• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

Visibilidade e respecto foron dúas das chaves que se apuntaron no camiño de mellora da situación do deporte feminino

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/11/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O ciclo 'Deporte para a igualdade' comenzou cunha conversa con pioneiras do deporte coruñés, na imaxe: Loli Touriño, Ángela Rodríguez, Lis Franco, Pili Neira, Dolores Tasende e a moderadora, Helen Roca / AS NOSAS

O ciclo 'Deporte para a igualdade' comenzou cunha conversa con pioneiras do deporte coruñés, na imaxe: Loli Touriño, Ángela Rodríguez, Lis Franco, Pili Neira, Dolores Tasende e a moderadora, Helen Roca / AS NOSAS

471
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

‘Deporte para a igualdade‘ é o nome do ciclo que o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, ten posto en marcha ao redor dunha data tan significativa coma o #25N. As sete conversas con diferentes perfís protagonistas súmaselles unha exposición fotográfica, con imaxes de Manu Boutureira e Cristian, que se pode visitar no Fórum Metropolitano ata o 3 de decembro, data na que se celebrará  a última das conversas.

A primeira cita foi, como non podía ser doutro modo, coas pioneiras do deporte coruñés. Empezando, polo tanto, polo principio, polas que abriron paso.

Xustamente o 25N, na sala Marilyn Monroe do espazo que acolle a mostra gráfica o público asistente puido escoitar as vivencias de mulleres pioneiras do deporte coruñés como Pili Neira, Lis Franco, Dolores Tasende, Loli Touriño e Ángela Rodríguez, moderou o debate outra pioneira, Helen Roca. 

Na conversa falouse da importancia da visibilización “o que non se ve non atopa apoios en patrocinios”, lembraba a ex xogadora de baloncesto Ángela Rodríguez.

Dolores Tasende, nome propio do atletismo coruñés, explicaba que a súa experiencia leváballe a pensar que “unha vez estás na elite do deporte todo é máis doado”. Explicaba, por exemplo, que cando con 16 anos entrou no equipo de atletismo do RC Deportivo e empezaron os éxitos deportivos, mudaron as condicións. “No comezo había poucos medios, en roupa de abrigo, por exemplo. Eu cheguei a ter un sueldo do Deportivo xa que adestraba mañá e tarde. Xa cando entras na Selección xa cambia todo”, explicaba segundo a súa experiencia.

As pioneiras recibían insultos machistas

Entre as anécdotas que se relataron dos comenzos destas pioneiras na práctica deportiva nuns tempos nos que todo era aínda máis complicado e no que se recibían críticas por ser mulleres deportistas. Pili Neira comentaba que tivera a sorte de ter “uns pais marabillosos que me deixaban seguir xogando pese a que lles decíanlle pola rúa “a túa filla naceu cambiada”‘. Dolores Tasende comentaba que cando corrían pola zona de Elviña, as mulleres que as vían correr lles dicían “por que non ides coser”, ao que elas contestaban “non nos gusta”.

Na cita había dúas ex xogadoras do Karbo, Lis Franco e Pili Neira. Elas mesmas sorprendíanse por ter vivido as mesmas experiencias no deporte, pero ter recordos diferentes do vivido. Lis Franco explicaba: “son unha privilexiada son filla do meu pai, como todos, pero meu pai era futbolista. Había quen nos mandaba fregar, pero eu sempre me quedei co bonito de que facía o que me gustaba. A miña historia é bonita. Goceina e metín goles. Daquela os medios apoiábanos”.

Xusto nese punto discrepaba a lembranza de Pili Neira, a ex futbolista e adestradora puntualizaba que, na súa opinión “a prensa empezou a facerlle caso ao Karbo a raíz do primeiro campionato. Temos xogado con roupa doutros equipos como o Imperátor. E ao principio escoitabamos cousas como marimacho, pirucho…”

Avanzouse pero queda moito por andar

Consultadas sobre se consideraban que houbo mellora nas condicións das deportistas. O sentir xeral é que, tendose avanzado na igualdade no mundo do deporte, aínda hai moito que solucionar. A muller segue a cobrar moito menos. Tal e como se apuntou na conversa o deporte é un reflexo da sociedade.

Ángela Rodríguez poñía o foco na visibilización e na profesionalización: “Algo de evolución houbo. Por exemplo, nas transmisións televisivas. En División de Honor todas as xogadoras cobran un soldo. Levamos anos de retraso que hai que recuperar”, matizaba.

Lis Franco admitía que se ten “evolucionado”, pero confesaba non soportar “a dobre moral. O si…pero… “.

Falouse tamén nesta conversa do absurdo de comparar unha modalidade masculina coa correspondente feminina. Púxose como exemplo que o fútbol masculino dos anos 70-80 non ten nada que ver co de agora. Se pensamos nos anos de evolución que ten o masculino con respecto ao feminino, podemos inferir que vai haber diferencias, ademais das físicas que sexan intrínsecas ao corpo de cada quen.

