• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Chapela-Wofco triunfa na 4.ª Bandeira Feminina Concello de Rianxo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/07/2025
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Chapela-Wofco triunfa na 4.ª Bandeira Feminina Concello de Rianxo / LIGA GALEGA TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco triunfa na 4.ª Bandeira Feminina Concello de Rianxo / LIGA GALEGA TRAIÑEIRAS

32
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O club berete lidera a Liga Feminina e a Liga A despois de que este domingo as súas remeiras remontaran ante Tirán-Pereira e de que os seus remeiros dominaran por diante de Samertolameu-Oversea

A segunda fin de semana de competición da Liga Galega de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia rematou con  Chapela-Wofco lucindo as camisolas amarelas da Liga Feminina e da Liga. O club berete fixo este domingo un ‘dobrete’, coas súas mulleres acadando en Rianxo a segunda bandeira da temporada e os seus homes prolongando en Muros a súa condición de invictos.

O campo de regatas de Esteiro acolleu a XVIII Bandeira Concello de Muros, terceira xornada da Liga A. Despois da contra o reloxo da véspera en Mugardos, a regata organizada polo Club de Remo disputouse coas once traiñeiras repartidas en tres quendas.

Nun día plácido para remar, na primeira serie medíronse a filial de Cabo da Cruz, Cesantes-Rodavido e Mecos. O conxunto do Grove rematou o primeiro dos catro longos con 6 segundos vantaxe respecto ás outras dúas embarcacións e no segundo parcial ampliou a súa diferenza a 16 segundos sobre os de Boiro e a 21 en relación aos redondeláns. Esas posicións non variaron ata cruzar as boias de chegada.

Urme, o equipo local, compartiu a quenda intermedia con Bueu-Simei, Narón e Mugardos. Nesta serie establecéronse dous duelos dende o primeiro longo. Bueu-Simei realizou a primeira e a segunda ceaboga 2 segundos por diante dos anfitrións, mentres que Mugardos anulou no segundo parcial os 4 segundos que Narón lle metera na primeira referencia.

A igualdade en ambos pulsos desapareceu na segunda parte da manga. A Maruxía destacouse na primeira posición para acabar impoñéndose por 8 segundos a Urme, e Narón mesmo concluíu máis preto dos locais -a 6 segundos- que de Mugardos, da que se distanciou finalmente en 10. Aínda así, a Bestarruza mellorou o tempo de Mecos.

Os catro primeiros clasificados da xeral compareceron na última quenda. A invicta  Chapela-Wofco saíu a por todas e no primeiro longo foi 4 segundos máis rápida que Samertolameu-Oversea, 5 que Tirán-Pereira e 10 que Castropol.

Os beretes mantiveron a renda sobre os tercos no ecuador da regata. Ese ritmo non o puideron manter os do Con, a 9 segundos da Arealonga na segunda ceaboga, e os asturianos centrábanse en mellorar o tempo de Bueu-Simei, referencia da que ían á par.  Chapela-Wofco rachou a quenda no terceiro longo, colleitando 8 segundos de colchón, e o seu terceiro triunfo obtívoo con 10 segundos de vantaxe respecto a Samertolameu-Oversea.

A terceira praza na quenda e na bandeira correspondeu a Tirán-Pereira, a 12 segundos dos seus veciños, e a cuarta a Castropol, rebaixando en 9 segundos o tempo de Bueu-Simei.

Chapela-Wofco vence IV Bandeira Feminina Concello de Rianxo

A terceira regata da tempada da Liga Feminina do Trofeo Xunta de Galicia celebrouse en Rianxo, nun día nubrado, con pouco vento e mar en calma. As condicións foron óptimas para remar, favorecendo un desenvolvemento fluído e sen incidencias.

En disputa estaba a IV Bandeira Feminina Concello de Rianxo, cun total de dez traiñeiras divididas en tres quendas, e moito en xogo tanto pola bandeira coma polo liderado da liga.

