• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Primera Federación

O CDF Osasuna, o rival co que o Dépor ABANCA regresa á liga

O partido xógase en Abegondo ás 12:00 horas e para este choque Irene Ferreras recupera á futbolista Carlota Sánchez

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/10/2022
en Primera Federación, Fútbol
CDF Osasuna / OSASUNA FEM TW

CDF Osasuna / OSASUNA FEM TW

113
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • O Dépor ABANCA recibe na Cidade Deportiva de Abegondo ao CDF Osasuna hoxe domingo 16 de outubro a partir das 12:00 horas. 

Os compromisos da Selección Española propiciaron un parón competitivo tamén na Primera Federación. De aí que o Dépor ABANCA non tivese compromisos ligueiros desde que colleitara a súa primeira derrota. As deportivistas volven á competición na casa ante o CDF Osasuna dispostas a retomar a senda dos triunfos neste partido correspondente á quinta xornada.

As Nosas deportivistas preséntanse ao choque após unha dura derrota hai quince días en Cáceres pero instaladas no grupo de cabeza. Son quintas con 7 puntos, a 3 do liderado que ocupan o FC Barcelona B, CDF Osasuna e SD Eibar, todos con 10 puntos.

Na rolda de prensa previa ao partido, a adestradora do Dépor ABANCA, Irene Ferreras, apuntou que “é certo que cando tes un mal resultado apetéceche xogar rápido, quitarte esa sensación. Entendo que (a visita ao CP Cacereño) foi circunstancial, un partido onde non estivemos ben e xusto despois tivemos unha semana de parón. Elas dicían ‘gustoume xogar pronto porque nos queda esa sensación'”.

De todos os xeitos, a adestradora branquiazul queda coa parte boa de que “esta semana de máis nos permitiu analizar mellor o que pasou, sacar información para mellorar, corrixir cousas con máis detalle e esta semana preparar o partido limpando a cabeza e habendo corrixido ou matizado algúns problemas que tivemos”.

O do CDF Osasuna será o primeiro do tres partidos previstos para unha extenuante próxima semana, posto que após as “rojillas”, o Dépor ABANCA afrontará a Copa da Raíña o mércores 19 en Tenerife ante a Fundación Canaria CD Tenerife, en partido único, e a fin de semana próxima visitará ao Athletic Club B en Lezama de volta á liga.

“A min gústame moito, igual porque estou afeita a este tipo de dinámica do ano pasado. Un equipo de fútbol é profesional cando tes que xogar cada 3 días, recuperarte do partido anterior sen darlle demasiadas voltas máis aló de se o resultado foi favorable ou non, onde cobra moita relevancia o cadro ao completo”, dixo a este respecto  Irene Ferreras.

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA, síntese cómoda coa cantidade de compromisos que terá que asumir o grupo que adestra nos vindeiros días: “Un equipo de fútbol é profesional cando tes que xogar cada tres días, recuperarte do partido anterior sen darlle demasiadas voltas máis aló de se o resultado foi favorable ou non, onde cobra moita relevancia o cadro ao completo”

“Onte mesmo feliciteilles porque fixeron un adestramento brutal pero sobre todo polas xogadoras menos habituais, que están a dar un paso adiante e a min demóstrame que teño á xente enchufada e dispoñible para afrontar semanas con 3 partidos en 7 días; e con garantías de poder sacar bos resultados”, engadiu a adestradora deportivista.

Recuperada Carlota Sánchez, so falta Letti Sevilla

Na convocatoria do Dépor ABANCA para esta cita de mañá a novidade é o regreso da internacional coruñesa Carlota Sánchez, unha vez superada a súa lesión de xeonllo que lle obrigou a pasar por quirófano o pasado verán. Así pois, a única futbolista de baixa médica a día de hoxe é Letti Sevilla.

Ganas de puntuar e respecto ao rival, nas filas do CDF Osasuna Femenino

Pola súa banda, o CDF Osasuna Femenino chega a Abegondo após derrotar pola mínima (1-0) hai 15 días ao Athletic Club B en Tajonar.

Lonxe do seu campo, as navarras só xogaron un único partido no que vai de temporada, en Madrid ante o Rayo Vallecano (1-3).

A súa adestradora, Kakun Mainz, afirmou nas canles oficiais de comunicación osasunistas que están “con moitas ganas de ir a Abegondo. É un dos aspirantes ao título de liga, non só ao ascenso. É un dos campos máis difíciles, estamos a ver que están a golear. Imos a por ese reto tan difícil que esperemos sexa moi bonito”.

🎙️ DECLARACIONES | Kakun Mainz: “Tenemos muchas ganas de jugar contra uno de los mejores equipos del campeonato”.

▶️https://t.co/PdwOjwaJ3k #DéporOsasunaFem pic.twitter.com/RQU7n4tSt2

— C.A. OSASUNA (@Osasuna_fem) October 15, 2022

Tamén falou na previa unha das futbolistas do CDF Osasuna, Valero. Que declarou que a visita á Cidade Deportiva de Abegondo será unha das “máis difíciles”, pero advirte que chegarán a terras coruñesas dispostas a “dalo todo para sacar os tres puntos” en xogo nesta quinta xornada da Primera Federación.

🎙️ DECLARACIONES | Valero: “Vamos a uno de los campos más difíciles de toda la categoría, pero vamos a darlo todo para intentar sacar los tres puntos”.#DéporOsasunaFem pic.twitter.com/KokQWahlds

— C.A. OSASUNA (@Osasuna_fem) October 15, 2022

Finalizado o choque ante CDF Osasuna, o Dépor ABANCA estrearase de novo o luns 17 de outubro ás 09:00 en Abegondo.

Etiquetas AbegondoDéporDépor ABANCAfútbolIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

por Redacción As Nosas
09/07/2025
0

  Renovacións, fichaxes, futbolistas da canteira que se incorporan definitivamente ao primeiro equipo... o Dépor ABANCA 2025-26 vai tomando forma...

Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  O campo de fútbol de Cadreche da Pobra converterase este sábado, 21 de xuño, no escenario do primeiro Torneo...

Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado considera que no RC Deportivo hai unha “aposta clara e decidida polo fútbol feminino”

por Redacción As Nosas
18/06/2025
0

  Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, fixo balance da temporada 2024-25, renovacións, incorporacións e obxectivos foron algúns dos temas...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA arrinca a Liga F na última fin de semana de agosto de 2025

por Redacción As Nosas
14/06/2025
0

  O Dépor ABANCA comezará a Liga F a fin de semana do 30 e 31 de agosto segundo o...

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.