O punto de inflexión que supuxo a incorporación de categorías de base mixtas para a incorporación de máis nenas a diferentes modalidades deportivas de equipo, ou a polémica que actualmente hai ao redor do plante de xogadoras á Selección Española feminina de fútbol, foron outros dos temas sobre os que se debateu. “Imaxinades que 15 futbolistas da Selección Española masculina lle dixeran a Luis Enrique que non os convocase? Sería un escándalo. Pero parece que nada pasa cando acontece coa feminina”, comentouse neste espazo de reflexión.

Visibilidade e respecto, chaves da igualdade

Unha das preguntas que se plantexeou nesta conversa entre pioneiras é que fai falta para seguir avanzando en prol da igualdade no deporte? As respostas foron: visibilidade, aceptación das mulleres, respeto e evitar comparacións.

💜 Este #25N comezamos coa programación do ciclo de debates ‘Deporte para a igualdade’.

Tras inaugurar a mostra fotográfica, que se pode visitar no Fórum Metropolitano ata o 3 de decembro, estivemos 🗣️ falando con pioneiras do deporte coruñés.

chío 1/3 pic.twitter.com/RNQaCzeMda

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 25, 2022

Cita coa elite 

A seguinte cita deste ciclo ‘Deporte para a Igualdade’ é hoxe, 28 de novembro, esta vez coa élite como protagonista. Novamente o Fórum Metropolitano é o espazo de reunión. Nesta conversa, moderada pola psicóloga deportiva e deportista Madó González, falarán deportistas de elite da cidade como Cris Martínez e Diego Villares (futbolistas do RC Deportivo), Ángela Rodríguez.  (atleta), David Arcay (pesca), Sofía Toro (campioa olímpica de vela). Agárdase tamén a presenza dun deportista en representación do Básquet Coruña.

Calendario de charlas “Deporte para a igualdade”

Pioneiras

25 de novembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano

  • Lis Franco
  • Pili Neira
  • Dolores Tasende
  • Loli Touriño
  • Ángeles Rodríguez
  • Modera: Helen Roca (CRAT)

Elite

28 de novembro, ás 16.30 h no Fórum Metropolitano

  • Diego Villares (RC Deportivo)
  • Cris Martínez (RC Deportivo)
  • Básquet Coruña, pendente de confirmación
  • Carmen Sánchez Parrondo
  • David Arcay
  • Sofía Toro
  • Modera: Madó González (La Mochila del Deporte)

Persoal técnico

  • 29 de novembro, ás 17.15 h no Palacio dos Deportes de Riazor
  • José Carlos Tuñas (Coruña Comarca)
  • Rosa García (Club Patín Maxia)
  • Stanis García (Hockey Club Liceo)
  • Raúl Solleiro (Club Natación Coruña)
  • María Antonia Castiñeira (AMI Montañismo)
  • Modera: Ana Yakimenko (Ximnasia Coruña)

Clubs deportivos

30 de novembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor

  • Marina Sánchez (AFAC)
  • Bernardo Romay (Judo Club Coruña)
  • Humberto Ramírez (CRAT)
  • Rosa Rilo (Brigantias)
  • Paula López (Fillas de Breogán)
  • Modera: Cristina Vara (atleta de carreiras populares)

Medios de comunicación

1 de decembro, ás 17.00 h no Palacio dos Deportes de Riazor

  • Pepe Torrente (Cadena COPE)
  • Vanessa Casteleiro (fotógrafa)
  • Sara Gallego (Intercoruña Radio)
  • María Varela (La Opinión A Coruña)
  • Xosé Antón Fraga (TVG)
  • Modera: Alberto Torres (DxT Campeón)

Arbitraxe

  • 2 de decembro, ás 17.00 h no Fórum Metropolitano
  • Teresa Martínez (hóckey en patíns)
  • Dolores Rojas (marcha atlética)
  • Rubén Eiriz (fútbol)
  • Zeltia García (ximnasia)
  • Paula Lema (baloncesto)
  • Modera: Mar Barcón (La Mochila del Deporte)

Deportistas con discapacidade

3 de decembro, 11.30 h no Fórum Metropolitano

  • Alberto Seoane (Club do Mar)
  • Ana Varela (independente)
  • Ángel Caamaño (GRUMICO)
  • Ángel López (ENKI)
  • Isolina Piñeiro (ANPANXOGA)
  • Modera: Margarita Barrera (ADCOR)
Etiquetas 25NA CoruñaÁngela RodríguezConcello da CoruñaDeporte para a IgualdadeDolores TasendeFórum MetropolitanoHelen RocaIgualdadeLIS FRANCOLoli TouriñoPili Neira
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.