- O CV Arenal Emevé incorpora ao staff do seu equipo feminino a Charly Carreño toda unha lenda do vóley español.
- O técnico almeriense acumula 31 títulos como xogador e adestrador entre os que se atopan a liga Iberdrola, a Copa do Rey, a Copa da Raíña ou a Supercopa de España en ambas as categorías.
- Na súa última experiencia no O Porto proclamouse campión de Liga e Supercopa femininas de Portugal.
- Como xogador foi 372 veces internacional e disputou os Xogos Olímpicos de Sidney 2000.
O CV Arenal Emevé chegou a un acordo con Charly Carreño para que lidere o staff técnico do equipo feminino ata final de tempada. A chegada do adestrador almeriense supón a incorporación dunha lenda de voleibol en España, que acumula 31 títulos na súa traxectoria como xogador e adestrador.
Despois dunha exitosa carreira dentro da pista, na que defendeu a camiseta dalgúns dos clubs máis
prestixiosos do país como Unicaja e Guaguas, a traxectoria do novo adestrador do CV Arenal Emevé como adestrador non queda atrás. Charly Carreño, que foi internacional con España en 372 ocasións e participou nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, comezou a súa andaina nos bancos en Unicaja Almería, co que gañou dúas Copas do Rey e logrou unha histórica clasificación para a Final Four da CEV Cup. En categoría masculina tamén adestrou a outro dos grandes portaviones do vóley español, como é o Teruel, co quelogrou Copa e Supercopa.
Antes do seu paso polo club aragonés, o novo técnico do CV Arenal Emevé deu os seus primeiros e exitosos pasos en categoría feminina. No seu debut con Feel Vóley Alcobendas levantou cópa Princesa e posteriormente, na tempada 2013-2014, logrou un triplete co CV Logroño que foi o inicio da era de dominio do voleibol español por parte das rioxanas.
Catro anos no Chênois Genève VB suízo foron a antesala á súa última experiencia no O Porto feminino co que logrou a liga e a Supercopa.
A chegada de Charly Carreño “supón cumprir un soño moi difícil de conseguir que finalmente se deu, coa satisfacción que supón para nós. Un profesional deste calado vai sumar e a seguir facendo crecer ao club. Xunto a Manuel Blanco, Ricardo López e Miguel Morandeira completa un staff técnico cunha experiencia e profesionalidade que vai poder traballar moi ben para conseguir os obxectivos”, sinala o director Deportivo do CV Arenal Emevé, Rubén López.
Charly Carreño debutará no banco do CV Arenal Emevé o 7 de xaneiro
O novo preparador das lucenses xa completou as súas primeiras sesións co equipo coa colaboración de Manuel Blanco e Ricardo López, que seguirán formando parte do grupo de traballo. O debut do técnico almeriense producirase o próximo 7 de xaneiro no duelo que medirá ás súas con Ocisa Haro Rioxa Vóley ás 19:30 horas no Municipal.