• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Celta non falla e pásalle por riba a un rival directo (65-35)

As celestes venceron por unha ampla diferenza ao Ardoi, que mantén o segundo posto pero xa a só un punto das galegas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/03/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Celta vs Ardoi / CELTA BALONCESTO

Celta vs Ardoi / CELTA BALONCESTO

139
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Celta Zorka Recalvi quere chegar na mellor posición á segunda fase, e está completamente imparable. Por undécima xornada consecutiva, as viguesas suman unha vitoria, que desta vez vale dobre. Cun 65-35, as celestes pasáronlle por riba ao Osés Construcción Ardoi, rival directo no máis alto da Liga Feminina 2.

Con este trunfo obtido nun encontro marcado polas defensas, o Celta ponse a un punto da segunda posición, ocupada precisamente polas navarras.

Poucas canastras na pista de Navia

Coa baixa de Lacorzana nas filas celestes e a de Gastaminza nas navarras, comezou un partido no que na primeira metade os tiros certeiros brillaron pola súa ausencia.

Nos primeiros intres do encontro, as visitantes foron quen de golpear primeiro, cun parcial 0-4. Eses  sería os mellores minutos do Osés Construcción Ardoi ao longo de toda a primeira metade do cruce.

Pola súa banda, as locais tardaron máis de catro minutos en anotar baixo o aro, pero conseguiron frear os ataques das xogadoras rivais, polo que o primeiro cuarto rematou nun empate 6-6.

Para o segundo tempo a anotación galega mellorou, mentres que as visitantes estaban bloqueadas. O Osés Construcción Ardoi perdía balóns á vez que sumaba erros nos tiros, sobre todo desde a liña de tres, desde onde non conseguirían sumar ningún punto.

Viuse sobre a pista a un Celta Zorka Recalvi forte no aspecto físico, movían fluidamente o balón, aumentando a súa puntuación, cun parcial 9-0 que lles daba a vantaxe. No bando visitante, só Diana Cabrera foi quen de encestar. Así, o descanso chegou co 22-8.

O Celta aumenta a distancia co Ardoi

Tras o paso por vestiarios, malia que se puido ver un Osés Construcción Ardoi máis certeiro, o dominio do partido seguía en mans do Celta Zorka Recalvi. Eva Cases erixiuse como líder das navarras nas accións ofensivas, levando o peso da anotación do seu equipo.

No rebote, o duelo Cabrera – Davydova decantábase do lado da celeste, o que lle daba máis vantaxe ás xogadoras locais. Así, o conxunto que adestra Cristina Cantero lograba establecerse nunha distancia máis ou menos estable de 15 puntos. Ao borde da fin do terceiro cuarto, as galegas facían un parcial 8-0 que rompía o partido con só un cuarto por xogar.

Chegados os dez minutos finais do encontro, o Celta tiña practicamente afianzada a vitoria e, de camiño, tamén o average. Ambos conxuntos mantiveron a intensidade sobre a pista do paovillón de Navia, pero as viguesas eran sempre superiores. Este foi o tempo máis igualado do partido, pero o Osés Construcción Ardoi reaccionaba tarde e os dous puntos en xogo deste cruce quedaban en Galicia.

Con esta vitoria, as de Cristina Cantero rozan a segunda posición na taboa clasificactoria, chegando no mellor estado posible á segunda fase da competición na Liga Feminina 2. Nos tres partidos restantes, as celestes precisan acadar, canda menos, dúas vitorias para asinar definitivamente esta praza.

FICHA TÉCNICA

65) CELTA ZORKA RECALVI: Mariona Martín (3), Celia García (7), Rose Marie Julien (7), Ángela Coello (2), Marita Davydova (13) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Noa Comesaña (4), Lucía Fontela (8), Florencia Niski (1), Maja Stamenkovic (13), Sara Vidal (-) e Adrienne Motley (7).

35) OSÉS CONSTRUCCIÓN ARDOI: Itziar Arregui (2), Tamara Montero (2), Iranzu Etxeverría (2), Josephine De Barros (3) Diana Cabrera (6) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Paula Marcos (0), Eva Cases (17), Alazne Vicente (-), Andrea Vázquez (1) e Raquel Navarro (2).

PARCIAIS: 6-6, 16-2, 23-12 e 20-15.

ÁRBITROS: colexiados Adrián Pérez e Christian Abalo. Sinalaron un total de 20 faltas ao Celta Zorka Recalvi e 18 faltas a Osés Constucción Ardoi.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á vixéximo cuarta xornada do Grupo A da Liga Femenina 2 disputado no pavillón de Navia de Vigo ante un total de 150 espectadores nas bancadas. A situación epidemiolóxica da zona fai que as autoridades autonómicas permitan público nos espectáculos deportivos, con aforo reducido e protocolo de prevención,

Etiquetas baloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviCristina CanteroLF2liga femenina 2liga feminina 2Osés Construcción Ardoi
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.