Nin Cidade de As Burgas GLS, nin Viaxes Amarelle conseguiron aínda puntuar tras tres partidos disputados, e os dous clubs están necesitados delo. Mañá, sábado 14 de novembro, enfróntanse no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense ás 16:30 horas na 5ª xornada da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF. O cruce determinará cal das dúas galegas queda co posto de colista na táboa clasificatoria. A meta de ambas as dúas escuadras será acadar os seus primeiros puntos na tempada 2020- 2021.
Tres xornadas disputadas son as que levan disputadas. Son tamén o número de derrotas acumuladas de ourensás e coruñesas. Ningún necesita que siga crecendo o número. Empatan tamén en diferencia de goles. Sepáranas na taboa un posto por mor de que o Cidade de As Burgas acadou un gol máis que as herculinas.
Seguindo coas cifras, estamos ante o segundo e terceiro equipo menos anotador e os que máis encaixan de toda a Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala. En definitiva, estamos ante dous rivais que camiñan parellos na corda frouxa da cola da clasificación.
O factor cancha, para o Cidade de As Burgas
Cidade de As Burgas e Viaxes Amarelle dirimirán un duelo galego de necesitados. O Cidade de As Burgas GLS é nesta tempada un equipo moi novo. A pesar de estar aínda sen puntuar xa puxo en apertos o pasado fin de semana ao STV Roldán FSF, cun marcador axustado.
As xogadoras que adestra Manolo Codeso tratarán de buscar os seus primeiros puntos, e fano co factor cancha a favor neste primeiro duelo galego de necesitados. As ourensás son fieis á súa filosofía de xogo polo que tratarán de levar ao cadro herculino ao seu terreo e tratar de sorprender pronto.
Una semana más, nuestras jugadoras y técnicos dan pleno de negativos en los test pic.twitter.com/iXMH68SGn3
— Cidade de As Burgas FS (@cidadeasburgas) November 13, 2020
Varias futbolistas entre algodóns no Amarelle
O equipo herculino, dirixido por Jorge Basanta, segue cunha liña progresiva de traballo tras o tropezo en Leganés hai dúas semanas; e a pesar da derrota do pasado fin de semana contra o Poio Pescamar FSF, o cadro herculino deixou moi boas sensacións sobre a cancha.
O Viaxes Amarelle FSF terá estes días entre algodóns a algunha das súas xogadoras por algunhas molestias físicas, e Anna Escribano será dúbida seria para poder afrontar o partido de rivalidade rexional desta fin de semana en terras ourensás.
O último duelo que viviron estes dous conxuntos, tivo lugar o pasado 6 de decembro na pasada Copa da Raíña; onde o cadro herculino conseguía o pase de fase tras derrotar ao Cidade dás Burgas GLS por un marcador de 5-3, tras irse o encontro á prórroga, por un empate a dous tantos durante o tempo regulamentario.
Para este cuarto encontro oficial da nova tempada, as herculinas visitarán no Pazo dous Deportes Paco Paz (Ourense) este sábado 14 de novembro de 2020, a partir das 16:30 horas, ao Cidade dás Burgas GLS.
Tal e como informa o Cidade de As Burgas, o partido dedicarase á campaña contra a violencia de xénero.
Este sábado a las 16:30 volvemos a jugar en casa, volvemos al Paco Paz ante el @amarellefsf e
El partido lo dedicaremos a la campaña contra la violencia de género “NON á violencia de xénero” que se podrá seguir a través de @TvG_2 pic.twitter.com/ntm0it2SzT— Cidade de As Burgas FS (@cidadeasburgas) November 11, 2020
Transmisión en directo pola TVG
As limitacións de desprazamento están moi presentes, xunto ás limitacións de aforamento das instalacións; e é por iso que nos é grato anunciarvos que o encontro vai ser retransmitido en directo a través da TVG2, e á súa vez na web de directos de deportes da CRTVG.
📽💪⚽️ NUEVO DERBI EN DIRECTO ‼️
Derbi gallego de necesitados en la #PrimeraRFEFfutsal
⚽️ @cidadeasburgas 🆚️ @amarellefsf
🗓 Sábado 14/11/2020
⏰ 16:30 h
📺 en @TVGalicia 2#FutsalFemenino #PrimeraRFEFfutsal #jornada5 #vamosNaranjas pic.twitter.com/tZqVwnBtOa— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) November 11, 2020