Dúas Fernandas aterran na Coruña ao rescate e como reforzo para o HC Borbolla. As xogadoras chilenas do club galego de hoquei a patíns, representante da comunidade na máxima categoría, chegaron onte á cidade herculina. O aeroporto de Alvedro acollía as deportistas que se suman aos efectivos de Santi Martínez un mes despois do previsto. A súa chegada é auga de maio para o conxunto de Monte Alto que a vindeira fin de semana enfróntase ao líder.

As patinadoras chilenas Fernanda Tapia e Fernanda Muñoz xa están na Coruña para sumarse e reforzar ás filas do o Hockey Club Borbolla. Chegan xusto a tempo xa que as coruñesas aínda non coñecen a victoria e teñen coma próximo rival as actuais campioas e líderes da categoría, o Magic Studio CP Manlleu.
A cancerbeira Fernanda Tapia repite nas filas das ‘tomatitas’. Para goleadora Fernanda Muñoz será a primeira vez defendendo a elástica vermella e negra do HC Borbolla. As dúas arriban con ganas e ilusión por sumar. As dúas deportistas son internacionais coa Selección de Chile, coñecidas como as ‘marcianitas’.
Neste vídeo colgado polo club podemos ver varias xogadas de Fernanda Muñoz en modo ‘killer’ diante da meta rival.
— Hockey Club Borbolla (@HockeyCBorbolla) October 5, 2020
Dous partidos disputados como local nesta OK Liga 2020-21 e dúas derrotas son a bagaxe do HC Borbolla en canto a resultados. No que atinxe a aprendizaxe, as galegas que adestra Santi Martínez van aprendendo e apuntando cousas que mellorar para os seguintes partidos.

Primeiro encontro desta tempada 2020-2021 foi contra o CP Alcorcón, co que caero por un marcador de 1-2, e esta fin de semana a o segundo golpe chegou fronte ao Cuencas Mineras (3-5). Ambos os dous son rivais directos na loita pola permanencia na elite estatal, o obxectivo das galegas.
O momento para pórlle fin a esta serie será o vindeiro sábado 10 de outubro cando as galegas e enfrontarán ao Magic Studio CP Manlleu ás 17:00 horas xa cos dous reforzos das internacionais chilenas. Pouco teñen que perder xa que se trata das actuais campioas da OK Liga. Se cadra esa diferencia de obxectivos que fai que sobre o papel as favoritas sexan as catalás, fai que as galegas salten á pista sen complexos e a por todas.
O Magic Studio CP Manlleu é líder. Conta todos os seus partidos por triunfos. Venceu 4-0 ao Girona na primeira xornada e 0-3 a domicilio a Las Rozas na segunda. Sete goles anotados e ningún encaixado.
Bienvenidas pic.twitter.com/9d3vIvNV0S
— Hockey Club Borbolla (@HockeyCBorbolla) October 5, 2020