• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

O Ciclocrós Cidade de Pontevedra, un éxito internacional con presenza de ciclistas galegas

Lucía González e Ryan Kamp adxudicáronse as carreiras Elite-Sub23 | María Filgueiras e Uxía Soto, segunda e terceira nas juniors | Vitoria de Lorena Patiño nas cadetes | Dous triunfos, tres segundos postos e un terceiro para o ciclocrós galego máster

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/10/2022
en Sobre rodas, Máis Deporte
Podio Elite Sub-23 no Gran Premio Ciclocros Cidade de Pontevedra / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Podio Elite Sub-23 no Gran Premio Cidade de Pontevedra / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Gran Premio Ciclocros Cidade de Pontevedra, de categoría C1 UCI, disputou na mañá deste sábado as probas internacionais. A proba tamén foi puntuable para a Copa de España de CX. Cunha participación de luxo, non defraudou o espectáculo que ofreceron os ciclistas e no escenario que acollerá o Campionato de Europa da disciplina en 2024.

A competición do Ciclocrós Cidade de Pontevedra arrincou ás 9h coa disputa da proba júnior masculina na que desde os primeiros metros impuxeron o seu ritmo os corredores italianos, formándose un grupo duns doce ciclistas que comezaría a romper superado o ecuador da carreira. Moi activos os transalpinos, lograron colocarse nas tres primeiras posicións para afrontar unha última volta na que o campión Samuele Scappini foi o máis forte, levándose o triunfo por diante do seu compatriota Tommaso Cafueri e do francés Fantin Gloux. Carlos Gámez logrou manter o liderado da Copa de España tras finalizar sétimo.

Na proba júnior feminina do Ciclocrós Cidade de Pontevedra viviuse unha emocionante carreira, tamén protagonizada polas italianas Federica Venturelli e Valentina Corvi que marcaron o ritmo desde o inicio. Moi ben colocadas María Filgueiras e Uxía Soto aguantaron o ritmo na cabeza, aínda que peor sorte tivo Aroa Otero que tras unha caída rodou por detrás. Soto tentouno, aínda que foi neutralizada xa na volta final, quedando eliminada Corvi por problemas mecánicos. Xa na recta final Venturelli non deu opción a María Filgueiras que finalizou segunda mentres que Uxía Soto acusou o esforzo e non puido disputar o triunfo quedando terceira. Aroa Otero, cuarta finalmente, logrou manter o liderado da Copa de España.

Podio junior no Gran Premio Cidade de Pontevedra / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO
Podio junior no Gran Premio ciclocros Cidade de Pontevedra / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Ás 11:45h deu comezo a proba feminina na que todas as miradas centrábanse na campioa de España e líder da Copa, Lucía González, que non defraudou. Desde a primeira volta marcou o ritmo a asturiana escapándose xunto á súa compañeira Sofía Rodríguez para vivir un duelo moi parecido ao que protagonizaron en Gijón. Rodaron xuntas toda a proba as dúas ciclistas do Nesta-MMR, pero na meta Lucía González non deu opción á valenciana, e logrando o seu segundo triunfo desta Copa de España.

Case enlazando coa cerimonia do podio feminino, deu comezo a proba masculina con grandes nomes internacionais que demostraron o seu bo facer nas campas. Arrincou moi rápida a carreira, seleccionándose pronto un grupo de favoritos, do que tivo que descolgarse o vencedor do pasado ano Kevin Suárez debido a unha rotura do cambio. Pronto comezou a marcar un duro ritmo na cabeza Ryan Kamp, rompendo o grupo e escapándose en solitario en busca da vitoria, tras el Felipe Orts mantivo a vantaxe xunto a Luke Verburg, que liderou en todo momento a proba sub-23. Hai que destacar a gran remontada de Kevin Suárez tras a súa avaría que finalizou cuarto e mantén o liderado da Copa de España.

Antes do parón de mediodía, disputouse a proba de ciclismo inclusivo. Unha manga non competitiva na que persoas con diversidade funcional puideron percorrer o circuíto e afrontar no mesmo escenario que o resto de categorías unha bonita oportunidade. O ciclismo e o deporte, cos seus valores de inclusión, non deixaron a ninguén atrás neste Ciclocrós Internacional Cidade de Pontevedra.

Tras a intensa xornada matutina, a tarde comezou coa disputa da manga cadete na que tomaron primeiro a saída as mulleres da categoría, para uns minutos despois saír os mozos. Na proba masculina viviuse unha bonita loita entre Eric Igual, Óscar Orts e Roc Cubí, que na volta final decantouse cara ao líder da Copa de España. Vitoria con relativa comodidade e máis vantaxe para el na xeral do certame.

A proba feminina do Ciclocrós Cidade de Pontevedra tivo menos historia xa que a líder da Copa, Lorena Patiño non quixo sorpresas e logrou abrir vantaxe case desde o inicio para facerse co triunfo de forma moi solvente. Acompañáronlle no podio Leyre Almea e Lida Castro.

Chegou a quenda da primeira manga máster na que competiron os máster 30, 50 e 60 xunto ás mulleres masters. A vitoria nos máster 30 levouna José Luis Blanco, por diante de Miguel Llaneza e Josep Chavarría; en máster 50 triunfou José Luis Rebollo, e estivo acompañado no podio por Marco Antonio Prieto e Antonio Sousa; en máster 60 repetiu triunfo Abelardo Martínez, impoñéndose a Manuel González Ojea e Jesús Manuel Fernández.

