• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

O Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra 2022, puntuable para a Copa de España, congregará a 700 ciclistas

Este sábado dispútase unha nova edición na Illa dás Esculturas, de categoría C1 Internacional | Estará ciclistas galegas como Aroa Otero, Uxía Soto e María Filgueiras

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/10/2022
en Sobre rodas, Máis Deporte
Presentación do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Presentación do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

115
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A elite nacional e mundial da bicicleta volverá a ofrecer o mellor dos espectáculos este sábado 8 de outubro en Pontevedra coa celebración do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra, de categoría C1 e puntuable para a Copa de España da disciplina (trátase da segunda proba da mesma).

A organización deste Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra busca sentar as bases da celebración en 2024 do Campionato de Europa de Ciclocrós na cidade galega. Un obxectivo para o que traballan con afán as administracións e actores deportivos, que avanza polo bo camiño.

Será o circuíto de 3’4 quilómetros, cunhas condicións secas e por tanto a previsión de alta velocidade na disputa das probas, o escenario desta competición que organiza a Federación Galega de Ciclismo e patrocina o Concello de Pontevedra.

Cos últimos preparativos xa finalizados, ás 9h darase o pistoletazo de saída á competición coa disputa da proba junior. Alí daranse cita Carlos Gámez, gañador en Xixón, e tamén a gran baza galega Tomás Pombo (Cortizo Padronés). En mulleres a partir das 10:15h as favoritas serán Aroa Otero, Uxía Soto (ambas as do Supermercados Froiz) xunto a María Filgueiras (XSM) corredora do Río Miera Meruelo, aínda que adestra habitualmente co Club BTT Caimanes Betanzos.

María Filgueiras no CECXXativa / CEDIDA ZUBIKO PHOTO
María Filgueiras no CECXXativa / CEDIDA ZUBIKO PHOTO

A corredoras elite e Sub-23 buscarán ás 11:45h unha prestixiosa vitoria con moitas opcións para Lucía González (Nesta MMR), Olivia Onesti e Laura Verdonschot xunto a Sara Bonillo (Cams Basso), Sara Cueto (Unicaja) e Alicia González (Movistar).

Na quenda da proba masculina, Felipe Orts (Burgos BH), Kevin Suárez (Nesta MMR) e os galegos Iván Feijóo (Academia Postal Maceda) e Gonzalo Inguanzo (Supermercados Froiz) xunto aos holandeses Luke Verburg ou Stan pelexarán o título a partir das 13h.

Ciclocrós inclusivo

Ás 14:15 está prevista a proba de ciclocrós inclusivo, unha das novidades e aceno de identidade da carreira. Será a oportunidade para que os ciclistas con diversidade funcional poidan afrontar, nun percorrido idéntico, esta manga non competitiva. Unha apertura á integración, aos valores deste deporte e á superación que a través desta disciplina faise realidade sempre co galego Borja Gómez como gran referente e rompendo barreiras desde 2018.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CXPontevedra22 (@cxpontevedra)

Pola tarde será a quenda das/os cadetes que comezarán ás 17h. Canor Arboleya (Unicaja) e Lorena Patiño (XSM) terán o papel de favoritos polas súas boas actuacións en Xixón.

En canto aos veteranos, a próba máster 30, 50 e 60 masculina xunto a máster feminina do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra disputarase ás 18h mentres que os máster 40 masculino poñerán o broche cunha numerosa manga que ten a saída programada ás 19h.

Poderase seguir o Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra nas redes

As redes sociais serán o mellor escaparate para non perderse detalle deste Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra, no que a narración en directo das diferentes mangas poderase seguir a través de Twitter @CXPontevedra. En Facebook, a páxina CX Pontevedra incluirá a información e material multimedia máis destacado, así como a conta de Instagram @CXPontevedra con recursos durante o desenvolvemento das carreiras.

Tamén se poderá recibir calquera actualización e novidade do evento a través da Canle de Telegram do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra así como as clasificacións ao termo da competición.

Juan Carlos Muñiz salienta a posta de Pontevedra polo ciclocrós

O Ciclocrós Cidade de Pontevedra foi presentado no Concello de Pontevedra nun acto no que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; a deputada provincial Olga García Ballesteros; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; o responsable de Deporte Escolar da Xunta, Santiago Ferrer, e mailo responsable técnico de Ciclocross da Federación, Alberto del Río.

Tal e como asegurou Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego, a aposta de Pontevedra polo ciclocrós traduciuse en que, en tan só sete anos, “pasamos dunha proba da Copa de Galicia a un Campionato de Galicia e directamente ao fito histórico de acoller dous campionatos de España consecutivos, e agora, a un C1 internacional, outra Copa de España e a sede de 2024 do grande Campionato de Europa, por primeira vez en España”.

🔵Carlos Muñiz, presidente de la @F_Gal_Ciclismo, os quiere invitar a todos a disfrutar del mejor ciclocross el próximo sábado en #CXPontevedra @Pontevedrate #CECXPontevedra22 #Ciclocross #Pontevedra #CX pic.twitter.com/J9y1KYeH2Q

— CX Pontevedra (@CXPontevedra) October 6, 2022

“En resumo, o ciclocrós de nivel nacional e internacional é unha realidade en Pontevedra e todo isto grazas á aposta do Concello e á colaboración da Deputación e a Xunta, así como dos patrocinadores e colaboradores privados. Estamos ante unha posta de largo de cara ao Campionato de Europa de 2024, cun Ciclocrós Internacional Cidade de Pontevedra que xa ten uns 500 inscritos e no que probablemente superemos os 600 participantes. Pontevedra xa foi récord de participación nos dous campionatos de España”, subliñou o presidente da Federación.

