• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

Charlotte, perdoa polo atraso

Natalia Pablo

Natalia Pablo por Natalia Pablo
18/07/2024
en Opinión
222
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Charlotte Cooper (1870, Inglaterra) forma parte da historia olímpica. Desa que, ás veces, permanece oculta pero que, non por iso, é menos importante. A tenista marcou un fito a nivel deportivo, converténdose na primeira muller en conseguir unha medalla olímpica nos Xogos que se celebraron en París no 1900. Pero Roma ou, neste caso París, non se construíu nun día. Por iso, antes de escribir o que se podería ver como o auténtico anticristo para aqueles que aínda rosman polos cambios, teño que dicir: Charlotte, perdoa polo atraso.

Descúlpanos, Charlotte. Descúlpanos porque tivemos que agardar 124 longos anos ata que (por fin) podemos dicir, con orgullo e vergoña a partes iguais, que acadamos a paridade olímpica. O xermolo do teu logro e o fito dos Xogos de Londres 2012, cando se acadou representación feminina en todas as disciplinas deportivas, parece que callaron. Custou, si, pero iso é un orgullo. Unha fachenda que se ve embazada pola invisibilización das metas conseguidas polas mulleres que coma ti, Charlotte, deixaron a pel para chegar ao máis alto.

París 2024 é a mostra dun cambio. Un espello do que a sociedade sente, cre e pensa: as mulleres e, neste caso as deportistas, queren e teñen que estar aí. Porque se existe paridade no esforzo, na dedicación e nos sacrificios, tena que haber tamén no recoñecemento. Nestes Xogos, serán 10.050 os e as atletas que competirán polos metais. E, o máis importante: a metade serán mulleres. Os números españois e galegos inclinarán a balanza a favor da representación feminina. No caso de España, dos 382 deportistas que loitarán por unha medalla, 192 serán mulleres. No caso de Galicia, haberá 17 mulleres competindo (do total de 32 participantes).

Pero que ninguén se engane. Esas 5.025 deportistas non xurdiron por combustión espontánea. E se non, que lle pregunten a Ana Peleteiro como logrou o bronce en Tokio 2020 ou como planea acadar o ouro en París. A pregunta pódeselle facer tamén a Teresa Portela que vivirá, neste 2024, os seus sétimos Xogos Olímpicos. Podemos repetir o proceso con Belén Toimil, a mellor lanzadora de peso de España.

En realidade, poderíamos formularlle a cuestión a Ana, a Belén e ás Teresas, pero tamén a Ester, ás Marías, a Julia, Carolina, Sara, Alicia, Tamara, a Paula, a Yulenmis, ás Antías, a Laura, a Desi, Susana ou a Araceli. Os seus apelidos falan por todas, pero se as despoxamos deles, a súa historia podería ser a doutras moitas mulleres que construíron a súa carreira deportiva cunha base común. E é que non hai fórmulas máxicas para acadar o máis alto, só esforzo, perseveranza e sacrificio ao máximo rendemento. E, por iso, Charlotte, tal e como ti fixeches hai xa máis dun século, os seus logros inspirarán e serán exemplo e referencia para as que veñan detrás.

Ás portas de que comecen os Xogos Olímpicos, e 124 anos despois desa primeira conquista olímpica en mans dunha muller, teño que dicir unha cousa:

Charlotte, perdoa polo atraso, pero estamos aquí e non imos dar nin un paso atrás.

Etiquetas Charlotte CooperNatalia PabloParís 2024Xogos Olímpicos
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Natalia Pablo

Natalia Pablo

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce desde hai media década a profesión. Primeiro en medios como Televisión de Galicia e La Voz de Galicia, e, agora, como responsable de prensa de diferentes institucións en Ártabra Comunicación. Nadadora e mergulladora nos seus tempos mozos. Especialización en comunicación con enfoque social para que, algún día, alcancemos unha igualdade real.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.