As augas do porto de Bueu acolleron a disputa do LXXV Campionato de España de Traiñeiras organizada pola Federación Española de Remo con claro acento galego, trala renuncia dun gran número de embarcacións de clubs de fora da nosa comunidade. O Club de Remo Chapela cumpriu prognósticos e venceu na categoría absoluta.

As finais desta 75ª edición do Campionato de España de Traineiriñas comezaron coa categoría xuvenil feminina, sendo a estrea desta categoría nunha fase final dun campionato estatal. A competición tivo lugara a pasada fin de semana. As embarcacións vascas dominaron de principio a fin a regata, con triunfo final para Isuntza, seguido de preto por Kaiku e máis descolgada chegou a embarcación galega de Náutico de Riveira, actual Campioa Galega.
Ao remate da regata xuvenil, chegou nas augas de Bueu a quenda da categoría da categoría absoluta. Nesta había unha claras favoritas ao triunfo e non defraudaron, cumprindo prognósticos. As remeiras do Club Remo Chapela volveron de demostrar a súa superioridade proclamáronse campioas e logrando así o dobrete, co triunfo o pasado mes en bateis.
A regata, que foi unha repetición do Campionato Galego, estivo dominada dende o inicio polas remeiras redondelás, segunda rematou a embarcación do Club de Remo Ares e pechou o podio o Club Remo Cabo da Cruz, repetindo así o resultado do campionato autonómico.
Nesta categoría feminina, a gran sorpresa foi a clasificación das remeiras do Club de Remo Mecos para a xornada final, tras ser invitadas para participar tralas renuncias dos clubs cántabros e vascos. A embarcación grovense non lograra clasificarse para a final do Campionato Galego e desta vez impúxose con claridade ás súas rivais para lograr unha praza na final.
No que respecta ás categorías masculinas, o triunfo na categoría xuvenil foi para o club vasco Itsasoko Ama e na categoría absoluta para o CR Cabo da Cruz, que tamén partía como principal favorito e cumpriu cos prognósticos, a pesar de que a SD Samertolameu non llo deixou nada fácil.
As embarcacións galegas acadaron 9 dos 12 metais en xogo
No global da participación galega, seis foron os club que se subiron ao podio, destacando o gran resultado do Club de Remo Cabo de Cruz con tres metais (1 ouro, 1 prata e 1 bronce). A SD Samertolameu seguiuno de preto con dous metais (1 prata e 1 bronce) e cun metal quedáronse o Club Remo Chapela (1 ouro), o CR Ares (1 prata), CM Bueu (1 bronce) e o CR Náutico de Riveira (1 bronce).
Resultados do LXXV Campionato de España de Traiñeiriñas:
Categoría Xuvenil feminina:
- Isuntza Arraun Elkartea 16.21:26
- Sociedad Deportiva de Remo Kaiku 16.36:54
- Club de Remo Náutico de Riveira 17.04:64
- Club de Remo Valle de Camargo 17.43:24

Categoría Absoluta feminina:
- Club de Remo Chapela 15.46:62
- Club Remo Ares 16.02:40
- Club de Remo Cabo da Cruz 16.08:38
- Club de Remo Mecos 16.34:85
Categoría Xuvenil masculino:
- Itsasoko Ama 14.45:24
- Club de Remo Cabo da Cruz 14.49:28
- Sociedade Deportiva Samertolameu 14.50:00
- Ondarroa Arraun Elkartea 15.39:47

Categoría Absoluto masculino:
- Club de Remo Cabo da Cruz 13.52:71
- Sociedade Deportiva Samertolameu 13.54:35
- Club do Mar Bueu 14.02:55
- Club Remo Ares 14.07:09
Podes consultar todos resultados das dúas xornadas do 75 Campionato de España de traiñeiriñas nesta ligazión que vos deixamos aquí.