes trataron de sorprender nos primeiros minutos, pero o Viaxes Amarelle FSF seguía presionando e buscando a portería contraria.

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

A falta de trece minutos para o final, Candela Soria fai unha gran xogada persoal por banda e toca o balón ao centro da área, onde Lau Doce, a pracer sobe o 6-0 ao marcador. Era o terceiro na súa conta particular. Hat trick para a futbolista.

As visitantes empezan a buscar sorprender co xogo de cinco, pero non conseguen finalizar os ataques, tras unha boa defensa do cadro laranxa. A pesar da diferenza no marcador, o Viaxes Amarelle FSF non baixaba a intensidade, e seguía presionando a saída de balón das visitantes, e froito desa presión, chegaba o 7-0 de Khrystyna Stepanenko, a falta de tres minutos, cando rouba un balón diante da porteira visitante e sobe o sétimo das herculinas.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

O Viaxes Amarelle FSF certificaba con este resultado de 7-0 unha nova vitoria nesta tempada, e o facía fronte a un segundo clasificado, que a pesar da derrota, certificaba a súa participación no play-off de ascenso a Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF. Ademais, o Cidade de As Burgas GLS accede á seguinte fase competitiva, a que determinará os ascensos de categoría, como o segundo con mellor coeficiente de todos os grupos.

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

Unha última xornada e logo, a polo o play-off

Cidade de As Burgas GLS e Viaxes Amarelle FSF teñen partidos pendentes aínda de esta fase pero abofé que xa están pensando na seguinte etapa e nos rivais que atoparán no seu camiño de regreso á elite. Ambos os dous equipos galegos saben o que é xogar na máxima categoría e queren regresar. Resta unha última xornada de competición regular e logo, os play-off decisivos.

No caso do Viaxes Amarelle FSF o último partido será o vindeiro sábado 28 de maio no Pavillón Municipal da Malata de Ferrol ás 17:30 horas, visitando ao Valdetires Ferrol FSF. Ese mesmo día, no Pavillón dos Remedios de Ourense as verdibrancas que adestra Manolo Codeso reciben ás 18:30 á AD Mioño.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

FICHA TÉCNICA

7) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Lau Doce, Cris Lourés, Yaiza e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patri Romaní, Èlia Gullí, María Gómez, Carlita, Khrystyna Stepanenko, Daryna Tkachenko, Irune Santesteban e Sandra Rodríguez.

0) CIDADE DE AS BURGAS FSF GLS: Ana Lastra, Sonia Pacios, Lucía Nespereira, Clara Fernández, Nerea Lorenzo – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Kiko, Amelia e Nahir.

GOLES: 1-0 Lau Doce (min. 2); 2-0 Yaiza (min. 3); 3-0 Yaiza (min. 3); 4-0 Candela Soria (min. 11); 5-0 Lau Doce (min. 13); 6-0 Lau Doce (min. 27); 7-0 Khrystyna Stepanenko (min. 36).

EQUIPO ARBITRAL: Borja Pérez Muñiz e Alberto Tóvar Rodríguez do Comité Técnico de Árbitros de Santiago de Compostela. Estivo na mesa Iván Enríquez Fontenla do Comité Técnico de Árbitros da Coruña. Amosaron cartón amarelo a Lucía Nespereira nas filas do Cidade das Burgas FSF GLS.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á vixésimo quinta xornada do Grupo 1 da Segunda RFEF Futsal Femenino disputado o sábado 21 de maio de 2022 no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da cidade da Coruña.

Etiquetas cidade de As BurgasFSFfútbol salafutsalplay-offViaxes Amarelle FSF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.