Segundo sinalou Tino Fernández, “o Concello de Pontevedra acostuma a traballar cunha estratexia de continuidade, xa que non somos partidarios de facer eventos illados cunha Federación ou un club, senón de ir mellorando da man da Federación correspondente, o que ten unha proba palpable no trazado que fixo o presidente: comezamos hai sete anos con campionatos galegos e pouco a pouco fomos crecendo coa vista posta en organizar carreiras internacionais, nunha Federación como a de Ciclismo, que ten moitas noivas á hora de organizar eventos”.

“Afortunadamente, todos estes eventos que fomos realizando ao longo dos anos fóronnos xerando un prestixio nacional e internacional que nos permitiu obtar á proba do Campionato de Europa 2024 e, como paso previo, organizamos esta proba C1, que é o crecemento lóxico e tamén un xeito de testar un circuíto e unha organización que xa foi testado, que lles gusta tanto aos participantes como ás federacións e que nos axudou a conseguir un Campionato de Europa, pero que sempre podemos mellorar. Temos a sorte de ter a Illa das Esculturas, que nos permite organizar este tipo de probas en pleno corazón de Pontevedra e iso é un valor a ter moi en conta”, precisou o edil Tino Fernández.

¿Tenéis ganas de #CXPontevedra22? Seguro que que con estas imágenes las ganas se multiplican 😇@F_Gal_Ciclismo @Pontevedrate #CECXPontevedra22 #Ciclocross #Pontevedra #CX pic.twitter.com/g3YhsbxOxc

— CX Pontevedra (@CXPontevedra) October 5, 2022

Olga García Ballesteros incidiu na aposta da Deputación de Pontevedra polo deporte, apoiando a organización de grandes eventos, así como na importancia de que se vaia acadar unha cifra de 600 deportistas nun fito de carácter internacional “que agardamos que se poida seguir celebrando en vindeiros anos”.

Pola súa banda, Santiago Ferrer afirmou que “para a Xunta é unha satisfacción estar nunha proba destas características, de nivel nacional, que se desenvolverá nun contorno dunhas características de paraíso deportivo, como é a Illa das Esculturas”. “Sabemos que o éxito de organización está garantido coa xente que está a traballar neste evento e tamén o será de participación”, apuntou o responsable autonómico.

O ‘efecto contaxio’ de Pontevedra

Juan Carlos Muñiz destacou que, grazas á aposta do Concello de Pontevedra, estase a producir “un efecto contaxio” no resto dos concellos galegos, posto que “imos ter cinco probas internacionais, algo que ningunha outra federación autonómica acadou”.

“Iniciamos aquí, este sábado, a primeira proba internacional, e despois, o domingo en Marín, o 12 nas Pontes e outras dúas máis internacionais na provincia. Teremos participantes de Francia, Bélxica, Inglaterra, Estados Unidos, Italia… O que vai ser un escaparate para esta modalidade deportiva. E ademais, tampouco hai ningunha outra comunidade que teña 20 probas no calendario nacional e internacional. Pontevedra conta co mellor estadio improvisado do mundo para o ciclocross, que é o parque da Illa das Esculturas. Levamos uns cinco circuítos nesta cidade e non se repetiu ningún. Non coñecemos outro sitio no mundo con este contorno, accesos, zonas de servizos e infraestruturas”, engadiu Juan Carlos Muñíz, presidente da Federación Galega.

O percorrido desta carreira ciclista bordea o Lérez

No que atinxe ao percorrido do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra, mantense a esencia dun circuíto que bordea o río Lérez, onde a vantaxe está sempre do lado dos corredores máis potentes e con longas rectas nas que se chegarán a superar os 35 kilómetros por hora (a ausencia de choiva garante a rapidez da carreira).

As zonas técnicas deste Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra, como a dura rampla xusto antes de meta, apertarán aínda máis as mangas que cheguen igualadas ao final.

➡️INFORMACIÓN IMPORTANTE: Os dejamos el plano con la localización de los aparcamientos y los horarios para la solicitud de acreditaciones @F_Gal_Ciclismo @Pontevedrate #CXPontevedra22 #CECXPontevedra22 #Ciclocross #Pontevedra #CX pic.twitter.com/m1ATKfGpg4

— CX Pontevedra (@CXPontevedra) October 6, 2022

O circuíto do Ciclocrós Internacional Ciudad de Pontevedra redúcese levemente en distancia, xa que se elimina unha das ramplas na zona do colexio. Os puntos quentes do percorrido de 3,4 kilómetros serán a zona de tablóns antes do box, que tamén reduce a velocidade neste punto, as escaleiras, e o zigzag na ladeira e último repecho antes da meta.

Etiquetas Aroa oterociclismociclocrosCiclocrós Internacional Ciudad de PontevedraCopa de EspañaLorena PatiñoMaría FilgueirasPontevedraUxía Soto
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A ciclista Alejandra Neira, no Campionato de España de ciclocrós / LUZ IGLESIAS - FCG

Alejandra Neira e Inés Santalla irán coa Selección Española júnior ao Tour du Gevaudan Occitanie

por Redacción As Nosas
11/05/2026
0

  A santiaguesa Alejandra Neira non para de protagonizar excelentes novas. Logo de anunciarse que a partir do 1 de...

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.