A construción do equipo do Celta Zorka Recalvi para a próxima Liga Feminina Challenge 2022-23 colle pouco a pouco forma coa contratación de xogadoras como Anne Senosiain, Marina Gea, Laura Prats, Regina Aguilar, Elba Garfella, Sara Vidal, Murjanatu Musa. Á fronte do banco estará, un ano máis como adestradora, Cristina Cantero.
/
Comenzamos un nuevo proyecto…por los cimientos!!ℂ ℂ seguirá al frente de nuestro equipo #LFChallenge
Temporada 8️⃣ como primera entrenadora
Temporada 2️⃣1️⃣ vinculada al club#celestedecorazon pic.twitter.com/xcc1bxy18B— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 15, 2022
O Celta Zorka Recalvi vai facendo pública a confección do bloque que comprodrá o primeiro equipo celeste o vindeiro ano. Xa son varios os nomes que se coñecen de deportistas que o vindeiro ano defenderán a súa elástica. Algunhas con caras coñecidas, outras incorpóranse ao club da cidade olívica e vestirán por primeira vez a camiseta celeste. Repasamos as sete deportistas que loitarán por todo en Navia o vindeiro curso.
O regreso de Senosiain
Anne Senosiain (Arizala, 1997) vivirá a súa segunda etapa en Vigo a onde regresa tras dúas tempadas en Estepona e Clarinos Tenerife, respectivamente, esta última en LF Endesa. A base navarra Senosiain disputou xa 107 partidos oficiais como xogadora céltica polo que afrontará a súa quinta tempada coñecendo ben o ideario e funcionamento do club vigués.
/
✔️ Base
✔️ 25 años
✔️ Arizala- Navarra107 partidos oficiales en nuestro club
Retorna para su 5a temporada de celeste#lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/vWu7KVkDNB— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 28, 2022
Marina Gea (Selecta, 2001) competirá por primeira vez nunha entidade deportiva fóra de Andalucía. A escolta andaluza, formada deportivamente no CP Agostiños da súa Granada natal, disputou as catro últimas campañas con RACA Selecta cun total de 104 partidos en competicións FEB. Marina Gea destaca pola verticalidade e intensidade no seu xogo, baseadas nunha condición física excelente e unha gran enerxía.
/
✔️ Escolta
✔️ 21 años
✔️ GranadaFormada en cantera Raca Granada #lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/dtp3aFK8Wt
— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 30, 2022
Desde o RC Canoe chega Laura Prats para sumares á disciplina céltica.
/
ℙ
✔️ Alero
✔️ 22 años
✔️ GuadalajaraTres últimas temporadas en RC Canoe NC#lfchallenge#celestedecorazon pic.twitter.com/avEljRHUNn
— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) July 4, 2022
Como base súmase ao Celta Zorka Recalvi Regina Aguilar que chega do Visby Ladies (Suecia). Antes tiña militado no Barça CBS.
/
ℝ
✔️ Base
✔️ 25 años
✔️ Sant Quirze del VallésProcede del Visby Ladies sueco, después de tres temporadas en Barça CBS.#lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/0ZRTwgMhBF
— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) July 7, 2022
A a-pívot valenciá Elba Garfella, xpgadora internacional con España nas categorías U18 e U20, chega ao Celta procedente do Valencia Basket
/
ℕ✔️ Ala-pívot
✔️ 19 años
✔️ ValenciaInternacional U18 y U20.
Formada en cantera de Valencia Basket.#lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/EZwVzehWsX— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 23, 2022
Repite ás ordes de Cristina Cantero a xogadora de Nigrán Sara Vidal que cumplirá a súa terceira tempada nas filas do club vigués.
/
✔️ Alero
✔️ 20 años
✔️ Priegue- Nigrán3a temporada en primer equipo.
Jugadora de Celta Baloncesto desde 2013.#lfchallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/66PgwY3xJE— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 20, 2022
Murjanatu Musa continúa tamén ás ordes de Cristina Cantero. Esta será a segunda tempada en Navia da deportista nigeriana.
/
✔️ Pívot
✔️ 22 años
✔️ NigeriaSegunda temporada en Navia.
Poderío físico y determinación.#LFChallenge #celestedecorazon pic.twitter.com/1puZ4ndfsO— CELTA BALONCESTO (@Celtabaloncesto) June 18, 2022
Sete son os nomes das xogadoras que xa se sabe que van estar ás ordes da adestradora Cristina Cantero o curso 2022-23 no Celta Zorka Baloncesto: Anne Senosiain, Marina Gea, Laura Prats, Regina Aguilar, Elba Garfella, Sara Vidal e Murjanatu Musa.





















