• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Catro recintos deportivos con nome de muller galega

Non é nada habitual que unha cancha recibe o nome dunha muller, menos aínda dunha deportista, pero hoxe traémosvos un catro de casos aquí, en terras galegas, e citamos algún outro máis aló dos Ancares ou incluso alén do mar

Silvia Carregal por Silvia Carregal
01/01/2022
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Pavillón polideportivo Sofía Toro de Cambre / NATALIA PABLO

Pavillón Sofía Toro de Cambre / NATALIA PABLO

603
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Pensa en recintos deportivos con nomes de muller en Galicia. Hoxe queremos falarvos de catro deles, se cadra xustamente os mesmos que se che veñen á cabeza por que, sabes unha cousa? Non hai moitos. Sorpresa!

Estadio Vero Boquete en Santiago de Compostela, Campo Municipal de Fútbol Mari Paz Vilas en Vilagarcía de Arousa, o Campo Municipal de fútbol Hermanas Patiño de Camariñas, e Pavillón Polideportivo Sofía Toro en Cambre. Ese é o cuarteto de recintos con nome de muller galega que hoxe poñemos sobre a mesa.

Vero Boquete: “O de menos é que o Estadio leve o meu nome, o importante é que leva o nome dunha muller”

Hai anos que se lle puxo o seu nome ao estadio de San Lázaro, aínda hoxe cando se lle pregunta a Vero Boquete polos maiores logros da súa carreira deportiva, adoita poñer ese hito sobre a mesa. Non é para menos. O Estadio Vero Boquete San Lázaro de Santiago de Compostela recibía ese nome en 2018 para lembrar así, para sempre, a quen a está considerada a mellor futbolista galega de todos os tempos.

Vero Boquete no anuncio da súa fichaxe polo AC Milán / AC MILAN TW

No nacemento de As Nosas preguntámoslle a Vero Boquete polo honor de ter un estadio co seu nome e o hito que representaba. Díxonos que era “Son consciente”, pero matizou que “o feito de que o estadio leve o meu nome é o de menos. O de menos é o nome da muller que leve. O importante é que leva o nome dunha muller. Estamos falando dun estadio de fútbol. Ademais estamos falando do primeiro estadio de fútbol que leva nome de muller. O deporte sempre estivo moi masculinizado. O caso do fútbol é o máximo expoñente. Mudar un pouquiño iso é algo fantástico a nivel social. Pro muller total”.

Explicaba Vero Boquete que, logo de medrar “sen referentes femininos, é unha mensaxe clara de que hai moitas mulleres que o fan moi ben nos seus sectores. Creo que dar esa visibilidade, non so á persoa, que neste caso eu teño a honra de poder ver o meu nome aí, se non para todas esas que veñen por detrás que vexan que hai un camiño e que o límite é por riba diso”.

O curriculo deportivo de Vero Boquete é moi extenso. Foi internacional con España en numerosas ocasións, candidata ao Balón de Ouro, ese que este ano obtía Alexia Putellas, cunha champions no seu palmarés, e unha traxectoria que inclúe éxitos e títulos en clubs de medio mundo. De USA á China pasando por Suecia, e agora en Italia defendendo as cores do AC Milan. Aínda que xusto nestes días saltaba a nova da súa posible marcha á Fiorentina.

Cambiará Vero Boquete o AC Milan pola Fiorentina?

Mari Paz Vilas: “É un recoñecemento brutal, non por que leve o meu nome, senon por levar o nome dunha muller”

Outra futbolista galega que ten cancha co seu nome é Mari Paz Vilas Dono. No caso da pontevedresa ela dálle nome a un recinto deportivo relacionado co a súa disciplina deportiva, o fútbol. En concreto ao campo do CD Bamio en Vilagarcía de Arousa, o antiguo San Xinés.

Esa cancha arousá chámase Mari Paz Vilas desde que en 2016 o goberno local arousano decidira que era un xeito de recoñecer a enorme carreira que xa daquela atesoraba a deportista, e tamén para tumbar estereotipos machistas poñendo en valor a importancia dunha muller futbolista en Vilagarcía.

Mari Paz Vilas/ wykazszkowski
Mari Paz Vilas da nome a o recinto deportivo do CD Bamio en Vilagarcía de Arousa/ wykazszkowski

Para a deportista do Real Betis o recinto de Bamio ten unha vinculación especial xa que, de nena era unha das pícaras que nos descansos saltaba ao tepe a pegarlle patadas ao balón para xogar e divertirse. Así, o lugar onde pegou algunhas das súas primeiras patadas a unha pelota de fútbol leva agora o seu nome.

Tamén con Mari Paz Vilas falamos no seu día desde As Nosas sobre o feito de ter unha cancha de fútbol co seu nome. Preguntada sobre que significaba para ela e para o deporte feminino, Mari Paz Vilas Dono explicaba: “Cando me chamou o alcalde para pedirme permiso quedei sin palabras. É un reconocemento brutal, xa non só porque fose o meu nome senón porque un estadio de fútbol leve o nome dunha muller. Fai anos isto era impensable e creo que foi un golpe na mesa, un reconocemento a unha traxectoria e un xesto claro de visibilidade e igualdade”.

Mari Paz Vilas - RCBB
Mari Paz Vilas – RCBB

Mari Paz Vilas foi tamén internacional coa Selección Española en varias ocasións. Como futbolista os seus maiores logros acadounos a beira do Mediterráneo, non do Atlántico. Defendeu a elástica do Levante UD, FC Barcelona, RCD Espanyol e Valencia CF. Agora é xogadora do Real Betis Balompié.

