O CRAT conta con novo director técnico na figura de Juan Pablo Chorny que chega do Club Rugby Ferrol, onde exercía as mesmas funcións desde 2018.
Chorny terá, entre outras responsabilidades, a de coordinar aos adestradores e a de dispoñer o funcionamento da escola do club, co obxectivo de alcanzar os mellores progresos a longo prazo.
O arxentino chegou a Galicia tras ser adestrador e director técnico do Club Deportivo Portugués de Comodoro Rivadavia. Antes érao no Calafate, tamén da mesma localidade arxentina. Comezou en 2008 como adestrador do Unión do Sur de Mar do Prata e, en anos posteriores, combinou a dirección técnica coas funcións de adestrador principal no Club Pueyrredón e no San Ignacio, ambos de Mar do Prata.
Juan Pablo Chorny desenvolveu a súa carreira como xogador integramente no Club Pueyrredón, de 1990 a 2015. Agora, Chorny afronta o reto de suplir a ausencia de Helen Roca e tratar de achegar, desde a súa experiencia, solucións que permitan ao CRAT Residencia Rialta seguir crecendo como club referencia do rugby en Galicia.