Logo de catro xornadas disputadas da Liga Nacional Absoluta de Halterofilia o CH Coruña sube ao segundo caixón e proclámase subcampión feminino da competición neste ano 2021.
A competición constaba de catro xornadas. Esta última cita foi ademais play off clasificatorio de cara á Copa da SM a Raíña e a SM o Rei para os 18 mellores equipos.
No que refire á liga Feminina, o equipo coruñés do CH Coruña conservou a segunda posición durante as catro xornadas en liza proclamándose así as halteras coruñesas subcampioas da Liga 2021 en categoría absoluta na División de Honra cun total de 3.616,30 puntos no seu casilleiro.
O equipo gañador foi club canario do ETH (3.739,22 puntos).. Ao terceiro chanzo do podio subiron as deportistas cataláns do CH Blanes (3.314,56 puntos).
Entre as participantes estivo Irene Martínez, que nesta competición acadou as mínimas para participar no Mundial.
Ver esta publicación en Instagram
O CH Coruña, campión masculino
No caso da categoría masculina absoluta División de Honra, o CH Coruña conseguiu remontar. Despois de tres xornadas disputadas pasou do segundo lugar ao primeiro. Os halteras galegos puideron cos do conxunto líder ata ese momento: a Escola Tinerfeña. Así, o bloque de levantadores coruñesas déronlle a volta á clasificación, proclamándose campións de Liga 2021 con 8.164,70 puntos no seu haber.
Foron segundos os deportistas da Escola Tinerfeña de Halterofilia (ETH) con 8.119,33 puntos e no terceiro lugar finalizou o conxunto catalán do CH Molins de Rei con 7.300,12 puntos no seu casilleiro.