• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Celta Zorka Recalvi vence sen reparos a AD Cortegada 78-43

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/10/2020
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Rose do Celta Zorka Recalvi / CELTA BALONCESTO

Rose do Celta Zorka Recalvi / CELTA BALONCESTO

22
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Celta Zorka Recalvi continúa con paso firme na competición de Liga Feminina 2 e logrou a terceira vitoria da tempada nunha nova edición do derbi provincial ante A.D. Cortegada.

Tal e como apuntan desde o equipo vigués, Cortegada e Celta “son dúas escuadras que se coñecen ben, tanto nos seus persoais como no xogo que despregan os seus adestradores. Era un partido con pouca capacidade para a sorpresa táctica, pero houbo algún detalle novo como as defensas presionantes que algunha fase do encontro mostrou o equipo de Cristina Cantero“.

Tras dous primeiros ataques convertidos facían presaxiar que o Celta Zorka Recalvi rompería rápido o encontro pero o certo é que a ruptura se deixou macerar até o terceiro cuarto. Durante o primeiro parcial, o equilibrio foi a tónica do partido.

A Cortegada funcionáballe o acerto de Sedlakova baixo o aro e a eslovaca finalizaba o cuarto con oito puntos. No lado celeste o desacerto desde o exterior lastraba o seu despegamento e chegábase ao final do primeiro cuarto con lixeira vantaxe celeste (18-16).

No segundo cuarto produciuse o primeiro arreón celeste. As olívicas endosaron un parcial acumulado de 12-0 que nin sequera un tempo morto do adestrador da AD Cortegada, Rubén Domínguez, puido deter en primeira instancia, co que Celta Zorka Recalvi lograba alcanzar unha notable diferenza (30-18).

As deportistas de Vilagarcía non baixaron os brazos e reaccionaron para que un triplo final de Zeltia Presas diminuíse a distancia por debaixo da decena de puntos cando o encontro chegaba ao descanso (33-25).

A deportista lucense estaba nun momento doce na continuación e un novo triplo seu reduciu a diferenza un pouco máis. Foi un espellismo pois este foi o final de toda achega positiva para Vilagarcía no encontro.

As locais aplicáronse en defensa, subindo o nivel de intensidade en liñas de pase e, xogadoras que na primeira metade estiveran adormecidas en tarefas anotadoras, sumáronse á contenda, para infligir un parcial de 16-0 que resultou definitivo (49-28).

A pobre anotación arousá no cuarto (7 puntos) foi demasiada laxa que levantar para as visitantes, que chegaban ao final do cuarto coa vitoria decantada para as locais (56-32).

O último cuarto careceu de historia. Cristina Cantero dosificou esforzos nunha semana en que terá dous partidos e moito tempo de viaxe en autobús. Brillaron novamente as xogadoras júnior con accións de mérito (8 puntos para Noa Comesaña e 5 puntos para Clara Prieto) e chegábase ao final do partido con folgada vitoria celeste por 78 a 43.

Cantero e Domínguez expoñen a súa visión do partido

Ao final do encontro, tanto Cristina Cantero, técnica do conxunto local, como Rubén Domínguez, adestrador das xogadoras visitantes, trasladaban á opinión pública cal fora a súa visión do encontro, tal e como recolle o Celta na súa web,.

Cristina Cantero, entrenadora do Celta Zorka Recalvi: “Custounos entrar no partido e coller a nosa liña de traballo. Se defendésemos como o fixemos no terceiro cuarto todo o partido nos había de ter ido mellor. Pero realizamos un bo traballo, levamos a Cortegada ao límite. Estou contenta porque acabamos sumando e seguimos crecendo aos poucos”

Para Cristina Cantero, adestradora local, ao equipo “custoulle entrar no partido e coller a nosa liña de traballo. Se defendésemos como no terceiro cuarto todo o partido nos houbese ir mellor. Pero realizamos un bo traballo, levamos a Cortegada ao límite e estou contenta porque todas acabamos sumando e seguimos crecendo aos poucos”

Rubén Domínguez, o adestrador da AD Cortegada: “Estivemos bastante ben e na segunda non estivemos ao nivel da primeira, sen traballar ben nin en defensa nin en ataque, facilitámoslle moito o xogo ao Celta”

Para o técnico visitante Rubén Domínguez na primeira parte “o equipo estivo bastante ben e na segunda non estivemos ao nivel da primeira, sen traballar ben nin en defensa nin en ataque, facilitámoslle moito o xogo ao Celta”.

