• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

As embarcacións que defendían as camisolas amarelas da Liga Galega de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia reforzaron este sábado a súa condición de líderes con vitorias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/07/2025
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Liga Feminina e a Liga A ofreceron unha tarde de remo en San Vicente do Mar (O Grove) na Liga Galega de Traiñeiras, onde Chapela-Wofco venceu por partida dobre. O club berete levouse do campo de regatas de Pedras Negras as dúas bandeiras organizadas polo C.R. Mecos.

Con mar calmo e nun día solleiro, a IV Bandeira Feminina Virxe do Carme exerceu de cuarta xornada da Liga Feminina e comezou con dúas quendas lanzadas. O triunfo final sería para a traiñeira de Chapela-Wofco.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Liga Galega Traiñeiras (@ligalgt)

O primeiro longo completouse con Cesantes-Bueu con 5 segundos de marxe sobre Castropol e Rianxo na primeira serie, mentres que na segunda A Cabana de Ferrol marcaba o mellor tempo das seis traiñeiras en liza con 5” de vantaxe respecto a Salgado-Perillo e 7 en relación a Cabo da Cruz.

As ferrolás non conseguiron dar continuidade a súa posta en escena e a segunda virada xa a realizaron por detrás de Salgado-Perillo, que se destacara en cabeza, e de Cabo da Cruz. Polo contrario, non cedía na primeira posición da súa manga Cesantes-Bueu, que sería a primeira traiñeira en cruzar a liña de meta.

Castropol , que dende o segundo longo deixou atrás a Rianxo, rematou en segunda posición.

Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

O rexistro das gañadoras da primeira quenda rebaixárona as tres da segunda, con Salgado-Perillo manténdose firme no man a man polo primeiro posto con Cabo da Cruz, á que acabou batendo por case 6”.

Chapela-Wofco e Tirán-Pereira chegaban empatadas a puntos no máis alto da xeral e as redondelás non deron opción ás moañesas dende o arranque dunha serie de honra que foi retransmitida en directo na TVG2.

A diferenza 3” na primeira virada, pasou a 8 na segunda, a 14 na terceira e a 20 na meta. Olalla Martínez, a patroa da Arealonga, recolleu a terceira bandeira da temporada para o seu equipo, o Chapela-Wofco.

Por detrás das dúas primeiras, viviuse un derbi grovense entre Mecos e Amegrove. A Mequiña logrou 2” de vantaxe no primeiro parcial e esa renda elevouna a 8 no segundo. A Pabliño non puido reaccionar nos dous últimos longos e na clasificación da bandeira concluíu sexta. Pola súa banda, as anfitrioas fixeron terceiras ao rebaixar en 7” a marca de Salgado-Perillo.

A invicta Chapela-Wofco colleitou o seu 4.º triunfo da tempada na Liga A 

A través da TVG2 tamén se puido seguir a XIV Bandeira Virxe do Carme, cuarta xornada da Liga A da Liga Galega de Traiñeiras. As tres traiñeiras da primeira serie e as catro da segunda soltaron estacha cunha diferenza de dous minutos. Mecos finalizou o primeiro longo 6” por diante da filial de Cabo da Cruz e acadando 9 de diferenza respecto a Cesantes-Vigo. O tempo dos locais non o mellorou Mugardos, pero si as outras tres embarcacións da segunda quenda, comandadas por Bueu-Simei con 6” de vantaxe sobre Urme e con 8 en relación a Narón.

Nos restantes tres parciais só se rexistrou un cambio de posicións. Cesantes-Rodavigo adiantou a Cabo B no segundo longo. A estas dúas tripulacións dominounas con claridade Mecos para apuntarse a vitoria na súa manga.

Os locais tamén se clasificaron por riba de Mugardos. Malia que Urme insistiu ata o final, Bueu-Simei amosouse sólida á fronte da segunda serie con Narón asinando un notable último longo que a levou a terminar a menos de 3” do equipo formado por Muros e Esteirana.

As catro primeiras da xeral na Liga A volveron ser as catro traiñeiras máis fortes nesta xornada. A invicta Chapela-Wofco colleitou o seu cuarto triunfo da temporada. Unha vitoria traballada ante dous conxuntos, Samertolameu-Oversea e Tirán-Pereira, que ofreceron un dos pulsos máis emocionantes do que vai de temporada.

Os líderes viraron na primeira ceaboga 4” antes que A Terca e 6 que a Mar do Con. Castropol, sempre na cuarta praza da súa quenda, quedábase a 1” do tempo de Bueu-Simei, referencia que nos seguintes pasos polas boias melloraría.

Chapela-Wofco aumentou a 8 o seu colchón de segundos no ecuador da regata, punto no que Tirán-Pereira collía a dianteira por milésimas no cara a cara entre veciños. No seguinte longo conseguía 2” de vantaxe sobre Samertolameu-Oversea e mesmo recortaba 1” a Chapela-Wofco, pero esa tendencia cambiou nun apaixonante último parcial.

Ao mesmo tempo que os líderes se apuntaban a vitoria por 11”, as dúas embarcacións moañesas protagonizaban un esprint no que Meira remontou. A diferenza entre a segunda e a terceira clasificada non chegou a 1”.

Na Liga B A Cabana- Ferrol reforza o seu liderado na Pobra do Caramiñal

Dous de dous. A Cabana-Ferrol volveu triunfar na segunda Bandeira da tempada da liga B e confirma a súa candidatura ao título. A Puebla preséntase como o seu principal rival.

A XX Bandeira Concello da Pobra non defraudou. A tripulación anfitrioa fixo soñar aos seus afeccionados coa vitoria despois de asinar o mellor tempo (3:09) tras o primeiro longo da segunda quenda. Pero, pouco a pouco, A Cabana-Ferrol, patroneada este sábado por Asier García, subiu o seu ritmo e tras a segunda virada xa lles ensinou a popa aos seus dous rivais da segunda quenda, Puebla e Chapela Wofco B.

No ecuador da regata, A Cabana-Ferrol avantaxaba en seis segundos aos anfitrións e en 20 ao segundo equipo de Chapela. E con esa renda soubo xogar para conservar un cómodo triunfo, nunha regata marcada polo forte vento lateral que incomodou aos remeiros.

O líder da Liga B foi o único equipo que logrou baixar dos 21 minutos (20:54.14). Por detrás, Puebla (21:07.22) e Chapela Wofco B (21:36.43) completaron o podio. E é que os tres barcos da segunda quenda melloraron os tempos de Bueu Simei B (21:53.66) e Salgado Perillo (23:34.91), que abriran a XX Bandeira Concello da Pobra cunha quenda na que desde o primeiro longo o segundo equipo de Bueu marcou as diferenzas.

Asier García, patrón da Cabana-Ferrol, recibiu a XX Bandeira Concello da Pobra de mans do alcalde da localidade, José Carlos Vidal Suárez.

A próxima cita o vindeiro sábado en Perillo, onde se celebrará a XXIV Bandeira Concello de Oleiros.

Etiquetas A Cabana de FerrolAmegroveCabo da CruzcastropolCesantes-BueuChapela WofcoLiga Galega de TraiñeirasMecosremoRianxoSalgado-PerilloTirán-Pereira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.