O Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos celebrado esta fin de semana no CGTD de Pontevedra contou cun cartel de luxo. Participaron deportistas coma o pentaolímpico Frank Casañas, a tetraolímpica Felicea Tilea e a olímpica en Río-2016 Yulenmis Aguilar.
Ver esta publicación en Instagram
No disco feminino, segundo informa a Federación Galega de Atletismo, realizou un bo concurso para María Ezquerro do Atletismo Sada rexistrando no quinto intento un lanzamento de 39.29 m. De igual modo a Sub-20 Xiana Lago do Ría Ferrol lograba o campionato de Galicia da súa categoría cun mellor tiro de 35.65 m.
No caso de María Ezquerro do Atletismo Sada e Paula Piñón, do Atletismo Celta, realizan a súa preparación no núcleo de adestramento de Lanzadores Coruña, baixo a dirección técnica do adestrador e ex atleta internacional coruñés Necho Fernández. Paula Piñón levou o bronce na categoría Sub-20 en disco lanzando o artefacto dun 1kg no segu segundo intento ata os 34,93m. E na xavelina foi subcampioa galega con lanzamento de 41,59 m.
O concurso de martelo volvía a ter en Irene Gómez a gran protagonista. A lanzadora internacional Sub-23 marchábase ata os 60.66 m. no seu segundo intento o que representa un novo récord de Galicia Sub-23 e a mellor marca do ano en ranking nacional. No mesmo concurso destacados os 51.77 m. da Sub18 Blanca Pereira do Ourense Atletismo.
Por último, na competición de xavelina foi un auténtico luxo contar coa participación da deportista Yulenmis Aguilar do Valencia Atletismo quen pouco a pouco vai mellorando as súas prestacións lanzando ata pos 56.12 m. con apenas carreira, así como da máster-50 Felicea Tilea quen enviaba a xavelina ata os 42.16 m. A Sub-20 do Celta Irene Gómez con 41.59 m. pechaba o máis salientable deste interesante campionato.
Así foi a competición masculina neste Campionato celebrado no CGTD
Casañas impúxose no concurso de disco con 50.09 m. destacando no martelo os 60.80 m. do máster-40 Nacho Fernández do Playas de Jandía así como os 60.40 m. do Sub-23 Yago Araujo do Real Club Celta.
Fantástica reaparición en Galicia do atleta céltico Eric Méndez logo da súa grave lesión de tibia e peroné en maio do ano pasado. Lanzaba ata uns bos 53.28 co martelo de 7.260 kg.
Seguindo co resto de concursos, o Sub20 Pedro Fidaku do AVA mandaba a xavelina de 800 gr. ata os 58.63 m. sendo tamén destacado o resultado do Sub18 Daniel Loureiro quen facía o propio con 54.04.