Nas categorías femininas do Ciclocrós Cidade de Pontevedra , Beatriz Megido impúxose en máster 30, en máster 40 venceu Marina González a Ruth Moll e Cleiren Veerle, mentres que en máster 50 ninguén puido con Isabel Castro que estivo acompañada no podio por Sonia Costoya e María del Carmen Armada.

A competición neste Ciclocrós Cidade de Pontevedra finalizou coa proba máster 40, na que de novo, como pasou en Gijón, obtivo o triunfo o excampión de España Isaac Suárez. Xunto ao de Los Corrales de Buelna estiveron no podio Andrés Calvete e José Domingo Cadavieco.

Nas entregas de premios estiveron presentes Tino Fernández, concelleiro de deportes do Concello de Pontevedra; Ana Laura Iglesias, deputada provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra; Delio Fernández, ciclista profesional; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego e David Carrillo, secretario da Federación Ciclismo Galego.

O fin de festa e o gran sabor de boca da proba a nivel tanto organizativo como deportivo, convértese en motivo de parabéns para todos os axentes implicados. O Concello de Pontevedra como patrocinador e a Federación Ciclismo Galego avanzan así no seu gran obxectivo: a disputa en 2024 do Campionato de Europa na Illa das Esculturas de Pontevedra.

Balance do ciclismo galego no Gran Premio Ciclocros Cidade de Pontevedra 

Ás oito presenzas no podio e catro camisolas de líder acadadas pola representación galega, hai que engadir os seguintes postos no top-10:

  • Cadetes masculinos: sexto Mauro Vega (Coruxo), oitavo Santiago López (XSM) e décimo Xian Alvariño (Ponteareas)
  • Cadetes femininas: cuarta Iris Fernández (Academia Postal-Maceda), sexta Alba Gregores (Ponteareas), décima Alejandra Neira (Compostelano)
  • Júnior masculino: décimo Tomás Pombo (Padronés-Cortizo)
  • Júnior feminina: décima Xiana Camiña (Avanza-O Porriño)
  • Sub23 masculino: décimo Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz)
  • Sub23 feminina: quinta Laura Mira (Supermercados Froiz)
  • Elites masculinos: cuarto Iván Feijoo (Academia Postal-Maceda), sétimo Samuel González (Máis Que Bicis).
  • Elites femininas: sétima Irene Trabazo (XSM), décima María Jesús Barros (Team Oiense)
  • Máster-30 masculinos: sexto Alejandro Mesías (CiclosQuintena), oitavo Jorge Pérez (Os Esfola Arrós)
  • Máster-40 femininas: quinta Nazaret Casal (Lasal Cocinas-Louriña), novena Laura Rodríguez (Toxo), décima Andrea Pousada (Poio Bike)
  • Máster-40 masculinos: cuarto Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko), sétimo Moisés Leboso (G.D. 10), noveno Manuel Armada (Cidade de Santiago)
  • Máster-50 masculinos: sexto José Manuel Comesaña (Monteferro), sétimo Miguel Rey (Arteixo-MB3), oitavo José Manuel Gómez (Xesteiras), noveno Mario Castro (Speedcross), décimo José Ramón Caamaño (Chantadino)
  • Máster-60 masculinos: quinto Antonio González (Salvaterra), sexto Manuel Dorrio (Cambre), sétimo José Manuel González (Academia Postal-Maceda), oitavo Constante Lestido (Speedcross)

Máis información e Clasificacións do Gran Premio Ciclocros Cidade de Pontevedra

Etiquetas ciclismociclocroscidade de PontevedraMaría Filgueiras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación proba carralesa da Copa Galicia XCM / CONCELLO DE CARRAL

A II Copa Galicia XCM chega a Carral coa intención de reunir uns 400 deportistas o 6 de agosto

por Redacción As Nosas
29/07/2023
0

  Carral xa ten data para celebrar a II Copa Galicia XCM: será o domingo, 6 de agosto. A proba,...

Copa Galicia XCM 2023 / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Copa Galicia XCM todo un repóker de maratóns sobre rodas con inicio en Viveiro

por Redacción As Nosas
29/07/2023
0

  A última Copa Galicia de BTT do 2023 ponse en marcha este domingo. A Viveiro Bike Xtreme volve aos...

Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

Lorena Patiño, sétima na proba de XCO do European Youth Olympic Festival 2023

por Redacción As Nosas
28/07/2023
0

  O BTT galego viviu esta semana un día para o recordo. A ciclista Lorena Patiño, unha das grandes promesas...

Gran Premio Ciclismo - Concello de Oia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

O Cambre – Renault Caeiro certifica en Oia o seu trío de títulos na Copa Galicia do Porvir

por Redacción As Nosas
25/07/2023
0

  O Gran Premio Ciclismo - Concello de Oia estreouse no calendario o pasado sábado e fíxoo como cuarta e...

Podio do V Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park / FCG

Dez galegos no podio do V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, punto final da Copa de España

por Redacción As Nosas
25/07/2023
0

  Tres centenares de riders converteron á Estación de Montaña de Manzaneda na capital do ciclismo de descenso estatal durante a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.