• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O CH Coruña, campión da Copa da Raíña e da do Rei por clubs facendo así dobrete por terceira vez na súa historia

Irene Martínez estableceu dous récords de España absoluto no total olímpico (195 e 197 quilos) e logrou a mellor marca feminina de todo o campionato | Galicia contou con cinco equipos en competición

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/11/2022
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Club Halterofilia Coruña A, campión da Copa da Raíña 2022 con Irene Martínez, Irene Blanco, Ruth Fuentefría, Noelia García e Ferenc Szabo como adestrador / CH CORUÑA

Club Halterofilia Coruña A, campión da Copa da Raíña 2022 con Irene Martínez, Irene Blanco, Ruth Fuentefría, Noelia García e Ferenc Szabo como adestrador / CH CORUÑA

162
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O CH Coruña venceu nas Copas da Raíña e do Rei por clubs que se celebraron esta fin de semana en Ourense, asinando así por terceira vez na súa historia un dobrete copeiro.
  • A haltera do Club Halterofilia Coruña Irene Martínez batía o récord de España absoluto no total olímpico dúas veces deixando a marca en 197kg. 
  • Galicia estivo representanda na competición tamén polo Club Halterofilia Ourense.

O Pavillón Municipal dos Remedios de Ourense acolleu dous campionatos estatais de halterofilia: o Campionato de España por clubs Masculino – LXV Copa S.M. do Rei e o Campionato de España por clubs feminino  XXVI Copa da SM a Raíña.

A halterofilia galega contou coa representanción de dous clubs (CH Coruña e Club Halterofilia Ourense) e cinco equipos (un masculino por cada un deses clubs e tres femininos xa que o CH Coruña clasificou ao seu equipo A e ao B). Foi unha gran xornada dos equipos herculinos xa que tanto o masculino e o feminino alzaron o trofeo de S.M. o Reo e a Raíña respectivamente.

 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CLUB HALTEROFILIA OURENSE (@c.halterofiliaourense)

Nestas competicións participaron 24 equipos, 12 en categoría feminina e outros 12 en categoría masculina. Esa ducia de equipos viña dada dos clubs que foran quen de se clasificar entre dos 18 que participaran no play off da liga Nacional Absoluta.

Como decíamos, Galicia estivo representada polos combinados masculinos e femininos do conxunto do CH de Ourense (que competía na casa) e o Club Halterofilia Coruña. Este último varias veces gañador da proba en categorías feminina e masculina. A última vez en 2021, en Oviedo, cando conseguiron o dobrete: tanto o equipo masculino como o conxunto feminino do club herculino conseguiron alzar o trofeo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Fedehalter (@fedehalter)

De feito, é a terceira vez que o CH Coruña consegue o dobrete quedando campión na Copa nas categorías feminina e masculina. Previamente xa o fixera nos anos 2017 e 2021. Esta é a sexta vez que o conxunto masculino coruñés gaña a Copa do Rei e a cuarta que o fai en categoría feminina.

O CH Coruña xa obtivera un fito antes de comezar a competición

Xa antes de comenzar a competición o club coruñés asinara o logro de clasificar dous equipos para a final da Copa da Raíña: O CH Coruña “B” finalizou no quinto posto do play off e puido acompañar ao equipo “A” na final. É a primeira vez desde que na liga Nacional compiten en catro divisións que un mesmo club logre clasificar dous equipos na final da Copa. Polo tanto, o CH Coruña con Ferenc Szabo á fronte do equipo técnico marcou un fito neste sentido.

O conxunto feminino do CH Coruña A proclamábase campión con 950,0 puntos total sinclair. A Escola Tinerfeña de Halterofilia foi o segundo clasificado nesta Copa da Raíña 2022 celebrada en Ourense con 944,32 puntos total sinclair. O terceiro posto foi para o CH Aranjuez con 883,83 puntos total sinclair. O CH Coruña B foi undécimo con 659,82 puntos total sinclair, e o Club Halterofilia Ourense 13º con 630,48 puntos total sinclair.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Club Halterofilia Coruña (@chcoruna)

Durante a competición a haltera coruñesa Irene Martínez estableceu dúas records de España absoluto no total Olímpico (195 e 197 quilos) e logrou a mellor marca feminina de todo o campionato colocándose no posto 1º. A coruñesa, cun peso corporal de 58,84kg levantou en arrancada 90kg, 107kg en dous tempos e sumou 197kg para o total olímpico acumulando 269,54 puntos sinclair.

No posto 11º da xeral figura Irene Blanco Tarela con 234,35 puntos sinclair froito de levantar 89kg en arrancada, 109kg en dous tempos e 195kg en total olímpico (73,68kg de peso corporal no seu caso). No posto 14º figura Ruth Fuentefría con 228,60 puntos sinclair, asinando 65kg en arrancada, 75kg en dous tempos e 140 en total olímpico cos seus 46,26 kg de peso corporal. A cuarta mellor haltera galega foi Noelia García, tamén do Club Halterofilia Coruña, que fixo 217,59 puntos sinclair froito de levantar 62kg en arrancada, 74kg en dous tempos e obter 136kg no total olímpico, o peso corporal de Noelia García estaba nesta competición en 47,44kg.

Na categoría masculina venceu o CH Coruña (2.098,23 puntos total sinclair) que quedou por diante da Escola Tinerfeña (1.992,06 puntos total sinclair) quedando terceiro o CD Halterejido (1.955,64 puntos total sinclair).

Para os deportistas coruñeses Irene Martínez e Víctor Castro está competición serviu ademais como unha boa posta do punto de cara ao Campionato do Mundo Absoluto de halterofilia que se celebrará de 5 ao 15 de decembro en Bogotá (Colombia) e no que van competir ambos os dous deportistas.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Irene Martínez⚡️ (@irene14993)

Etiquetas CH CoruñaFerenc SzabohalterofiliaIrene BlancoIrene MartínezNoelia GarcíaRuth Fuentefría
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Xiana Pérez Brión, campioa no estatal Sub-17 de halterofilia / CLUB HALTEROFILIA CAMBRE

Digna Silo e Xiana Pérez, campioas de España de halterofila Sub-17

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  Dúas halteras galegas acadan o título de campioas de España para a categoría Sub-17: Digna Silo (CH Coruña) (-77kg)...

As galegas Irene Blanco e Uxía Romero coas medallas acadadas no Campionato de Europa de halterofilia Sub-23 e Junior respectivamente / FEDERACIÓN GALEGA DE HALTEROFILIA

Irene Blanco, campioa de Europa Sub-23 de halterofilia en arrancada e total olímpico en -76kg

por Redacción As Nosas
03/11/2024
0

  A haltera galega Irene Blanco do Club Halterofilia Coruña conseguiu proclamarse campioa de Europa Sub-23 en -76kg nas modalidades...

Irene Blanco, Irene Martínez, Digna Silo, Martín Liste co seu adestrador Ferenc Szabo / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste, na Copa de España de Halterofilia

por Redacción As Nosas
21/04/2024
0

  Os halteras do Club Halterofilia Coruña Irene Martínez, Irene Blanco, Digna Silo e Martín Liste particiaparon na Copa de...

Expedición coruñesa á Soroksár Cup / CLUB HALTEROFILIA CORUÑA

Éxito na participación do Club Halterofilia Coruña na Copa Soroksár de Budapest

por Redacción As Nosas
14/04/2024
0

  O Club Halterofilia Coruña participou con éxito na Copa Soroksár con dúas halteras femininas e dous masculinos.  Budapest, a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.