Unha campioa olímpica con pavillón cambrés

Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN
Sofía Toro, regatista olímpica / ÍÑIGO ROLÁN

Sumamos outro recinto deportivo con nome de muller galega deixando o fútbol e índonos á vela.

Nesa disciplina foi campioa olímpica a galega Sofía Toro. A regatista era, ata hai pouco mestra na UCAM, e agora ostenta o cargo de xerente do Clúster Galego do Deporte.

A coruñesa vencellada ao mar desde nena, non da nome a un porto deportivo, senon que ten un pavillón polideportivo adicado á súa figura no centro do Concello de Cambre, onde se criou pese a nacer na Coruña. Deste xeito a vila de Cambre quixo render homenaxe en aló por 2012 a unha das dúas veciñas máis ilustres, en termos deportivos.

O palmarés de Sofía Toro lévanos directos a Londres 2012 onde esta cambresa-coruñesa acadou a maior gloria á que unha deportista pode aspirar nuns Xogos Olímpicos: o campionato, o ouro, o máis alto do podio.

Coa tamén galega Támara Echegoyen como patroa, e Ángela Pumariega como outra integrante da tripulación, Sofía Toro vencía nos Xogos Olímpicos de Londres na clase Elliot 6m dentro da modalidade competitiva de match race. Ese trío de campioas levou tamén o Europeo de Helsinki en 2011 e o Mundial celebrado en Corea do Sur en 2013.

Grafitti na parede do pavillón Sofía Toro de Cambre / NATALIA PABLO
Grafitti na parede exterior do pavillón Sofía Toro de Cambre / NATALIA PABLO

As irmás Patiño, as camariñanas filántropas

No Concello de Camariñas o Campo de Fútbol Municipal leva o nome de “Hermanas Patiño” desde o ano 2010. Trátase dúas mulleres benefactoras que deixaron a súa herdanza para o desfrute da veciñanza do Concello de Camariñas. A raíz dese xesto como filántropas, o pobo camariñán, en recoñecemento, púxolle o nome delas ao campo de fútbol da vila. 

Segundo a Real Federación Galega de Fútbol alí xogan o Camariñas CF e o Porteño Veteranos.

Algúns estadios con nome de muller máis aló de Galicia

Unha das primeiras mulleres en dar nome a un recinto deportivo foi Eva Perón na cancha do Club Atlético Sarmiento de Junín. O recinto deportivo, adicado principalmente á práctica do fútbol leva o nome de Evita Perón desde 1951. Junín foi o lugar onde medrou Eva María Duarte, coñecida historicamente como Eva Perón

Non hai moitos anos que a fútbolista mallorquina Melisa Nicolau vía como lle puñan o seu nome a un estadio en Andratx, e Mariona Caldentey, en Felanitx.

Seguramente algunhas de vos lembredes que durante uns anos, o campo do Rayo Vallecano, agora Estadio de Vallecas, chamouse Teresa Rivero. Pero o que se cadra non sabedes é que en España hai unha pioneira nesto das presidencias de clubs de fútbol que recibía ese recoñecemento público consistente en darlle o seu nome a un estadio. Chamábase Amelia del Castillo e no ano 1963 fundaba o Pinto. Dez anos estivo á fronte da entidade. Non sería ate o 2000 que o Atlético Pinto decidiu poñerlle o nome do seu estadio á súa fundadora. Unha muller brava que nos anos sesenta rachou un teito de cristal do balompé español.

María Ruiz, do RC Deportivo ABANCA, das últimas en ter un recinto co seu nome

Este mesmo mes de decembro, a xogadora do RC Deportivo ABANCA, María Ruiz recibía unha homenaxe en Almáchar, a súa localidade natal. Desde o concello deciron que o campo municipal da localidade malagueña pasaría a chamarse “Estadio Municipal María Ruiz Gámez”.

No acto, o alcalde da localidade de Almáchar, Antonio Yuste, salientou o talento deportivo de María Ruiz e sinalou que se converteu “nunha gran figura do fútbol feminino e o seu pobo recoñéceo neste acto. Á súa corta idade recibirá o premio do seu pobo e do Concello que a viu nacer e medrar como futbolista. Ademais, leva o nome de Almáchar alá a onde vai e faino con orgullo”.

O campo de fútbol municipal de Almáchar leva o nome da deportivista María Ruiz

Etiquetas CambreestadioinfraestruturasMari Paz VilasSantiago de CompostelaSofía ToroVero BoqueteVilagarcía de Arousa
Comparte2Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presenta o seu III Torneo A favor da promoción e sensibilización do deporte feminino 2025 / CBS CAMBRE

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presentou o seu 3.º Torneo A favor da promoción e sensibilización do deporte feminino

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presentou no seu local social, a terceira edición do Torneo A favor da promoción...

Escolas Deportivas Municipais (EDM) / CONCELLO DA CORUÑA

O Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos da Coruña entra na súa fase de participación cidadá

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

O Concello da Coruña continúa avanzando na redacción do Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos, un proxecto estratéxico que...

Cartel II Medio Maratón Concello de Vilagarcía de Arousa / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Vilagarcía de Arousa será o escenario no que se decidan os títulos galegos de medio maratón

por Redacción As Nosas
22/11/2024
0

  A Federación Galega de Atletismo e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa, organizan o XXXII Campionato...

O parque Europa contará cunha nova área biosaudable / CONCELLO A CORUÑA

O parque Europa da Coruña contará cunha nova área biosaudable nas inmediacións da pista de baloncesto

por Redacción As Nosas
29/10/2024
0

  Nas vindeiras semanas o Concello da Coruña acometerá os traballos de construción dunha nova área biosaudable no parque Europa,...

O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela compite ao máis alto nivel/ RFEP

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.256

por Redacción As Nosas
03/07/2024
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.