FICHA TÉCNICA

CELTA ZORKA RECALVI (78): Mariona Martín (6), Lucía Fontela (0), Celia García (14), Maja Stamenkovic (8), Marita Davydova (15) -cinco inicial- Noa Comesaña (8), Florencia Niski (3), Clara Prieto (5), Angela Coello (7), Sara Vidal (0) e Rose Marie Julien (12).

A.D. CORTEGADA (43): Patricia Vicente (2), Sara Gómez (8), Cristina Loureiro (9), Tereza Sedlakova (10), Teodora Saric (4) -cinco inicial- Zeltia Presas (4), Lorena Castro (2), Sofía Blanco (0), Miriam García (0), María G. Centeno (4) e Irene Montenegro (0).

PARCIALES: 18-16, 15-9, 23-7 e 22-11.

ARBITROS: Alejandro Pellitero González e Irís Díaz Feijoo. Sancionaron con 14 faltas a Celta Zorka Recalvi e con 20 faltas a A.D.Cortegada.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Femenina-2 no Grupo A. Disputouse na pista polideportiva do complexo municipal de Navia, en Vigo. O encontro xogouse a porta pechada.

Etiquetas ad cortegadabaloncestobasketCelta Zorka RecalviCristina CanteroNaviaRubén DomínguezVigovilagarcía
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Maristas Coruña vs ADBA / FEB

Paso adiante do Maristas ao vencer ao ADBA (62-49)

por Redacción As Nosas
28/02/2021
0

  Xogaba na casa. Non podía fallar, e non o fixo. O Maristas Coruña que adestra Jorge Carreira venceu ao...

Banco do BAXI Ferrol que se medirá ao Barakaldo / UNIVERSITARIO FERROL

Proba de lume para o BAXI se quere obter a vixésimo segunda vitoria consecutiva

por Redacción As Nosas
27/02/2021
0

  Para conseguir sumar a súa vixésima segunda vitoria consecutiva, o BAXI Ferrol deberá imporse ao seu inmediato seguidor. Con...

aforo Baxi Ferrol - Movistar Estudiantes Liga Feminina 2 Baloncesto / WYKAZSZKOWSKI

Unha APP para controlar o aforo nas instalacións deportivas

por Redacción As Nosas
27/02/2021
0

  A Federación Galega de Baloncesto e CLUPIK asinan un convenio de colaboración que, como primeira medida e de xeito...

Arxil - Adareva / ADAREVA FB

O Arxil afronta un reto esixente na 22ª xornada

por Redacción As Nosas
26/02/2021
0

  O CB Arxil ten un reto moi esixente por diante para esta nova xornada: competir ante o Azkoitia Azpeitia, un dos...

O Celta Zorka Recalvi logrou sumar os dous puntos ante o Rosalía / CELTA BALONCESTO

Dobre compromiso en Navia para o Celta

por Carmen G. Mariñas
26/02/2021
0

  Este fin de semana no Navia acollerá dous partidos, en sábado e domingo. O primeiro deles enfronta ao Celta...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Santi Martínez da indicacións ás xogadoras do HC Borbolla / SABELA MOSCOSO

Santi Martínez: “A salvación non é unha quimera”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Santi Martínez da indicacións ás xogadoras do HC Borbolla / SABELA MOSCOSO

Santi Martínez: “A salvación non é unha quimera”

28/02/2021
Alicia Fernández, unha das 18 Guerreiras que Carlos Viver convoca para o preolímpico de Llíria / RFEBM

Carlos Viver convoca a Alicia Fernández para o preolímpico de Llíria

28/02/2021
A xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, encabezada por Bruno López, cumpre dous anos de mandato / FGBM

Bruno López, presidente da FGBM, xa ten obxectivos para os dous vindeiros anos

28/02/2021
Copa Federación de Clubs Sub-16 e Sub-18 de Halterofilia / CH CORUÑA

As Sub-16 do CH Coruña, campioas da Copa Federación de Clubs estatal

28/02/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.