Na primeira quenda competiron Cesantes-Bueu,  Rianxo e Castropol. Rianxo, remando na casa, saíu con forza e tomou a dianteira desde o inicio, liderando na primeira virada con 6 segundos sobre Cesantes-Bueu e 16 sobre Castropol.

As distancias mantivéronse na segunda virada, pero Castropol afundiuse ata os máis de 30 segundos. Na terceira e última virada, Rianxo afianzou o liderado, ampliando a súa vantaxe a 11 segundos sobre Cesantes-Bueu, e mantivo esa marxe no último longo para certificar a vitoria na manga. Castropol, moi descolgada, pechou a quenda sen opcións.

Chapela-Wofco triunfa na 4.ª Bandeira Feminina Concello de Rianxo / LIGA GALEGA TRAIÑEIRAS
Chapela-Wofco triunfa na 4.ª Bandeira Feminina Concello de Rianxo / LIGA GALEGA TRAIÑEIRAS

A segunda quenda estivo condicionada polos resultados da xornada anterior en Mugardos, o que levou a Mecos —a cuarta da xeral— a compartir quenda con Salgado-Perillo e  Cabo da Cruz. As tres embarcacións protagonizaron unha saída moi igualada, chegando á primeira virada practicamente xuntas, con Mecos unhas centésimas por detrás.

No segundo xiro, Mecos e Salgado-Perillo viraron no mesmo tempo, mentres  Cabo da Cruz quedaba a 6 segundos. Na última virada, Mecos colleu a dianteira e mantívoa ata o final para levarse a manga, con Perillo segunda a 5 segundos e  Cabo da Cruz terceira a 13. As tres superaron en tempo ás da primeira quenda.

Na terceira quenda partían as favoritas: a nova líder da liga,  Tirán-Pereira, acompañada de  Chapela-Wofco, Amegrove e  A Cabana de Ferrol, que remaba nesta quenda polo cuarto posto conseguido en Mugardos. Á primeira virada chegou liderando  Chapela-Wofco, con Amegrove a 4 segundos e Tirán-Pereira  a 6.

No segundo xiro, as da Arealonga mantiñan o liderado, pero Tirán-Pereira achegábase a só 1 segundo. Amegrove, sorprendentemente, caía ata os 25 segundos, en tempos similares ás da segunda quenda, e  A Cabana de Ferrol chegaba aínda máis lonxe, por detrás mesmo de  Rianxo.

Na terceira virada,  Tirán-Pereira consumou a remontada, pero no último longo  Chapela-Wofco reaccionou con forza e deu a volta á situación, cruzando a meta en primeira posición e proclamándose gañadora da bandeira, recuperando ademais o liderado da liga.

Tirán-Pereira foi segunda, mentres Amegrove, tras un inicio prometedor, rematou terceira da quenda pero sexta da clasificación xeral, por detrás de todas as embarcacións da segunda tanda. A Cabana de Ferrol, última da manga, rematou oitava, superada tamén por Rianxo, que firmou unha boa actuación na súa casa.

Etiquetas A Cabana de FerrolAmegroveCabo da CruzcastropolCesantes-BueuChapela WofcoCR Salgado - PerilloLiga Galega de TraiñeirasMecosRianxoTirán-PereiraTRAIÑEIRAS
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

por Redacción As Nosas
12/07/2025
0

  A Liga Feminina e a Liga A ofreceron unha tarde de remo en San Vicente do Mar (O Grove)...

Presentación da Liga Galega de Traiñeiras / LIGA LGT

Preto de 30 equipos competirán na Liga Galega de Traiñeiras

por Redacción As Nosas
21/06/2025
0

  Dez equipos competirán na competición feminina da Liga Galega de Traiñeiras nesta tempada. A Asociación Liga Noroeste organiza un...

Clausura da Liga Galega de Traiñeiras / XUNTA DE GALICIA

A Liga Galega de Traiñeiras medra cada ano e despide a súa edición de 2024 con 25 embarcacións, tres categorías e 32 regatas

por Redacción As Nosas
28/09/2024
0

  Nesta nova edición da Liga Galega de Traiñeiras Chapela foi a gañadora da Liga feminina, Cedeira, a gañadora da...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.